Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores P-6/2000 e P-22/2000 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 23 de maio de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 6/2000.

Denunciado: Miguel Ángel Tejada Fernández, enderezo r/ Nicaragua, 4, 5º A.

Feitos denunciados: pescar con cana en época de veda, ás 10.50 horas do día 12 de marzo de 2000, no río Furnia-Miño ó seu paso por Amorín no concello de Tomiño.

Data do acordo da incoación: 5-4-2000.

Precepto infrinxido: 34.8º da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio de dita actividade durante un ano.

Expediente: 22/1999.

Denunciado: Diego Mazorra Rey, domicilio r/ Mantelas, 25 B, Vigo.

Feitos denunciados: pescar con 2 canas nunha masa de auga habitada por reo, cando neste tipo de augas só se autoriza a pesca cunha. Feitos denunciados ás 12.10 horas do día 21 de marzo de 2000 no encoro de Eiras, do concello de Fornelos de Montes.

Data do acordo da incoación: 11-4-2000.

Precepto infrinxido: 33.4º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción. 4.000 ptas.