Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 29 de xuño de 2000 Páx. 10.209

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Construcciones Navales P. Freire, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Construcciones Navales P. Freire, S.A., con nº de código 3600412, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-5-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 30-4-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que figura nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 19 de maio de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de Construcciones

Navales P. Freire, S.A.

Anos 2000-2001

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O ámbito deste convenio será o da empresa Construcciones Navales P. Freire, S.A. e afectará as súas factorías de Vigo e por extensión a calquera lugar onde o persoal da empresa, suxeito á Ordenanza laboral para a industria siderometalúrxica, realice os seus servicios a esta.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio será de aplicación á totalidade do persoal técnico, administrativo, subalterno e obreiro, suxeito á lexislación laboral, que preste os seus ser

vicios durante a súa vixencia e coa exclusión do persoal a que fan referencia os artigos 2.1º a), e 1.3 c), do R.D. 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

As normas estipuladas no presente convenio terán vixencia desde o 1 de xaneiro de 2000 ó 31 de decembro de 2001.

Artigo 4º.-Prórroga

O convenio considerarase denunciado automaticamente tres (3) meses antes do seu vencemento.

Unha vez concluída a duración pactada, manterase en vigor todo o contido normativo do convenio mentres non se logre un novo acordo.

Artigo 5º.-Compensación e absorción de melloras, aplicación do convenio.

Compensación de melloras.

As condicións pactadas compensan e substitúen na súa totalidade as que anteriormente rexeron por imperativos legais, xurisprudenciais, contenciosos ou administrativos, convenios sindicais, pactos de calquera clase, contrato individual, usos e costumes comarcais, rexionais ou da propia industria ou por calquera outra causa.

Aplicación do convenio.

Tódalas dúbidas e diferencias que poidan xurdir durante o período de duración do convenio, en canto á interpretación e aplicación del, serán canalizadas a través da dirección e do comité de empresa, mediante unha comisión paritaria, e no seu seo serán estudiadas e propostas as solucións e decisións que cada caso ou situación requiran; todo iso sen prexuízo da facultade de cada unha das partes de requiriren a intervención da autoridade laboral competente e as accións que a lei outorga para acudir á vía xurisdiccional e administrativa.

A comisión paritaria estará composta por tres vocais nomeados pola dirección e outros tres en representación dos traballadores designados polo comité de empresa, de entre os que formasen parte da comisión negociadora; así como os seus respectivos suplentes de cada representación.

As partes, unha vez convocadas, reuniranse obrigatoriamente no prazo de tres días e os acordos ou resolucións adoptados por maioría de ambas representacións terán carácter vinculante para elas.

Elaborarase un manual interno de procedemento e outras competencias desa comisión.

Capítulo II

II.1. Condicións de traballo

Artigo 6º.-Organización.

A organización do traballo é facultade exclusiva da dirección da empresa.

Os métodos, normas e procedementos de traballo que se estimen como máis adecuados serán establecidos polos departamentos técnicos competentes en cada caso e dados a coñecer ó comité de empresa antes da súa aplicación, sempre que entrañen cambios substanciais sobre os procedementos, normas ou métodos establecidos.

En caso de discrepancia do comité de empresa, debidamente formulada, actuarase de acordo co exposto na ordenanza laboral.

Artigo 7º.-Prioridade do cadro de persoal.

Todo posto de traballo sen cubrir, ben por vacante ou por nova creación, será ocupado con preferencia polo persoal do cadro, clasificado nas escalas inferiores, sempre que reúnan as condicións esixidas no novo posto de traballo.

Inspirándose no dito anteriormente, a empresa tratará de beneficiar co traslado de posto de traballo a outras escalas de grao máis alto, na medida que lle sexa factible, a aqueles productores que teñan unha categoría profesional superior á esixida polo propio posto de traballo que ocupa no momento de efectua-la clasificación.

Artigo 8º.-Mando sobre cadro de persoal.

Ningunha persoa allea ó cadro de persoal da empresa poderá exercer mando directo sobre o persoal desta.

II.2. Rendemento no traballo

Artigo 9º.-Sistema de medida.

O sistema de medida de traballo aceptado pola empresa é o sistema Bedaux, sendo o punto Beadux a unidade de medida.

Punto é a cantidade de traballo útil realizado por un operario capacitado e adaptado ó posto, cando traballa nunha tarefa industrial durante un minuto de tempo á actividade mínima normal coa calidade esixida, incluíndo o coeficente de descanso.

O rendemento de cada titular dun posto de traballo mídese en puntos, sendo este concepto de puntos totalmente distinto ó de puntos de cualificación.

O rendemento mínimo normal é o equivalente a 60 puntos Bedaux, por hora de traballo.

Rendemento óptimo normal é o equivalente a 80 puntos Bedaux, por hora de traballo.

Cantidade de traballo. O rendemento mínimo normal esixible é o de 60 puntos por hora.

A diferencia entre os puntos obtidos e os asignados ou esixibles será a base de cálculos do incentivo ou prima.

Artigo 10º.-Saturación de xornada.

A obriga de prestar servicio durante a xornada laboral completa inclúe que se acepta por parte do persoal unha saturación total durante esta, incluso aceptando outros traballos, sempre que non sexan vexatorios e estean de acordo coas condicións e capa

cidade do interesado, sendo informado previamente o comité de empresa. A obriga, nos casos de traballos controlados ou con incentivo, comprende o non producir paradas aínda que o rendemento medio se manteña por encima do normal.

Artigo 11º.-Productividade.

As partes asinantes deste convenio recoñecen a necesidade de conseguir unha continua mellora da productividade en tódolos estamentos, tanto directos como indirectos do proceso productivo, posto que constitúe o fundamento básico da competitividade tanto na orde nacional como no que a exportacións ós mercados internacionais se refire, e en consecuencia, o seu permanente incremento é unha condición esencial para a supervivencia e mellora da empresa. Dada a súa natureza dinámica, será o resultado de adecua-los medios da empresa, tanto ós seus intereses como á necesidade de desenvolvemento humano do persoal (reducción de esforzos, evitación de accidentes, desenvolvemento profesional e persoal, eliminación de tempos mortos en desprazamentos, etc.) aplicándoa a medida que os avances técnicos e humanos o vaian aconsellando.

Artigo 12º.-Primas á productividade.

A empresa reserva para si a facultade de elección e aplicación en cada caso da modalidade de incentivo que coide máis conveniente, así como as variacións das xa establecidas, se cre que con iso se pode mellora-las relacións laborais e humanas.

Estas modalidades adaptaranse ás normas dos principios xerais de organización centífica do traballo.

Sen prexuízo do preceptuado anteriormente, as modalidades de incentivo hoxe establecidas pola empresa son as seguintes:

-Prima directa por rendemento individual.

-Prima directa por rendemento de equipo.

-Prima indirecta.

Artigo 13º.-Réxime de baixo rendemento.

Os rendementos individuais ou de equipo durante a xornada de traballo inferiores a 60 de actividade, por causas imputadas ó traballador, serán consideradas como falta e sancionadas consonte o cadro seguinte:

Repetición da falta

dentro dun período

Actividades comprendidas

entre 50 e 60 puntos

Actividades inferiores a 50 puntos

de tres mesesFaltaSanciónFaltaSanción

1ª faltaLeveAmoestaciónGrave4 a 15 días

2ª faltaLeve2 díasMoi grave16 a 60 días

3ª faltaGrave4 a 15 díasMoi graveDespedimento

4ª faltaMoi grave16 a 60 días

5ª faltaMoi graveDespedimento

En caso de novos procesos productivos ou alteración substancial dos procesos actuais, e co obxecto de que tódolos operarios poidan adaptarse ó novo ritmo de traballo, derivado da posta a control destes, as sancións a que se alude no anterior cadro non

entrarán en vigor ata pasado un mes da implantación do novo control.

Artigo 14º.-Interrupcións no traballo.

As paradas que se produzan rexeranse polo disposto na regulamentación siderometalúrxica.

Artigo 15º.-Comisión de productividade.

Para o seguimento e mellor control das primas á productividade, en caso de discrepancia entre o persoal e a empresa, recoñéceselle a facultade de estar asistidos dos técnicos da empresa que cada caso requira.

Estará constituída do seguinte modo:

Parte social:

Un representante de cada sección, elixido polo comité de empresa, pertenza ou non ó dito comité. Entre os compoñentes elixirase o secretario da parte social.

Parte económica:

Nomeará os representantes que estime pertinentes.

Esta comisión reunirase unha vez ó mes como mínimo, e sempre que algún caso, pola súa gravidade, o requira.

Capítulo III

Retribucións

Artigo 16º.-Retribucións totais.

A retribución total en función do traballo realizado por un productor estará integrada por dous conceptos distintos: retribución fixa e retribución variable.

Artigo 17º.-Retribución fixa.

As retribucións fixas durante a vixencia deste convenio estarán formadas polo xornal ou soldo de convenio de acordo cos valores indicados nas táboas que figuran anexas ó presente texto.

Respecto ó ano 2001, actualizaranse de acordo cos incrementos pactados na acta final de acordo de convenio 2000-2001.

Os xornais ou soldos establecidos, que figuran nos citados anexos, substitúen toda retribución de carácter salarial ou extrasalarial que veña percibindo o persoal ata a entrada en vigor deste convenio.

Artigo 18º.-Retribucións variables.

Durante a vixencia deste convenio, as táboas de valores de punto-prima, para o persoal técnico non titulado de talleres e de producción, quedan establecidas segundo táboas anexas.

Para o persoal de mes sen prima directa de producción establécese o valor da prima indirecta de producción, segundo os anexos. Esta prima mensual incrementarase en proporción ás horas extras que cada empregado realice.

Esta prima quedará eliminada no momento en que se estableza un sistema de prima directa á productividade, de común acordo entre as partes.

Artigo 19º.-Axudas de custos e desprazamentos.

Durante o primeiro ano de vixencia deste convenio, será de aplicación o seguinte cadro de axudas de custos e locomocións:

GrupoLocomociónAxuda de custo:

ptas./día

1. Peritos
Axudantes de enxeñeiro

Xefes de primeira

Asistente social

Primeira ou similar7.877

2. Delineantes de primeira
Oficial Admtvo. primeira

Mestres

Delineantes de segunda

Xefe Org. de segunda

Primeira ou similar7.240

3. Encargados
Xefe de equipo

Oficial primeira taller

Persoal de taller en xeral

Primeira ou similar7.135

O 2º ano revisaranse segundo o acordo da acta final de convenio 2000-2001.

Os desprazamentos cunha duración inferior a 24 horas, sempre que permitan a posibilidade de pasa-la noite no domicilio, devengarán o 50% do importe da axuda de custo.

Tódolos gastos derivados de defunción ou accidente ocorrido ó traballador durante os seus desprazamentos por razóns de servicio, serán por conta da empresa.

Artigo 20º.-Antigüidade.

O valor dos quinquenios actualizarase de acordo coas táboas.

O valor do quinquenio tomarase en unidades enteiras-pesetas, sen decimais, forzando á unidade superior ou inferior, que o valor decimal resultante fose superior ou inferior a cincuenta céntimos.

O período de aprendizaxe efectuado na empresa será computable para o efecto de cuantifica-la antigüidade do traballador.

Artigo 21º.-Pagas extraordinarias.

As dúas pagas extraordinarias e regulamentarias, previstas no artigo 31 do R.D. 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, serán aboadas conforme o salario de convenio, máis antigüidade, máis a media dos seis últimos meses do percibido en concepto de prima de producción, máis a paga de reducción absentismo e do complemento de penosidade ou toxicidade na contía seguinte:

-Persoal obreiro e empregado: 30 días xullo; 30 días Nadal.

Ambas pagas serán efectivas da seguinte forma:

-A paga extraordinaria de xullo farase efectiva a primeira semana de xullo de cada ano.

-A paga extraordinaria de Nadal farase efectiva a primeira quincena do mes de decembro.

Pagas extraordinarias en incapacidade temporal:

As pagas extras non sufrirán ningún tipo de mingua ou desconto a causa dos días que o productor permanecese en situación de incapacidade temporal por enfermidade ou accidente laboral durante os 6 meses precedentes ó seu devengo. Para atender esta contixencia, crearase un fondo específico, mediante o cal a empresa garanta o cumprimento deste acordo.

Artigo 22º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias aboaranse de acordo coas contías que se especifican nas táboas.

A empresa reducirá ó máximo a realización de horas extraordinarias, sen prexuízo de ofrece-lo máximo nivel de servicio informando mensualmente o comité de empresa, do número das que se realizasen e as súas causas.

As horas extraordinarias motivadas por causas de forza maior e as estructurais aquí recollidas ou que poidan pactarse, notificaránselle mensualmente á autoridade laboral conxuntamente por empresa e comité para os efectos de obte-la reducción de recargas de cotización.

Co fin de clarifica-lo concepto de horas extraordinarias estructurais, entenderanse como tales as necesarias para cubrir períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda, mantemento ou traballos urxentes da natureza de determinadas actividades, probas, manobras de buques, botaduras e outros supostos similares.

Cando se traballe toda a noite, o persoal sairá ás 7,30 horas do día seguinte.

Artigo 23º.-Faltas de asistencia.

As retribucións consignadas nas táboas refírense a xornadas traballadas, domingos, vacacións e pagas extraordinarias. Por conseguinte, os días de non asistencia por falta non xustificada producirá a perda do salario ou soldo de convenio.

En caso de faltas de asistencia durante a semana ou mes motivada por folga e en relación co descanso semanal, só se terá dereito á percepción da parte proporcional correspondente.

A perda de retribución do descanso semanal obterase aplicándolle o coeficiente do 40% ás horas non traballadas nese mes.

Artigo 24º.-Traballos penosos, tóxicos e perigosos.

Todo o persoal que realice funcións que, pola súa peculiaridade teñan a cualificación dos citados traballos, percibirá os complementos que se sinalan nas táboas.

O 2º ano revisaranse segundo o acordo do acta final de convenio 2000-2001.

Teranse en conta as situacións especiais recollidas en táboas complementarias a este convenio, para efectos da aplicación das porcentaxes correspondentes.

Artigo 25º.-Retribución vacacións.

A retribución das vacacións estará formada polos conceptos indicados no artigo 70 da ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica; tendo en conta o salario de convenio, a antigüidade correspondente, máis a parte proporcional da media calculada nos tres últimos meses, correspondente ás primas de producción e ós traballos tóxicos, penosos e perigosos, máis a paga de reducción de absentismo. En incapacidade temporal, entenderase a media dos tres últimos meses traballados.

Artigo 26º.-Paga mensual por reducción de absentismo.

Establécese unha paga mensual para todo o persoal, na contía que reflicten as táboas e polo concepto do título.

Esta paga perderase total ou parcialmente, en casos de falta de puntualidade e asistencia, conforme o seguinte baremo:

-Unha ou máis faltas inxustificadas de asistencia no mes: perda da paga.

-Dúas faltas de puntualidade no mes: reducción do 10% da paga.

-Tres faltas de puntualidade no mes: reducción do 30% da paga.

-Máis de tres faltas de puntualidade: perda total da paga.

Considérase falta de puntualidade tanto incorporarse tarde ó traballo como abandonalo antes da hora de saída.

Terá dereito a esta paga, o persoal en situación de incapacidade temporal por accidente de traballo non imputable a este.

Artigo 27º.-Pagamento nómina.

Para efectos de liquidación da nómina de fin de mes, as incidencias do persoal, pecharanse con dez días de antelación e farase efectiva o último día hábil de cada mes.

Capítulo IV

Réxime de traballo

Artigo 28º.-Xornada.

A xornada ordinaria de traballo de Construcciones Navales P. Freire, S.A. terá a consideración de continuada e será ata o 31 de decembro de 2001 a seguinte:

-De luns a venres, de 7 a 15 horas, cun descanso intermedio de 15 minutos computables como xornada de traballo. O descanso intermedio comezará e finalizará a toque de sirena e desfrutarase de 10,30 a 10,45 horas.

-Os sábados, durante a vixencia do presente convenio, non se traballará.

-O ano 2000 a xornada de traballo en cómputo anual será de mil setecentas corenta e catro horas (1.744 horas).

-O ano 2001 a xornada de traballo en cómputo anual será de mil setecentas trinta e seis horas (1.736 horas).

-As horas extras efectuaranse a partir das 16 horas, de luns a venres, e os sábados pactarase entre ámbalas partes o horario.

En cadro anexo ó presente convenio establécese a distribución do calendario laboral do ano 2000. O correspondente ó ano 2001 fixarase oportunamente, de acordo co establecido na acta final do convenio.

Artigo 29.-Mobilidade.

O cambio de posto de traballo do persoal farase despois de informado o comité de empresa, segundo o artigo 25 da ordenanza de traballo vixente para a industria siderometalúrxica.

Cando esta mobilidade do persoal se efectúe por necesidades de servicio e/ou por conveniencia da empresa, estes traballadores terán un período de adaptación ó novo posto de traballo de tres meses, e durante este tempo aboaránselle-los haberes correspondentes á súa categoría, así como a prima media dos tres meses anteriores ó cambio.

Artigo 30º.-Vacacións e días ponte.

Durante o ano 2000, o persoal da empresa desfrutará de trinta días naturais de vacacións, do 17 de xullo ó 15 de agosto, ambos inclusive (unha soa quenda).

As vacacións do ano 2001 fixaranse oportunamente cando se elabore o calendario laboral.

O persoal que ó inicio da data pactada para as vacacións, se encontrase en situación de IT derivada de accidente de traballo ou enfermidade común, poderá desfrutar dun período de vacacións de igual duración ó pactado no convenio, dentro do ano natural, e sempre que a súa alta laboral se produza antes do 30 de novembro do citado ano.

Días ponte:

Ano 2000:

-7 de xaneiro.

-17, 18 e 19 de abril.

-13 de outubro.

-7 de decembro.

Ano 2001:

Fixaranse oportunamente cando se elabore o calendario laboral.

No ano 2000 mantense a vixencia dun día (1) de carácter flotante; é dicir, cada traballador, logo de comunicación á empresa, poderá elixi-lo día que desexe non acudir ó traballo. En anexo redáctanse as normas de carácter interno precisas para a posta en práctica deste asunto e evita-la coincidencia de desfrute dun exceso de traballadores nun mesmo día.

En 2001 manterase vixente tamén un só día flotante.

Artigo 31º.-Permisos e licencias.

Logo de aviso ou solicitude segundo proceda dos traballadores afectados, concederanse licencias retribuídas pola circunstancias e tempo que a continuación se sinala:

-Enfermidade grave de esposa e fillos: 4 días laborables.

-Enfermidade grave de pais, pais políticos e avós: 3 días laborables.

-Enfermidade grave de fillos políticos, netos e irmáns: 2 días laborables.

-Enfermidade grave de irmáns póliticos, avós políticos e netos políticos: 2 días naturais ou 1 día laborable.

-Enlace matrimonial: 15 días naturais.

-Falecemento de cónxuxes, pais, pais políticos, fillos, netos, avós naturais e irmáns: 4 días laborables.

-Falecemento de irmáns póliticos e fillos políticos: 2 días naturais ou 1 dia laborable.

-Falecemento de tíos e tíos políticos: 2 días naturais.

-Falecemento de avós políticos e netos políticos: 2 días naturais ou 1 día laborable.

-Falecemento de sobriño consanguíneo e sobriños políticos: 1 día laborable.

-Matrimonio de fillos e irmáns: 1 día laborable.

-Parto de esposa: 3 días laborables.

-Para exames: os necesarios logo de aviso xustificado.

-Por cambio de domicilio actual: 1 día laborable.

En circunstancias especiais xustificadas, aboaráselles ós traballadores o tempo empregado en consultas de asistencia médica, acompañando a esposa ou fillos.

Se non se recibe aviso do feito causante antes de transcorrida a primeira hora da xornada laboral, este permiso computarase comezando a contar a partir do día inmediatamente seguinte.

Os días de licencia que se indican serán aboados conforme os xornais e soldos do convenio máis a antigüidade que corresponda no seu caso e a paga mensual de absentismo.

Para o caso concreto de enlace matrimonial, poderase amplia-la duración da licencia, retribuída ata un máximo de outros 10 días non retribuídos, cando o traballador o solicite.

A empresa aplicará o Estatuto dos traballadores como norma subsidiaria naqueles supostos de licencias ou permisos non recollidos neste artigo.

Os días laborables de permisos ou licencias por causa de enfermidade grave, poderán desfrutarse, logo de petición do traballador, en días alternos mentres dure o feito causante.

En relación co parágrafo anterior, en caso de ingreso na UVI, o traballador, tamén logo de petición, poderá consumi-los días laborables en medias xornadas.

Artigo 32º.-Cesamentos.

O persoal que desexe cesar no servicio da empresa, deberá comunicalo aténdose ós prazos de aviso seguintes:

a) Persoal administrativo e técnico: 15 días.

b) Resto persoal: 8 días.

O incumprimento dos prazos de aviso darán lugar a detraer do importe da liquidación final do interesado as cantidades indebidamente aboadas pola empresa en concepto de cotas de Seguridade Social, todo iso sen prexuízo do establecido na lexislación laboral.

Artigo 33º.-Ferramentas.

A empresa dotará o persoal de ferramentas e útiles necesarios para o traballo, facendo responsable ó operario do bo uso e mantemento deles.

En concepto de gastos de ferramentas, ó persoal de carpintería aboaráselle a cantidade de 13.719 (trece mil setecentas dezanove) pesetas/ano, durante o 1º ano de vixencia deste convenio e farase efectiva no mes de decembro. No ano 2001 revisarase a cantidade segundo a acta final de acordo de convenio 2000-2001.

Artigo 34º.-Roupas de traballo.

A empresa entregaralle dúas fundas de traballo ó ano a todo o persoal obreiro que teña dereito por concesión da lei.

A data de entrega das fundas ó persoal obreiro será a primeira quincena de xaneiro e a primeira quincena de xullo.

Para o persoal da Oficina de Planificación e Control de Man de Obra distribuiranse batas de traballo de cor e forma adecuada. Esta entrega efectuarase anualmente na primeira quincena de xaneiro.

A empresa fará entrega de dúas toallas a todo o persoal de fábrica tal e como viña facendo. A entrega efectuarase na primeira quincena de xaneiro e na primeira quincena de xullo.

A empresa entregaralle ó persoal que estime a lei un par de botas de seguridade homologadas, ó ano. A entrega efectuarase na primeira quincena de novembro.

Disporase no almacén dun stock de pezas de roupa de traballo, para a súa entrega a título de préstamo e conseguinte devolución, cando sexa preciso, para traballos marcadamente sucios.

Capítulo V

Acción social

Artigo 35º.-Fondo de previsión social da empresa.

A empresa achegará a este fondo a cantidade de 618.000 (seiscentas dezaoito mil) ptas. para operar durante o primeiro ano de vixencia deste convenio. No ano 2001, dotarase segundo o establecido na acta final de acordo de convenio 2000-2001.

A utilización e destino desta cantidade será controlada e administrada polo comité de empresa e aplicarase con preferencia a casos de infortunio do persoal da empresa.

Independentemente e para gastos, axuda de custos e desprazamentos do comité de empresa relacionados coa reestructuración do sector naval, a empresa achegará ata 459.000 (catrocentas cincuenta e nove mil) pesetas, durante a vixencia do 1º ano deste convenio. No ano 2001, dotarase segundo o establecido na acta final de acordo de convenio 2000-2001.

Artigo 36º.-Axudas sociais.

Todo productor que cause baixa na empresa por invalidez e que conte cunha antigüidade mínima de 15 anos, terá dereito a percibi-lo importe dunha mensualidade. Se a antigüidade na empresa é superior ós 25 anos, percibirá o importe de dúas mensualidades.

En caso de falecemento dun productor por accidente laboral, cunha antigüidade mínima na empresa de 10 anos, aboaráselles ós seus dereito habentes o importe dunha mensualidade e se a súa antigüidade na empresa fose superior ós 25 anos, seralles aboado o importe de dúas mensualidades.

En caso de falecemento dun productor por enfermidade, contando cunha antigüidade mínima na empresa de 15 anos, aboaráselles ós seus dereito habentes o importe dunha mensualidade.

Créase unha póliza de seguro de vida, con aplicación a todo o persoal da empresa, pola cantidade de dous millóns (2.000.000) de pesetas por asegurado. Esta póliza cubrirá o risco de falecemento do titular por morte natural ou accidente e o risco de invalidez total e/ou absoluta por causa de accidente de traballo ou enfermidade. No caso de falecemento ou declaración de invalidez por accidente de traballo ou enfermidade profesional, a cantidade asegurada incrementarase nun millón de pesetas.

Capítulo VI

Dereitos laborais e sindicais

Artigo 37º.-Dereitos laborais e sindicais.

A empresa recoñece as seccións sindicais das centrais, nos centros de traballo en que o seu nivel de representación supere o 10%, representados por un delegado sindical, pertencente á empresa, cos seguintes dereitos:

-Dispor dun número de horas retribuídas para utilizalas nas súas funcións que se fixan así:

* A cada membro do comité de empresa, elixido pola central sindical correspondente, asignaránselle

cinco (5) horas máis ó mes por encima das que lle correspondan segundo o disposto no Estatuto dos traballadores ou convenio colectivo, e sen que en ningún caso poidan exceder estas horas adicionais de 40 ó mes para o conxunto dos representantes dunha mesma central.

* Estas horas adicionais e/ou as que correspondan a cada un destes representantes, poderán ser desfrutadas polo citado delegado sindical logo de acordo entre todos eles, que deberá ser posto en coñecemento da empresa.

* Logo de acordo coa empresa e nas condicións que se establezan, poderase pacta-la acumulación de horas sindicais entre membros do comité de empresa pertencentes a un mesmo sindicato.

-Disposición dun taboleiro de anuncios.

-Disposición dun local para reunións.

-Desconto en nómina da cota sindical, logo de petición expresa dos traballadores afiliados, de acordo coa normativa vixente.

-Reunión en locais da empresa e fóra de horas de traballo, cos traballadores afiliados, de acordo coa normativa vixente.

Todo iso sen prexuízo do mantemento doutras condicións iguais ou máis beneficiosas que poidan existir na actualidade.

Acórdase que ó finaliza-lo período de vixencia deste convenio (31-12-2001), a figura do delegado sindical se renegociará.

Capítulo VII

Varios

Artigo 38º.-Bilingüismo.

As notas e avisos que se publiquen nos taboleiros de anuncios poderán ser redactados en castelán ou en galego.

Artigo 39º.-Incapacidades.

Nos supostos de traballadores ós que se lles recoñeza unha situación de incapacidade total e que por iso poidan causar baixa na empresa, negociarase co comité unha indemnización complementaria á pensión que lle sexa recoñecida ou a ocupación dun posto de traballo adecuado á incapacidade.

En caso de non chegarse a un acordo, a empresa, que faga uso do seu dereito a non readmiti-lo traballador incapacitado, estará obrigada a aboarlle,

como mínimo, unha cantidade igual a 20 días de salario por cada ano de antigüidade que teña recoñecido cun tope máximo dun ano de salario.

Esta cantidade será compensable con calquera outro beneficio que sobre os mínimos legais puidese ter establecido a empresa con anterioridade a este acordo.

Artigo 40º.-Incapacidade laboral transitoria.

Naqueles supostos de hospitalización por causa de accidente de traballo ou enfermidade común, ó traballador afectado recoñeceráselle o dereito a percibi-lo complemento económico necesario á prestación legal establecida, para alcanza-lo 100% do seu salario, durante os primeiros 45 días de duración do período de baixa IT.

Así mesmo, en defecto de prestación legalmente establecida, ó traballador aboaráselle o 75% da base reguladora desde o primeiro día de baixa por incapacidade temporal derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, aumentándose ó 80 % a partir do oitavo día.

Artigo 41º.-Partes asinantes do convenio.

O presente convenio foi negociado e aprobado en representación da parte social, polo comité de empresa; e en representación da empresa, pola dirección desta.

Normas de carácter interno reguladoras de desfrute do día de reducción de xornada de caracter flotante (anexo artigo 30º).

1. Poderase reservar coa antelación que se desexe no departamento de persoal, aínda que como mínimo de tres (3) días do desfrute e comunicándollo previamente ó seu mando.

2. Non poderán coincidir no mesmo día máis do 33% do persoal afecto a un determinado GFH, salvo en grupos de menos de seis (6) persoas, que poderá chegar a ser do 50%.

3. Atenderanse as solicitudes por rigorosa orde de entrada ata a saturación dun determinado día, polo alcance do tope anterior. Non obstante, chegada esta situación poderán permuta-lo seu desfrute os traballadores do mesmo GFH se dan a súa conformidade por escrito.

4. Se un traballador renuncia ó desfrute dunha determinada xornada xa elixida, perde o seu dereito de prelación en caso que querer volver a desfrutar ese mesmo día.

CALENDARIO LABORAL 2000

MesesDías mesDías festivosSábados e domingosDías vacaciónsDías ponteDías laborablesHoras laborables

Días non laborables

Día 1
Xaneiro31Día 69-Día 719152

Febreiro29-8--21168

Marzo31Día 288--22176

Día 20Día 17
Abril30Día 2110-Día 18

Día 19

15120

MesesDías mesDías festivosSábados e domingosDías vacaciónsDías ponteDías laborablesHoras laborables

Días non laborables

Día 1
Maio31Día 178--21168

Xuño30-8--22176

Xullo31Día 256+410-1080

Día 15
Agosto31Día 164+410-1188

Setembro30-9--21168

Outubro31Día 129-Día 1320160

Novembro30Día 18--21168

Día 6Día 7

Decembro31Día 8

Día 25

10-

Día 29 (non laborable)

16128

Totais366151052062191.752

(1) Estas horas laborables quedarán reducidas a 1.744 horas/ano, polo desfrute dun día de carácter flotante que elixirá o traballador nas condicións pactadas no convenio anterior.

(2) Os restantes días de vacacións ata completa-los 30 días naturais, comprendidos no período 17 de xullo ó 15 de agosto, correspóndense con (4) sábados e domingos en xullo, (4) sábados e domingos en agosto e (2) días festivos: 25 de xullo e 15 de agosto, que sumaron nas súas respectivas columnas.

TÁBOAS SALARIAIS

CONVENIO COLECTIVO ANO 2000

CategoríaSoldoQuinquenioPrima mensualPaga Red.

Absentis.

Hora extraH. extra

festiva

Valor día

Tr. Excep.

* Persoal técnico titulado

Perito ou enxeñeiro técnico A216.2204.90215.84713.1942.2302.473515
Axudante técnico sanitario183.6074.32912.22813.1941.8372.047457

* Persoal técnico non titulado

a) De taller:

Xefe de taller216.2204.68615.76813.1942.2302.473497
Mestre de taller213.2544.68613.1942.0972.327467
Mestre 2 de taller210.7214.68613.1942.0552.286458
Contramestre208.1844.68613.1942.0162.245453
Encargado196.5634.56213.1941.8612.070453

b) De oficina técnica
Axudante de enxeñeiro216.2204.68615.76813.1942.2302.473482
Delineante proxectista A206.3074.68614.85613.1942.1092.343482
Delineante primeira especial195.8164.56213.49113.1941.9782.202477
Delineante de primeira188.2234.37212.87413.1941.8842.099458
Delineante de segunda174.2014.25010.96913.1941.7251.923453
Calcador162.3724.0919.41111.4741.5791.760430
Auxiliar de 5º ano162.3724.0919.41111.4741.5791.760430
Auxiliar de 4º ano160.1768.96211.4741.5551.738430
Auxiliar de 3º e 2º ano157.9078.63611.4741.5321.717430
Auxiliar de 1º ano154.6258.01711.4741.4921.670430
Aspirante de 17 anos114.4615.6996.8851.0471.187228
Aspirante de 16 anos105.5045.1386.8859581.089228

c) De organización
Xefe de primeira216.2204.68615.76813.1942.2302.473482
Sub-xefe de primeira206.3074.68614.85613.1942.1092.343482
Xefe de segunda A195.8164.56213.49113.1941.9782.202481
Técnico de organización 1188.2234.37212.87413.1941.8842.099458
Técnico de organización 2174.2014.25010.96913.1941.7251.923453
Auxiliar de Organ. 5º ano162.3723.6589.41111.4741.5791.760430
Auxiliar de Organ. 4º ano160.1768.96211.4741.5551.738430
Auxiliar de Organ. 3º e 2º ano157.9078.63611.4741.5321.717430
Auxiliar de Organ. 1º ano154.6258.01711.4741.4921.670430
Aprendiz Organ. 17 anos114.4615.6996.8851.0471.187228
Aprendiz Organ. 16 anos105.5045.1386.8859581.089228

d) De informática
Xefe de proxectos216.2204.68615.76813.1942.2302.473497
Analista206.3074.68614.85613.1942.1092.343497
Analista programador195.8164.56213.49113.1941.9782.202477
Programador de 1ª188.2234.37212.87413.1941.8842.099458
Programador de 2ª184.7394.37212.39013.1941.8452.058458
Operador174.2014.25010.96913.1941.7251.923453

e) De Cad-Cam
Coordinador xeral216.2204.68615.76813.1942.2302.473497
Coordinador206.3074.68614.85613.1942.1092.343497
Operador xeral195.8164.56213.49113.1941.9782.202477
Operador ordenador 1ª188.2234.37212.87413.1941.8842.099458
Operador ordenador 2ª174.2014.25010.96913.1941.7251.923453
Operador ordenador 3ª168.7524.25010.65113.1941.5791.760430
Operador auxiliar162.3724.0919.41111.4741.5791.760430

CategoríaSoldoQuinquenioPrima mensualPaga Red.

Absentis.

Hora extraH. extra

festiva

Valor día

Tr. Excep.

* Persoal administrativo

Xefe de primeira216.2204.68615.76813.1942.2302.473497
Sub-xefe de primeira206.3074.68614.85613.1942.1092.343497
Xefe de segunda A195.8164.56213.49113.1941.9782.202477
Oficial Adm. de 1ª188.2234.37212.87413.1941.8842.099458
Oficial Adm. de 2ª174.2014.25010.96913.1941.7251.923453
Taquimecanógrafa-traductora174.2014.25010.96913.1941.5791.760430
Taquimecanógrafa168.7524.25010.65113.1941.5791.760430
Auxiliar Adm. 5º ano162.3724.0919.41111.4741.5791.760430
Auxiliar Adm. 4º ano160.1768.96211.4741.5551.738430
Auxiliar Adm. 3º e 2º ano157.9078.63611.4741.5321.717430
Auxiliar Adm. 1º ano154.6258.01711.4741.4921.670430
Aspirante Adm. 17 anos114.4615.6996.8851.0471.187228
Aspirante Adm. 16 anos105.5045.1386.8859581.089228

* Persoal subalterno

Xefe principal de almacén192.4354.37212.87413.1941.8842.099458
Xefe de almacén186.2464.28611.85713.1941.7992.000430
Almaceneiro principal172.6554.21810.02913.1941.6401.825430
Almaceneiro166.8044.2189.22511.4741.5681.753430
Cabo de gardas166.8044.2189.22511.4741.5681.753430
Vixilante161.1244.2188.42011.4741.4941.677424
Porteiro161.1244.2188.42011.4741.4941.677424
Telefonista161.1244.2188.42011.4741.4941.677424
Chófer de 1ª carné D e Reparac. Vehíc.177.1734.28610.65113.1941.6931.881440
Chófer de 2ª (carné C)171.7214.21810.07411.4741.6271.817426
Chófer de 3ª (carné B)166.2664.2188.97011.4741.5561.717426
Empregados de limpeza84.3362.0076.0081.0251.162209

* Persoal obreiro

Xefe de equipo185.8894.28613.1941.7721.97655
Capataz de especialistas180.7654.28613.1941.7201.91755
Capataz peóns ordinarios173.1644.28613.1941.6201.80755
Oficial 1ª especial179.6264.28613.1941.6931.88155
Oficial de 1ª176.0784.28613.1941.6531.84555
Oficial de 2ª169.5494.28611.4741.5791.76055
Oficial de 3ª164.0594.21811.4741.5181.69355
Especialista160.9794.21811.4741.4631.63755
Peón ordinario160.5094.21811.4741.4611.63555
Aprendiz 17 anos124.7186.8859971.12729
Aprendiz 16 anos115.8126.8859971.12729

Nota: o valor da hora extra aumenta 2 ptas. en cada quinquenio.

TÁBOA DE PESETAS PRIMA EN XORNADA DE 8 HORAS PARA MANDOS INTERMEDIOS

VIXENTE DESDE O 1 DE XANEIRO Ó 31 DE DECEMBRO DE 2000

CategoríaP.P.P.61626364656667686970

Mestre de taller12,692101,54203,07304,61406,14507,68609,22710,75812,29913,821015,36

Mestre 2 taller11,72193,77187,54281,30375,07468,84562,61656,38750,14843,91937,68

Contramestre11,56192,49184,98277,46369,95462,44554,93647,42739,90832,39924,88

Encargado10,76486,11172,22258,34344,45430,56516,67602,78688,90775,01861,12

Nota: o valor da hora extra aumenta 2 ptas. en cada quinquenio.

CategoríaP.P.P.71727374757677787980

Mestre de taller12,6921.116,901.218,431.319,971.421,501.523,041.624,581.726,111.827,651.929,182.030,72

Mestre 2 taller11,7211.031,451.125,221.218,981.312,751.406,521.500,291.594,061.687,821.781,591.875,36

Contramestre11,5611.017,371.109,861.202,341.294,831.387,321.479,811.572,301.664,781.757,271.849,76

Encargado10,764947,231.033,341.119,461.205,571.291,681.377,791.463,901.550,021.636,131.722,24

Nota: o valor da hora extra aumenta 2 ptas. en cada quinquenio.

TÁBOA DE PESETAS PRIMA EN XORNADA DE 8 HORAS PARA PERSOAL DE FÁBRICA

VIXENTE DESDE O 1 DE XANEIRO Ó 31 DE DECEMBRO DE 2000

CategoríaP.P.P.61626364656667686970

Xefe de equipo9,61976,95153,90230,86307,81384,76461,71538,66615,62692,57769,52

Capataz especialistas9,30274,42148,83223,25297,66372,08446,50520,91595,33669,74744,16

Capataz peóns Ord.8,24465,95131,90197,86263,81329,76395,71461,66527,62593,57659,52

Oficial 1ª especial9,03972,31144,62216,94289,25361,56433,87506,18578,50650,81723,12

Oficial de 1ª8,66769,34138,67208,01277,34346,68416,02485,35554,69624,02693,36

Oficial de 2ª7,85062,80125,60188,40251,20314,00376,80439,60502,40565,20628,00

Oficial de 3ª7,16557,32114,64171,96229,28286,60343,92401,24458,56515,88573,20

CategoríaP.P.P.61626364656667686970

Especialista6,68253,46106,91160,37213,82267,28320,74374,19427,65481,10534,56

Peón6,46551,72103,44155,16206,88258,60310,32362,04413,76465,48517,20

Aprendiz 17 anos4,71137,6975,38113,06150,75188,44226,13263,82301,50339,19376,88

Aprendiz 16 anos4,31334,5069,01103,51138,02172,52207,02241,53276,03310,54345,04

Nota: o valor da hora extra aumenta 2 ptas. en cada quinquenio.

CategoríaP.P.P.71727374757677787980

Xefe de equipo9,619846,47923,421.000,381.077,331.154,281.231,231.308,181.385,141.462,091.539,04

Capataz especialistas9,302818,58892,99967,411.041,821.116,241.190,661.265,071.339,491.413,901.488,32

Capataz peóns Ord.8,244725,47791,42857,38923,33989,281.055,231.121,181.187,141.253,091.319,04

Oficial 1ª especial9,039795,43867,74940,061.012,371.084,681.156,991.229,301.301,621.373,931.446,24

Oficial de 1ª8,667762,70832,03901,37970,701.040,041.109,381.178,711.248,051.317,381.386,72

Oficial de 2ª7,850690,80753,60816,40879,20942,001.004,801.067,601.130,401.193,201.256,00

Oficial de 3ª7,165630,52687,84745,16802,48859,80917,12974,441.031,761.089,081.146,40

Especialista6,682588,02641,47694,93748,38801,84855,30908,75962,211.015,661.069,12

Peón6,465568,92620,64672,36724,08775,80827,52879,24930,96982,681.034,40

Aprendiz 17 anos4,711414,57452,26489,94527,63565,32603,01640,70678,38716,07753,76

Aprendiz 16 anos4,313379,54414,05448,55483,06517,56552,06586,57621,07655,58690,08

Nota: o valor da hora extra aumenta 2 ptas. en cada quinquenio.