Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación do mantemento do sistema informático das oficinas de emprego, delegacións e servicios centrais do servicio público de emprego de Galicia.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 28/00.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de mantemento do sistema informático das oficinas de emprego, delegacións e servicios centrais do servicio público de Galicia.

b) Nº de lotes: 6.

c) Lugar de execución: Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Prazo de execución: 12 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 16.693.970 ptas. (100.332,78 euros).

Lote 1: 4.580.973 ptas. (27.532,20 euros).

Lote 2: 6.201.586 ptas. (37.272,28 euros).

Lote 3: 2.608.459 ptas. (15.677,15 euros).

Lote 4: 340.320 ptas. (2.045,36 euros).

Lote 5: 266.160 ptas. (1.599,65 euros).

Lote 6: 2.696.472 ptas. (16.206,12 euros).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: si. Importe: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral da consellería.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: información de índole administrativa: 981 54 46 41. Información de índole técnica: 981 54 42 05.

e) Telefax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata remata-lo prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: oito (8) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares. A solvencia económica e financeira e a solvencia técnica deberán acreditarse por un dos medios que sinalan os artigos 16 e 18, respectivamente, da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro. Así mesmo, deberá figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador e o número de lote ó que concursan. No caso de estaren inscritos no Rexistro de Contratistas, xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación.

-Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

-Domicilio: San Caetano.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771 (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día hábil seguinte ó de finaliza-lo prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2000.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude