Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-199/1999 incoado por infracción á Lei de pesca fluvial, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente; de non efectualo voluntariamente dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

ANEXO

Expediente nº: P-199/1999.

Denunciado: Luis Vázquez Rodríguez.

DNI: 34.927.353.

Enderezo: r/ Gregorio Fernández, nº 15, 4º b, Ourense.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca sen estar en posesión da preceptiva licencia en vigor. Feitos constatados o día 10-11-1999, ás 18.45 h, no río Miño-presa de Belesar. Chantada.

Precepto sancionador: 34.1º da Lei 7/1992.

Sanción: 50.001 pesetas de multa.

Inhabilitación: un ano.

Lugo, 3 de maio de 2000.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo