Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, por la que se notifica a resolución de sobresemento do expediente sancionador P-80/1999 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás personas que no anexo se mencionan, as resolucións de sobresemento dos ditos expedientes.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente Natural. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

Pontevedra, 23 de maio de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-80/1999.

Denunciado: Fermín Eireos Álvarez.

Último domicilio coñecido: Antonio Ríos, 72, 2º B, A Coruña.