Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-208/1999 incoado por infracción á Lei de pesca fluvial, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento san

cionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente; de non efectualo voluntariamente dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

ANEXO

Expediente nº: P-208/1999.

Denunciado: Mariano Álvaro Vázquez.

DNI: 34.446.750.

Enderezo: r/ Juan XXIII, nº 55, 4º, Chantada (Lugo).

Feito denunciado: entorpece-la servidume de paso pola marxe dereita do río Asma, establecida para beneficio ou uso dos pescadores, mediante depósito de resto de obra, plásticos e cartóns. Feitos constatados o día 1-12-1999, ás 15.30 h, na Ponte Meixide. Chantada.

Precepto sancionador: 34.27º da Lei 7/1992.

Sanción: 75.000 pesetas de multa.

Lugo, 9 de maio de 2000.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo