Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 04 de xullo de 2000 Páx. 10.399

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Megasa Siderúrgica, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Megasa Siderúrgica, S.L. (código: 1503362) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-5-2000, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa, o día 12-5-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de maio de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Megasa Siderúrgica, S.L. de Xubia-Narón para os anos 2000 e 2001

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo de traballo refírese exclusivamente ás actividades que nas súas instalacións industriais de Xubia-Narón desenvolve a empresa Megasa Siderúrgica, S.L.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Afectará este convenio a tódolos productores que actualmente forman parte do cadro de persoal da empresa ou que entren nela durante a súa vixencia.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

A duración do presente convenio será de dous anos, contados a partir do 1 de xaneiro de 2000, sempre que sexa debidamente rexistrado pola autoridade laboral competente.

Producirá efectos económicos a partir do 1 de xaneiro de 2000.

Os conceptos económicos do presente convenio incrementaranse no segundo ano da súa vixencia co IPC correspondente a 2000 (e publicado polo INE).

Artigo 4º.-Normas supletorias.

En todo o non previsto no presente convenio continuarán sendo de aplicación as normas legais de carácter xeral, Estatuto dos traballadores, ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica e as súas modificacións posteriores, e o Regulamento de réxime interior vixente.

Artigo 5º.-Normas para vixilancia e cumprimento.

Con suxeición ó establecido no artigo 85.3º do Estatuto dos traballadores, constitúese unha comisión paritaria, que entenderá previamente dos conflictos derivados da aplicación e interpretación con carácter xeral deste convenio. Comporase de seis vocais, dos que tres serán nomeados pola empresa e outros tres polo comité.

Os acordos ou resolucións adoptaranse por unanimidade de tódolos membros da comisión paritaria e terán carácter vinculante. Se non se obtiver unanimidade, para a resolución das xestións deberanse segui-las vías xa previstas pola vixente normativa.

Artigo 6º.-Denuncia.

O convenio, ó final da súa vixencia, prorrogarase anualmente se ningunha das partes o denunciar cun mes de anticipación ó dito final.

A denuncia deberáselle comunicar por escrito á outra parte e, se for o caso, ó organismo competente da Administración.

Artigo 7º.-Compensación e absorción de melloras.

As condicións do presente convenio colectivo son compensables na súa totalidade coas que anteriormente rexeron por imperativo legal, xurisprudencial, contencioso ou administrativo, convenio salarial, pacto de calquera clase (individual ou colectivo), usos e costumes locais, comarcais ou rexionais, ou por calquera outra causa.

As disposicións legais que se poidan producir e que impliquen variacións de calquera tipo no presente convenio só terán eficacia práctica se considerados globalmente en cómputo anual superan o nivel do presente convenio. En caso contrario, consideraranse absorbidas.

Capítulo II

Retribucións. Asignacións de carácter económico

Para o ano 2000

Artigo 8º.-Salarios.

Os salarios dos distintos grupos e categorías profesionais afectados por este convenio serán os seguintes:

GRUPO 1
TécnicosPtas./mes
Enxeñeiros, arquitectos e licenciados237.803

GRUPO 2
TécnicosPtas./mes
Peritos e técnicos industriais179.367
Os mesmos, con responsabilidade técnica por non esixir un titular de categoría superior e non ser precisa a dirección facultativa destes204.410
Axudantes de enxeñería e arquitectura179.367
Xefe de 1ª administrativo179.367

GRUPO 3
EmpregadosPtas./mes
Xefe de 2ª administrativo171.009
Operarios
Xefe de taller157.994
Xefe de laboratorio152.884
Mestre industrial141.475
Mestre de taller141.475
Xefe de sección137.004
Segundo mestre de taller128.274
Contramestre128.274

GRUPO 4
EmpregadosPtas./mes
Delineante de 1ª128.274
Operarios
Encargado124.283
Capataz de especialistas119.994

GRUPO 5
EmpregadosPtas./mes
Oficial de 1ª administrativo128.274
Viaxante128.274

Analista de 1ª128.274
Oficial de 2ª administrativo121.645
Delineante de 2ª121.645
Analista de 2ª121.645
Chofer de 1ª de camión121.822
Capataz de peóns112.722
OperariosPtas./día
Profesionais siderúrxicos de 1ª4.058
Profesionais siderúrxicos de 2ª3.959
Oficial de 1ª4.058
Oficial de 2ª3.959

GRUPO 6
EmpregadosPtas./mes
Chofer de 2ª de camión118.793
Listeiro117.247
Chofer de turismo115.004
Almaceneiro111.741
Calcador110.371
Reproductor de planos109.085
Auxiliar109.085
Pesador e basculeiro104.308
Garda xurado105.404
Vixilante104.308
Conserxe104.010
Enfermeiro99.608
Telefonista99.608
OperariosPtas./día
Profesionais siderúrxicos de 3ª3.835
Oficial de 3ª3.835
Especialista3.723
Mozo especialista de almacén3.723

GRUPO 7
EmpregadosPtas./mes
Ordenanza104.308
Porteiro104.308
Persoal de limpeza98.201
Mozo dos recados de 16 anos74.884
Mozo dos recados de 17 anos78.732
Aspirante de 16 anos administrativo74.884
Aspirante de 17 anos78.732
OperariosPtas./día
Peóns ordinarios3.500
Pinche de 16 anos2.473
Pinche de 17 anos2.620

Artigo 9º.-Gratificacións.

Establécense as seguintes gratificacións, que o persoal percibirá mensualmente, ata unha tonelaxe de 5.500 toneladas fundidas na sección de acería, e 2.800 toneladas laminadas na sección de laminación, e na forma que se detalla a seguir:

O importe da gratificación que corresponda a cada traballador, por aplicación dos criterios que aquí se detallan para cada sección, estará afectado por un coeficiente, chamado G1, que resulta da seguinte fórmula:

G1=MDL-DLNT

MDL

MDL=media de días (ou fracción) laborables mes entre as quendas da sección.

DLNT=días (ou fracción) laborables non traballados dentro de cada mes. Calquera que resulte ser, en cada mes, o valor numérico da media aritmética de días laborables, do dito valor restaráselle a cada productor o número de días (ou fracción) laborables que este non traballase dentro dese mes.

Sección de acería:

a) Cada traballador que ocupe un posto dos asignados á producción directa na sección de acería percibirá 2,418 pesetas por tonelada de aceiro obtido en bilete elaborado de acordo coas normas indicadas no programa de fabricación correspondente, ata unha tonelaxe máxima de 5.500 toneladas.

b) Cada traballador que ocupe posto dos asignados a servicios auxiliares percibirá 1,934 pesetas por tonelada de aceiro obtido en bilete elaborado de acordo coas normas indicadas no programa de fabricación correspondente, ata unha tonelaxe máxima de 5.500 toneladas.

Sección de laminación:

a) Cada traballador que ocupe un posto dos asignados á producción directa na sección de laminación percibirá 6,082 pesetas por tonelada de redondo elaborado de acordo coas normas indicadas no programa de fabricación correspondente, ata unha tonelaxe máxima de 2.800 toneladas.

b) Cada traballador que ocupe un posto dos asignados a servicios auxiliares percibirá 4,866 pesetas por tonelada de redondo elaborado de acordo coas normas indicadas no programa de fabricación correspondente, ata unha tonelaxe máxima de 2.800 toneladas.

Talleres e outras seccións:

Cada traballador cun rendemento normal percibirá, como gratificación á producción, a cantidade resultante de multiplica-la media da gratificación obtida no mes por un traballador, do coeficiente 1,00, na sección de fundición e na de laminación, por 0,75. E todo isto, de acordo coa forma e coeficientes que se sinalan a seguir, aplicados a cada categoría:

Importe Grat. Acer. (A)+Importe Grat. Lam. (B)x0,75

2

CategoríasCoeficientes

Encargados1,50

Oficiais de 1ª1,25

Oficiais administrativos de 1ª1,25

Oficiais de 2ª1,00

Oficiais administrativos de 2ª1,00

Oficiais de 3ª1,00

Choferes1,00

Especialistas1,00

Peóns1,00

Auxiliares1,00

Delineantes1,00

Vixilantes1,00

Pesador1,00

É dicir, e como fórmula final:

(1,50)

A+Bx0,75x(1,25)xG1

2(1,00)

Artigo 10º.-Prima á producción.

Esta prima aboaráselle mensualmente a cada traballador a partir dun mínimo de producción e sempre, claro está, que o producto elaborado estea dentro

de normas comerciais, fixadas no programa de fabricación. O importe da prima á producción que a cada traballador corresponda, por aplicación dos criterios que aquí se detallan para cada sección, estará afectado por un coeficiente, chamado P1, que resulta da seguinte fórmula:

P1=MDL-DLNT

MDL

MDL=media de días (ou fracción) laborables mes entre as quendas da sección.

DLNT=días (ou fracción) laborables non traballados, dentro de cada mes. Calquera que resulte ser, en cada mes, o valor numérico da media aritmética de días laborables, do dito valor restaráselle a cada productor o número de días (ou fracción) laborables que este non traballase dentro dese mes.

Sección de acería:

O número de toneladas que excedan o mínimo de cada chanzo multiplicarase polo prezo tonelada correspondente ó dito chanzo.

TÁBOA

TMS chanzosPrezo/TMValor chanzoValor chanzo

46.424-49.1981,554.3074.307
49.198-51.9711,815.0299.336
51.971-54.7452,206.11515.451
54.745-57.5182,466.82222.273
57.518-60.2922,727.54629.819
60.292-63.0652,968.21438.033
63.065-65.8393,238.95646.989
65.839-68.6123,509.70056.689
68.612-71.3863,7410.38167.070
71.386-74.1594,1411.47078.540

Resto a 4,14 pesetas/tonelada.

Ó persoal de servicios auxiliares aplicaráselle o coeficiente do 1,00.

Se por causas tales como, por exemplo, avarías, carencia de materia prima e outros similares, non se traballase na sección de fundición, non se devengará cantidade ningunha polo concepto de prima.

Cláusula de revisión. Esta prima está calculada para as actuais condicións de traballo: catro quendas rotativas, o actual forno (nº 5), forno culler e máquina de coada, e as instalacións auxiliares e complementarias tal e como agora están. Calquera innovación, reforma ou mellora que incremente a producción determinará a revisión de prezos e sistemas, o cal se negociará, logo de convocatoria escrita, durante un tempo máximo de trinta días.

A empresa tamén previamente ó inicio destas conversacións, e cunha anticipación non inferior a trinta días, facilitará un informe técnico en que deberá fundamentarse a revisión.

Se non se chega a acordo dentro do dito prazo, aplicarase o regulado sobre tal particular na vixente normativa.

En canto se negocie a revisión de prezos e sistemas, en circunstancias normais de producción, o aboa

mento das primas efectuarase de acordo coa media obtida no ano anterior á revisión.

Sección de laminación:

Continuarase aplicando, por día de traballo efectivo, o sistema de primas estudiado e realizado para esta empresa pola casa Bedaux, e que xa foi implantado no ano 1981.

Sinálase, por vía de exemplo, que a un rendemento de 80 puntos Bedaux corresponderán 89 pesetas/horas, traballando neste caso a catro quendas rotativas. Calquera incremento no número de quendas ou no tempo (de horas e minutos) de traballo efectivo determinará a revisión dos valores económicos comprendidos entre os correspondentes a aqueles óptimo e mínimo.

Os coeficientes que se lle aplicarán ó persoal desta sección sobre a prima resultante serán o 1,00, 1,03 e 1,50.

Se por causas tales como, por exemplo, avarías (seguindo a clasificación de Bedaux), carencia de materia prima e outras similares, non se traballase na sección de laminación, non se devengará cantidade ningunha polo concepto de prima. Se se deren estas circunstancias e mentres duren, estes tempos en que non se lamine non serían computables para efectos de cálculo de rendementos (segundo as normas de Bedaux).

Cláusula de revisión. Esta prima está calculada para as actuais instalacións de Megasa e con bilete cadrado de sección 130 x 130 mm. Calquera innovación, reforma ou mellora que modifique e incremente a producción determinará a revisión de prezos e correspondente adaptación do sistema, o cal se negociará, logo de convocatoria escrita, durante un tempo máximo de trinta días.

A empresa, tamén previamente ó inicio destas conversas e cunha anticipacióon non inferior a trinta días, facilitará un informe técnico en que se deberá fundamenta-la revisión.

Se non se chega a acordo dentro do dito prazo, aplicarase o regulado sobre tal particular nas disposicións legais vixentes.

Mentres se negocie a revisión de prezos e sistemas, en circunstancias normais de producción, o aboamento das primas efectuarase de acordo coa media obtida no ano anterior á revisión.

Talleres e outras seccións:

Cada traballador cun rendemento normal percibirá como prima á producción a cantidade resultante de multiplica-la media da prima á producción obtida no mes por un traballador, dos do coeficiente 1,00 tanto na sección de acería como na de laminación, polos coeficientes máis abaixo indicados:

Impt. Prim. Secc. Acer.+Impt. Prim. Secc. Lam.xCoefic.

2

Persoal doutras dependenciasCoeficiente

Oficinas0,87

Varios0,97

Laboratorio, choferes e mantemento1,00

Artigo 11º.-Remuneración extrasalarial.

Mentres non sexa posible regula-la retribución do traballo en función do rendemento, e mentres non se realicen os estudios necesarios para isto, establécese o devengo extrasalarial equivalente ó vintecinco por cento dos salarios base sinalados anteriormente, que percibirán por día de traballo tódolos productores que alcancen un normal rendemento independente do resultado obtido. Unha vez fixadas as táboas de rendementos mínimos, que se realizarán tomando como base unha actividade media mínima de 60 Bedaux ou cen centésimas, serán estas as que sirvan de base para o outorgamento dos premios de incentivo, quedando, por tanto, a partir dese mesmo momento sen efecto o vintecinco por cento antes citado en todos aqueles postos de traballo en que chegase a implantarse o referido sistema.

Artigo 12º.-Premio por antigüidade.

O premio por antigüidade será o establecido pola vixente ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica e demais disposicións legais concorrentes e computarase para efectos económicos nas pagas de xullo, Nadal e vacacións, respectándose os topes establecidos no artigo 25 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 13º.-Gratificacións extraordinarias.

Consistirán no aboamento de dúas gratificacións ó ano, unha en xullo e outra no Nadal, consistentes cada unha en trinta días do salario que figura nas táboas deste convenio, incrementado no 25% extrasalarial que se fixa no artigo 11º, aplicado só sobre o soldo base, máis a antigüidade correspondente a cada traballador. Estas gratificacións aboaranse os días 15 de xullo e 15 de decembro.

O importe das gratificacións extraordinarias non se verá reducido no caso de IT producida por accidente laboral ou enfermidade común.

Artigo 14º.-Vacacións e descansos.

Establécense en trinta días naturais para todo o persoal, de acordo co artigo 38 do Estatuto dos traballadores, modificado pola Lei 4/1983, do 29 de xuño. O desfrute delas poderá ser dividido en dous períodos: 21 días continuados nos meses de xullo ou agosto, que serán fixados pola empresa segundo as súas necesidades, e 8 días en período de temporada alta do calendario eléctrico (salvo en casos extraordinarios de avarías graves ou investimentos estructurais importantes), unidos, estes últimos, á parada do Nadal, deixando un día para desfrutar o 1 de xaneiro de cada ano.

Os descansos correspondentes a festividades traballadas realizaranse dentro do ano e de acordo coas necesidades técnicas, organizativas e productivas da

empresa. A data de descanso notificarase cun aviso previo razoable (aproximadamente dunha semana).

Cando se realicen reformas ou novas instalacións que requiran o concurso e/ou o adestramento do persoal de mantemento, de rápida intervención e operación, este non esperará a remata-las súas vacacións, e anticipará a súa reincorporación ó traballo no número de días preciso (normalmente un ou dous días) para que se poida inicia-lo proceso productivo con normalidade. O desfrute dos días anticipados farase dentro da temporada correspondente e de común acordo coa empresa.

Artigo 15º.-Roupa de traballo.

A empresa, ó iniciarse as relacións de traballo, facilitaralle a cada traballador dúas fundas, dúas toallas e un par de botas de seguridade. A duración normal da roupa será de catro meses para fundas e toallas, facilitándose un par de botas contra entrega das anteriores, por inservibles estas, cun máximo de tres pares ó ano.

Non obstante, a empresa facilitará as pezas que se soliciten naqueles casos necesarios e perentorios en que, logo do informe do xefe de sección, se xustifica a súa necesidade.

Así mesmo, a empresa terá ó dispor do persoal roupa e calzado adecuados para efectuar traballos en lugares que presenten moita sucidade, ademais de proporcionarlles ós seus traballadores todo o material de protección e seguridade que for preciso.

Artigo 16º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e oportuna xustificación, poderase ausentar do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais, en caso de casamento.

b) Tres días naturais, por parto da esposa.

c) Tres días naturais, en caso de falecemento de pais, fillos, pais políticos, avós, netos, cónxuxe e irmáns, sempre que o óbito teña lugar na provincia, e cinco días naturais cando ocorra fóra dela, e dous días naturais no caso de falecemento de irmáns ou fillos políticos.

d) Dous días naturais, en caso de enfermidade grave de pais, avós, fillos e cónxuxe.

e) Un día natural en caso de casamento de fillos ou irmáns ou por cambio de domicilio habitual.

En tódolos demais casos aplicarase o disposto nas normas legais.

A remuneración estará integrada polos seguintes conceptos: salario base, antigüidade e un cincuenta por cento da prima á producción correspondente a ese día.

Artigo 17º.-Complemento de distancia.

Tódolos productores percibirán por este concepto, e sen que se teña que ter en consideración o número de quilómetros, a cantidade, igual para todos, de

42 pesetas por día enteiro de traballo efectivo. Este complemento ten carácter extrasalarial.

Artigo 18º.-Nocturnidade.

Tódolos traballadores con dereito a percibir suplemento de nocturnidade, de conformidade co disposto no artigo 36 do Estatuto dos traballadores, percibirán unha bonificación do 30% sobre o seu salario base por noite.

Artigo 19º.-Complemento de quendas.

A tódolos productores que traballen en quendas rotativas aboaránselles 598 pesetas por día de traballo efectivo e a dita cantidade será igual para tódalas categorías.

Artigo 20º.-Horas extraordinarias.

Cada hora de traballo que se realice sobre as de traballo efectivo aquí pactadas (artigo 22º) aboarase

segundo o importe que figure nas táboas do artigo 21º.

Recoñécese o carácter de estructurais ás horas extraordinarias que vén realizando necesariamente esta empresa por causas técnicas obrigadas, como son as que afectan a cuarta quenda e o acendido e mantemento de fornos de acería e laminación; as orixinadas para reparación inmediata e urxente de avarías, cambios técnicos necesarios e outros imponderables.

Por outra parte, as horas extraordinarias traballadas poderán ser computadas por días de descanso, segundo as necesidades económicas, técnicas, organizativas e/ou productivas.

Artigo 21º.-Valor das horas extraordinarias.

Os valores das horas extraordinarias acordadas para as distintas categorías son as seguintes:

CategoríasValor hora extra/antigüidadeValor horas extra domingo/festivo/antigüidade

00051015202530350005101520253035

Pinche de 16 anos576769

Pinche de 17 anos609816

Peón829872916110711651218

Especialista8919369821025107111121158120311891249130613681426148715451605

Ofic. e P.S. de 3ª91696010071055109911461194123712181281134514051464152715871651

Ofic. e P.S. de 2ª94699310381085113711851232127612591322139014491514157716411702

Ofic. e P.S. de 1ª966102410711113116512101259130712971361142614881557161916811749

Chófer de 1ª966102410711113116512101259130712971361142614881557161916811749

Listeiro92998210281075112011691210125612481306136914301495155716221681

Basculeiro e vixilante82586591195398910341072111311021158120712691321137314291487

Persoal limpeza77781389192896510341085118912391291

Xefe de 2ª Adm.1381144915231588166117271793185418421930203121222211230723912486

Ofic. 1ª Ad. e Contram.1025107811261178123212811333138713691438150515681641170717761844

Ofic., Del. e Anal. 2ª966101610671113116512101256130712921361142614881556161916811745

Aux. Adm.864911956115412071271

Perito1449152515921670173918101887195519302034212822292315241325122605

Mestre de taller1136119012481305136114191474152915141591166617431818189519712044

Encargado989104210921138119412391291134113221390145015251588165317241787

Artigo 22º.-Xornada de traballo.

O número de horas de traballo efectivo para o persoal que o faga a tres, catro e cinco quendas rotativas (artigo 25º) durante o ano 2000, e consideradas en cómputo anual, será de mil setecentas noventa e oito horas, de acordo co seguinte calendario. Para o ano 2001 será de mil setecentas noventa horas e quince minutos.

O persoal de xornada partida, o de taller de laminación e o de mantemento fará 8 horas diarias de traballo efectivo, de luns a venres, ambos incluídos, coa única excepción dos días 24 e 31 de decembro, que fará 4 horas de traballo efectivo, se non coinciden en sábado ou restivo. Para o ano 2000 reducirase a xornada nun día de traballo efectivo, que será fixado de mutuo acordo ó confecciona-lo calendario anual. Para o ano 2001 reducirase a xornada noutro día de traballo efectivo, co cal no ano 2001 se fixarán, igualmente de mutuo acordo, dous días de reducción.

O horario para as seccións de mantemento será de 8 a 13 horas e de 14.30 a 17.30 horas, excepto o día que por mantemento se pare a producción (xeralmente os xoves, na sección de acería, e os venres, na sección de laminación), que o farán de mañá, de 6.45 a 15 horas, con descanso de 15 minutos, na sección de acería, os días medios e baixos do calendario eléctrico, e de 14 a 22.15 horas, con descanso de 15 minutos, na sección de laminación, os días medios e baixos do calendario eléctrico.

O horario de dúas quendas, mañá e tarde, será de luns a venres, de 5.45 a 14 horas, e de 14 a 22.15 horas, con descanso de 15 minutos.

Para o suposto de que, por disposición legal vinculante, se varíase o calendario eléctrico (de horas punta, chan e val), as partes deliberantes do presente convenio comprométense a negociar, o máis tarde dentro do mes seguinte, a adecuación do contido deste

terceiro parágrafo ás novas necesidades económicas, técnicas, organizativas e/ou productivas da empresa.

Cando se precise continua-la xornada, por ser necesario finaliza-las tarefas iniciadas en mantemento, e que afecten o proceso productivo, investimentos ou a posta en marcha da instalación, será obrigatorio prolonga-la xornada do persoal responsable do traballo en sete horas en cómputo semanal, sen supera-lo 50% nun só día, acumulando as horas que superen o horario da xornada, e que as desfrutará posteriormente de común acordo coa empresa.

* Xornada partida.

Desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro.

De luns a venres:

Mañá: de 8.30 a 13 horas.

Tarde: de 14.30 a 18 horas.

* Taller de laminación.

Desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro.

De luns a venres:

Mañá: de 8 a 13 horas.

Tarde: de 14.30 a 17.30 horas.

* Mantemento.

Desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro.

De luns a venres:

Mañá: de 8 a 13 horas.

Tarde: de 14.30 a 17.30 horas.

* Día de paro por mantemento.

Acería, xeralmente os xoves (días medios e baixos):

Xornada de mañá: de 6.45 a 15 horas, con descanso de 15 minutos.

Laminación, xeralmente os venres (días medios e baixos):

Xornada de tarde: de 14 a 22.15 horas, con descanso de 15 minutos.

* Dous turnos, mañá e tarde.

Desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro

De luns a venres:

Turno de mañá: de 5.45 a 14 horas, con descanso de 15 minutos.

Turno de tarde: de 14 a 22.15 horas, con descanso de 15 minutos.

O resto de horarios figuran como anexos a este convenio.

Artigo 23º.-Seguro de grupo.

Afectará a tódolos traballadores que actualmente forman parte do persoal da empresa ou entren no futuro a formar parte del.

Os riscos cubertos son:

a) En caso de falecemento, o pagamento dun capital de 3.000.000 pesetas.

b) En caso de invalidez absoluta e permanente, o pagamento dun capital igual ó indicado na alínea a).

c) En caso de falecemento por accidente, o pagamento dun capital igual ó dobre do indicado na alínea a).

d) En caso de falecemento por accidente de circulación, o pagamento dun capital igual ó triple do indicado na alínea a).

Aclárase que o acollerse a un deste supostos exclúe os outros tres.

Artigo 24º.-Complemento de traballo en efectivo.

O persoal suxeito a horario do tipo «tres, catro ou cinco quendas rotativas» traballará, como mínimo, doce festividades ó ano e percibirá 6.760 pesetas por cada unha traballada. O traballo nestes festivos será considerado para tódolos efectos como xornada ordinaria e en ningún caso será computable para as vacacións regulamentarias.

Artigo 25º.-Quinta quenda rotativa.

O horario de traballo para as seccións de acería e laminación adecuarase a cinco quendas rotativas, negociarase só en canto a calendario anual e ciclos de rotación.

As horas non traballadas na quinta quenda, ata completa-lo número das anuais pactadas, terán que realizarse cubrindo baixas por absentismo e na realización de traballos varios.

Artigo 26º.-Complemento de IT.

Ó persoal que estea en situación de IT derivada de enfermidade común aboaránselle os tres primeiros días da primeira enfermidade anual ó 65% da súa base reguladora.

Artigo 27º.-Mobilidade na empresa.

A mobilidade no seo da empresa non terá outras limitacións que as esixidas polas titulacións académicas ou profesionais precisas para exerce-la prestación laboral e pola pertenza ó grupo profesional. Na falta de definición de grupos profesionais, tal mobilidade poderase efectuar entre categorías profesionais equivalentes. Como é obvio, e dadas as características da empresa, esta mobilidade levará sempre emparellada a do horario, que pasará a selo o do novo destino.

Esta mobilidade para a realización de funcións non correspondentes ó grupo profesional ou a categorías equivalentes só será posible se existisen razóns técnicas ou organizativas que a xustificasen e polo tempo imprescindible para a súa atención. No caso de encomenda de funcións inferiores esta deberá estar xustificada por necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade productiva. O empresario deberá comunicar esta situación ós representantes dos traballadores.

A mobilidade efectuarase sen menoscabo da dignidade do traballador e sen prexuízo da súa formación e promoción profesional, tendo dereito á retribución correspondente ás funcións que efectivamente realice, salvo nos casos de encomenda de funcións inferiores, nos que manterá a retribución de orixe. Non caberá invoca-las causas de despedimento obxectivo de ineptitude sobrevinda ou de falta de adaptación nos supostos de realización de funcións distintas das habituais como consecuencia desta mobilidade.

Se como consecuencia delas se realizasen funcións superiores ás do grupo profesional ou as de categorías equivalentes por un período superior a seis meses durante un ano ou a oito durante dous anos, o traballador poderá reclama-lo ascenso ou, en todo caso, a cobertura da vacante correspondente ás funcións por el realizadas conforme as regras en materia de ascensos aplicables na empresa, sen prexuízo de reclama-la diferencia salarial correspondente. Estas accións serán acumulables. Contra a negativa da empresa, e logo de informe do comité, o traballador poderá reclamar ante a xurisdicción competente.

O cambio de funcións distintas das pactadas non incluído no supostos previstos neste artigo requirirá o acordo das partes ou, no seu defecto, o sometemento ás regras previstas para as modificación de condicións de traballo.

Capítulo III

Xeneralidades

Artigo 28º.-Clasificación profesional.

Acéptase clasifica-las categorías deste convenio en grupos profesionais, seguindo o acordo marco asinado polas federacións do metal (CC.OO., UGT e CIG), dunha parte, e da outra Confemetal, e publicado no BOE nº 55 do 4-3-1996.

Acórdase que a empresa realice os estudios necesarios de postos de traballo e categorías profesionais para adaptarse á súa actividade específica.

Artigo 29º.-Lexislación complementaria.

En todo o non pactado expresamente neste convenio aplicarase o que dispoña en cada materia a lexislación vixente.

Anexo ó convenio de Megasa Siderúrgica, S.L. do ano 2000.

Táboas salariais anuais

GRUPO 1
TécnicosPtas./ano
Enxeñeiros, arquitectos e licenciados4.159.575

GRUPO 2
TécnicosPtas./ano
Peritos e técnicos industriais3.137.417

Os mesmos, con responsabilidade técnica por non esixir un titular de categoría superior e non ser preciso a dirección facultativa destes3.575.482
Axudantes de enxeñería e arquitectura3.137.417
Xefe de 1ª administrativo3.137.417

GRUPO 3
EmpregadosPtas./ano
Xefe de 2ª administrativo2.991.225
Operarios
Xefe de taller2.763.576
Xefe de laboratorio2.674.209
Mestre de taller2.474.634
Xefe de sección2.396.438
Segundo mestre de taller2.243.725
Contramestre2.243.725

GRUPO 4
EmpregadosPtas./ano
Delineante de 1ª2.243.725
Operarios
Encargado2.173.916
Capataz de especialistas2.098.889

GRUPO 5
EmpregadosPtas./ano
Oficial de 1ª administrativo2.243.725
Viaxante2.243.725
Analista de 1ª2.243.725
Oficial de 2ª administrativo2.127.768
Delineante de 2ª2.127.768
Analista de 2ª2.127.768
Chofer de 1ª de camión2.130.862
Capataz de peóns1.971.704
OperariosPtas./ano
Profesionais siderúrxicos de 1ª2.052.332
Profesionais siderúrxicos de 2ª2.002.030
Oficial de 1ª2.052.332
Oficial de 2ª2.002.030

GRUPO 6
EmpregadosPtas./ano
Chofer de 2ª de camión2.077.884
Listeiro2.050.835
Chofer de turismo2.011.608
Almaceneiro1.954.545
Calcador1.930.574
Reproductor de planos1.908.067
Auxiliar1.908.067
Pesador e basculeiro1.824.524
Garda xurado1.843.697
Vixilante1.824.524
Conserxe1.819.304
Enfermeiro1.742.316
Telefonista1.742.316
OperariosPtas./ano
Profesionais siderúrxicos de 3ª1.939.549
Oficial de 3ª1.939.549
Especialista1.882.893
Mozo especialista de almacén1.882.893

GRUPO 7
EmpregadosPtas./ano
Ordenanza1.824.524
Porteiro1.824.524
Persoal de limpeza1.717.703
OperariosPtas./año
Peóns ordinarios1.770.110
Pinche de 16 anos1.250.673
Pinche de 17 anos1.325.331

Código identificativo calendarios anexos

Anexo 1: acería.

Anexo 2: laminación (tren de barras e outros).

Anexo 3: laminación (tren de rolo).

Anexo 4: laminación (horneiros).

Anexo 5: transportes.

Anexo 6: laminación (tren de barras e outros).

Anexo 7: laminación (tren de rolo).

Os días de cada mes que aparecen sinalados coas letras que a seguir se expoñen, cada productor traballará, na quenda que lle sexa asignada e na forma que se indica a seguir:

M. de 6 a 14 con 15 minutos de descanso.

M4: de 6 a 10.

M5: de 6 a 11.

T: de 14 a 22 con 15 minutos de descanso.

N: de 22 a 6 con 15 minutos de descanso.

V: vacacións.

D: descanso.

Anexo 3:

M: de 6 a 14.15 con 15 minutos de descanso.

M: de 6.15 a 14.30 con 15 minutos de descanso.

M7: de 7 a 15 con 15 minutos de descanso.

T8: de 13.30 a 21.15 con 15 minutos de descanso.

T9: de 13.30 a 22.15 con 15 minutos de descanso.

N: de 22 a 6.15 con 15 minutos de descanso.

N: de 22.15 a 7 con 15 minutos de descanso.

N9: de 21.15 con 6 con 15 minutos de descanso.

Os calendarios que figuran como anexos deste convenio, e que de momento no estean aplicándose, poderán ser iniciados, indistintamente, logo dos axustes necesarios para garantiza-lo tope de xornada anual pactada. A empresa, de se-lo caso, comunicaría tal cambio ademais de á parte social, ós traballadores que corresponda, e con trinta días de antelación ó seu inicio.