Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 29 de xuño de 2000 Páx. 10.218

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Almacenamientos y Montajes, S.A.

Vista a acta da revisión salarial para os anos 1999 e 2000, tanto das táboas salariais (anexos I, II, e III), coma os conceptos económicos dos artigos: 15 Complemento de transporte, 16 Complemento de productividade, 17 Prima de posto, 18 Complemento de nocturnidade e 19 Complemento por traballo tóxicos, penosos e perigosos, do convenio colectivo da empresa Almacenamientos y Montajes, S.A., con nº de código 3603002, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 15-5-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data 27-4-2000. De conformidade co disposto no artigo 23 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de

funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 22 de maio de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta final de negociación da revisión para o ano 2000 do convenio colectivo 1999.

Almacenamientos y Montajes, S.A.

Asistentes:

Representación da empresa:

Jorge Rodríguez Puime.

Representación dos traballadores:

Manuel Lago Prado (independente).

No Porriño, ás dezasete horas do día 17 de abril de 2000, reúnense as partes á marxe sinaladas co fin de inicia-la negociación para a revisión das táboas salariais para o ano 2000, do convenio colectivo asinado no ano 1998 e logo do recoñecemento mutuo das partes da lexitimación que desempeñan para esta negociación, de acordo co artigo 87 do Estatuto dos traballadores.

Acordos:

-Revisión IPC de 1999.

Apróbase o diferencial de 1,10% entre o IPC real o 31 de decembro de 1999 resultante, 2,90%, e o previsto que foi de aplicación, o 1,80%.

Esta revisión é aplicable a tódolos conceptos salariais establecidos nas táboas anexo I, anexo II, anexo II bis e a tódolos conceptos recollidos nos artigos 15, 16, 17, 18 e 19.

O pagamento desta revisión foi efectuado no mes de xaneiro de 2000.

-Incremento para o ano 2000.

Apróbase o incremento oficialmente previsto do 2% en tódalas categorías profesionais e sobre as táboas salariais de 1999, actualizadas co incremento do 1,10% que figuran no anexo I, así como sobre o resto dos conceptos recollidos nos artigos 15 Complemento de transporte, 16 Complemento de productividade, 17 Prima de posto, 18 Complemento de nocturnidade e artigo 19 Complemento por traballos tóxicos, penosos e perigosos. Estas condicións serán de aplicación con efectos do 1 de xaneiro.

Así mesmo, acórdase o mesmo incremento para os importes que figuran nas táboas anexo II e anexo II bis, correspondentes ós prezos por horas extraordinarias.

Ratifícase o artigo 23 en tódolos seus puntos, polo que este incremento do 2% é de carácter provisional, á espera do que resulte o 31 de decembro de 2000 con respecto ó 31 de decembro de 1999.

E, en proba de conformidade, asínase esta acta no lugar, ás dezanove horas da data indicada.

Convenio colectivo 2000

Importes modificados, con efectos desde o 1 de xaneiro de 2000, dos artigos seguintes:

Artigo 15º.-Complemento de transporte: 611,64 pesetas/día.

Artigo 16º.-Prima de productividade: 72,43 pesetas/hora.

Artigo 17º.-Prima de posto:

a) 52,49 pesetas/hora.

b) 31,50 pesetas/hora.

Artigo 18º.-Complemento de nocturnidade: 94,48 pesetas/hora.

Artigo 19º.-Complemento por traballos tóxicos, penosos e perigosos:

1) 31,50 pesetas/hora.

2) Ruídos:

a) 20,99 pesetas/hora.

b) 1.050 pesetas/ano.

ANEXO I

Salario convenio ano 2000

Categorías profesionaisPtas. brutas mes

Técnicos titulados
Titulados universitarios superiores214.365
Titulados universitarios medios184.355

Técnicos de taller
Xefe de taller158.630
Encargado139.337
Xefe de equipo106.111

Técnicos de oficina
Delineante proxectista147.912
Delineante de primeira123.260
Delineante de segunda112.542
Auxiliar101.824

Categorías profesionaisPtas. brutas mes

Organizac. científica do traballo e Admnttvos.
Xefe de primeira156.486
Xefe de segunda145.768
Técnico ou oficial de 1ª126.476
Técnico ou oficial de 2ª113.614
Técnico ou oficial de 3ª108.255
Auxiliar102.038

Persoal subalterno
Almaceneiro103.968
Vixilante99.680

Operarios de taller
Oficial de 1ª118.973
Oficial de 2ª114.686
Oficial de 3ª109.327
Especialista106.968
Peón101.824

ANEXO II

Horas extraordinarias ano 2000

Prezos/hora para persoal non suxeito a prima de productividade

CategoríasPtas./hora

profesionaisDías laborablesDías non laborables

Titulados universitarios superiores1.7482.097
Titulados universitarios medios1.5131.815

Técnicos de taller
Xefe de taller1.3111.573
Encargado1.1611.392
Xefe de equipo9011.081

Técnicos de oficina
Delineante proxectista1.2281.474
Delineante de primeira1.0351.241
Delineante de segunda9621.141
Auxiliar8671.041

Org. Cientif. do traballo e Admtvos.
Xefe de primeira1.2951.553
Xefe de segunda1.2111.452
Técnico ou oficial de 1ª1.0601.272
Técnico ou oficial de 2ª9601.152
Técnico ou oficial de 3ª9171.101
Auxiliar8671.041

Persoal subalterno
Almaceneiro8831.061
Vixilante8501.020

Operarios de taller
Oficial de 1ª1.0021.202
Oficial de 2ª9681.162
Oficial de 3ª9261.112
Especialista9081.089
Peón8671.041

Especialista (en posto carreta elevadora)9621.154
Peón (en posto de reparto de material)9001.079

ANEXO II BIS

Horas extraordinarias ano 2000

Prezos/hora para persoal suxeito a prima de productividade

CategoríasPtas./hora

profesionaisDías laborablesDías non laborables

Técnicos titulados
Titulados universitarios superiores00
Titulados universitarios medios00

Técnicos de taller
Xefe de taller00
Encargado00
Xefe de equipo00

CategoríasPtas./hora

profesionaisDías laborablesDías non laborables

Técnicos de oficina
Delineante proxectista00
Delineante de primeira00
Delineante de segunda00
Auxiliar00

Org. Cientif. do traballo e Admtvos.
Xefe de primeira00
Xefe de segunda00
Técnico ou oficial de 1ª00
Técnico ou oficial de 2ª00
Técnico ou oficial de 3ª00
Auxiliar00

Persoal subalterno
Almaceneiro00
Vixilante00

Operarios de taller
Oficial de 1ª00
Oficial de 2ª00
Oficial de 3ª00
Especialista9821.227
Peón9411.179