Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.079

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo provincial do comercio da pel, os calzados e os bolsos de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo provincial comercio da pel, calzados e bolsos de Ourense (código convenio nº 3200135), con entrada nesta dele

gación provincial o día 4-5-2000, subscrito pola parte económica Asociación Provincial de Empresarios de Calzados e Bolsos de Ourense, e, da parte social as centrais sindicais; CC.OO., UXT e CIG, o día 11-4-2000, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores. Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto

2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que figura nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 12 de maio de 2000.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio do comercio da pel 2000

Artigo 1º.-Partes asinantes.

As partes asinantes deste convenio son a Asociación de Empresarios de Calzados e Bolsos de Ourense e as centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG. Ámbalas partes con lexitimidade suficiente para a súa sinatura, segundo o previsto no artigo 87 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

Nos seus aspectos territorial, funcional e persoal este convenio afectará as empresas establecidas ou que se poidan establecer en Ourense, xa sexan naturais ou xurídicas as persoas tiulares delas, que se dediquen ás actividades de comercio da pel en xeral, tanto por xunto como ó detalle e ás que sexan de aplicación a ordenanza laboral de traballo para o comercio e así mesmo as relacións laborais entre tales empresas e os productores que nelas presten os seus servicios.

Artigo 3º.-Vixencia.

Este convenio entrará en vigor para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 2000, independentemente da súa publicación no BOP. Este convenio será de aplicación na súa totalidade ata que se asine outro que o substitúa.

Artigo 4º.-Duración.

Establécese para este convenio unha duración dun ano, é dicir, desde o 1 de xaneiro de 2000 ata o 31 de decembro de 2000, prorrogable pola tácita de ano en ano a partir do 2000 en períodos anuais sempre que non sexa denunciado por algunha das partes que o subscribe, antes do termo da súa vixencia inicial ou de calquera das súas prórrogas.

Os requisitos formais da denuncia serán os establecidos no artigo 89 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras establecidas por este convenio establécense co carácter de mínimas dentro das condicións pactadas. Respectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas que as aquí pactadas, manténdose ad personam en canto excedan do cómputo anual.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión paritaria de interpretación e vixilancia do convenio integrada polas persoas asinantes del tal e como se sinala na súa disposición derradeira terceira.

Artigo 7º.-Funcionamento da comisión mixta paritaria.

En caso de reclamación sobre materia regulada no convenio, a comisión mixta paritaria oída a representación sindical dos traballadores do centro de traballo afectado e a dirección da empresa, dictaminarán por maioría sobre o asunto. De non ser aceptado o dictame da comisión mixta paritaria resolverá a autoridade laboral competente en cada caso.

Artigo 8º.-Vacacións.

As vacacións serán de trinta días naturais para cada traballador/a. Este período poderase dividir en dous, os cales se fixarán de común acordo entre empresa e representantes dos traballadores, fixando o calendario de desfrute nos tres primeiros meses do ano e debendo coñece-los traballadores tal calendario con dous meses de antelación á data do comezo delas, tal como se establece na lexislación vixente.

Artigo 9º.-Salario base.

Os salarios base deste convenio serán os que figuran na súa táboa anexa.

Artigo 10º.-Antigüidade.

O persoal comprendido neste convenio percibirá aumentos periódicos por ano de servicio consistentes no aboamento de cuadrienios na contía de 6% do salario correspondente á categoría na que estea clasificado.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias.

As empresas deberán aboar tres pagas extraordinarias: unha en xullo, outra en decembro e outra de beneficios pagadoira entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo. Cada unha integrada por unha mensualidade do salario total do convenio e o premio de antigüidade que será estimado, se é o caso, sobre o salario actualizado na data na que sexa pagada e mesmo a de beneficios, para aqueles que regulamentariamente ou por pacto os teñan recoñecidos de tal maneira que o importe delas ten que ser igual ó das mensualidades ordinarias, constituíndo 15 pagas anuais.

Artigo 12º.-Axuda de estudios.

Establécese unha axuda mensual de 575 pesetas para os fillos dos traballadores que cursen BUP ou ensinanzas inferiores e de 1.219 pesetas ó mes para estudios superiores. Aqueles traballadores que desde o ano 1996 o veñan percibindo, seguirano facendo ata que desapareza a causa que o motiva non se xerando a dita axuda para os que non a perciban ó se atopar xa incorporado ó salario.

Artigo 13º.-Remuneración anual.

A remuneración anual total será a establecida neste convenio correspondente a cada categoría incluída a antigüidade, pagas extraordinarias, beneficios e axudas de estudios cando a xornada sexa a tempo parcial ou reducida. Nos casos de enfermidade, vacacións e licencias aplicarase o disposto na ordenanza laboral do comercio.

Artigo 14º.-Xornada.

A xornada laboral para a vixencia deste convenio será de 1.800 horas en cómputo anual. A xornada semanal será de luns a sábado, rematando a xornada ás 13.30 horas do sábado, ata a sinatura do seguinte convenio, respectándose en todo caso os límites de traballo fixados para a xornada diaria e descanso entre xornadas establecidos no texto refundido do Estatuto dos traballadores, Lei 1/1995, do 24 de marzo.

Como consecuencia da instalación en Ourense dunha gran superficie como é Continente, ámbalas partes manifestan que no caso de que a instalación da mesma inflúa no comercio da pel en Ourense, reunirase a comisión paritaria do convenio para analiza-la situación e toma-las medidas que se consideren máis idóneas para palia-la situación.

Fíxanse como días libres no sector para tódolos efectos para escoller entre a empresa e os traballadores un día entre o 9 e o 23 de novembro, podendo ser modificadas as datas, por acordo entre a empresa e traballadores.

Fíxanse como días que hai que traballar, como consecuencia das festas de Nadal e de acordo coa tradición con que se vén facendo, os seguintes sábados pola tarde do mes de decembro: 9, 16, 23 e 30 de decembro de 2000 e o 13, 20 e 27 de xaneiro do 2001, tendo os ditos sábados pola tarde a consideración de xornada efectiva de traballo, sempre e cando non superen as 1.800 horas de xornada efectiva establecida neste artigo. Aqueles traballadores que realicen o seu traballo o sábado pola tarde terán dereito ó descanso equivalente e na mesma proporción ás horas traballadas ou á súa compensación económica se así o acordan entre empresa e os traballadores.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

As partes asinantes deste convenio establecen como unha guía axeitada, para a creación de emprego a reducción das horas extraordinarias; para ese efecto recomendan a súa supresión. Non obstante o ante

rior, poderanse realizar as horas extraordinarias que sexan consideradas como estructurais ou de forza maior. Para os efectos de considerar cáles son as horas estructurais ou de forza maior haberá que se ater ó disposto no punto cuarto do Acordo Nacional de Emprego, así como ó disposto no Real decreto 1858/1981, do 19 de agosto.

Artigo 16º.-Premio por compensación da antigüidade.

Aqueles traballadores que leven polo menos dez anos de traballo na empresa e causen baixa nela de forma voluntaria a partir dos 64 anos terán dereito a desfrutar dun mes de vacacións retribuídas.

O desfrute das ditas vacacións retribuídas farase efectivo coa correspondente antelación ó cesamento definitivo na empresa, debendo comunicar ó traballador de forma fidedigna á mesma a súa decisión de cesar voluntariamente.

A empresa entregará un certificado da concesión do mencionado premio de vacacións acreditativo da solicitude del por parte do traballador.

Artigo 17º.-Publicidade.

As empresas afectadas por este convenio deberán ter un exemplar del no centro de traballo para coñecemento do persoal. Así mesmo, colocarán no taboleiro de anuncios copias dos boletíns de cotización á Seguridade Social co fin de que os traballadores constaten a súa situación laboral mensualmente.

Artigo 18º.-Baixa por IT.

A baixa por maternidade terá a retribución do 100% do salario neto que viña percibindo. En caso de que a traballadora opte por desfrutar dúas semanas antes do parto segundo determina a OMS respectaráselle a mencionada retribución.

Artigo 19º.-Dereitos sindicais.

A) As empresas deberán cumpri-lo texto refundido do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1/1995, do 24 de marzo e, se é o caso, a normativa que a poida substituír ou modificar e os acordos nacionais asinados entre ámbalas partes sobre esta materia de forma clara e progresiva. Os delegados de persoal exercerán de forma mancomunada ante o empresario a representación para a que foron elixidos intervindo en cantas cuestións se susciten en relacións coas condicións de traballo e do persoal que representan, formulando reclamacións ante a autoridade laboral ou entidades xestoras da Seguridade Social segundo proceda sobre o cumprimento das relativas á seguridade e hixiene no traballo e Seguridade Social. Os comités de empresa recibirán información que lles será facilitada trimestralmente, polo menos sobre a situación da producción e vendas da empresa, sobre a súa programación de producción e evolución probable do emprego na empresa, coñece-lo balance de resultados, a memoria e en caso de

revesti-la forma xurídica de sociedade, dos demais documentos que se dean ós socios e nas mesmas condicións que a estes. Emitir informe con carácter pre

vio sobre reestructuración de cadro de persoal e cadros bancarios.

B) En tódolos contratos, modificacións e prórrogas deles, poderase incluír, xunto á sinatura do empresario e traballador a dun representante sindical dos traballadores, enténdendose por estes os membros das seccións sindicais, comités de empresa e delegados de persoal.

C) A dirección da empresa, no prazo dunha semana, entregaralles copia do contrato ou documento que o modifique ós representantes sindicais dos traballadores.

D) Cláusula sobre liquidacións: tódolos recibos de liquidación deberán especificar con toda claridade, xunto cos demais conceptos debidos ó traballador, os correspondentes atrasos do convenio e os derivados da aplicación da cláusula de revisión se os houbese.

E) As relacións laborais serán prioritariamente de carácter indefinido. Non obstante, cando as circunstancias o esixan poderán subscribir contratos por tempo determinado, respectando o principio xeral de estabilidade e garantindo en todo caso a estricta causalidade da contratación. Para isto, a empresa notificará ós representantes dos traballadores para determinar se as circunstancias específicas xustifican o uso de calquera das modalidades de contratación temporal.

Artigo 20º.-Cláusula de desvinculación.

As empresas afectadas por este convenio colectivo só poderán non aplica-lo réxime salarial no pactado por acordo maioritario da comisión paritaria do convenio e referendo da maioría da totalidade do cadro de persoal de traballadores da empresa ós que lles é de aplicación o convenio, mediante asemblea legalmente constituída. Ademais da desvinculación do réxime salarial deberá servir para superar unha situación de crise económica da empresa provocada por perdas nos últimos dous exercicios contables.

A empresa afectada deberá solicitar á comisión paritaria a aplicación desta cláusula por escrito, no que conste os datos da empresa, a reducción salarial proposta e a duración da desvinculación. Así mesmo, deberá achega-la documentación que lle sexa solicitada pola comisión paritaria para a resolución da petición, a cal se deberá producir no prazo dun mes.

No caso de estimar fundada a solicitude, a comisión paritaria establecerá o nivel retributivo que se lle aplicará á empresa afectada, que en ningún caso afectará a estructura establecida para o salario no convenio.

En todo caso, o beneficio da inaplicación só se estende ata o remate do período de vixencia establecido para o nivel retributivo vixente no momento da solicitude. Terminado este a empresa deberá recupera-lo nivel establecido no convenio seguinte.

Os acordos da comisión paritaria e da asemblea de traballadores reflectirase en actas que se rexistrarán no SMAC.

Artigo 21º.-Igualdade no traballo.

Respectarase o principio de igualdade no traballo para tódolos efectos, e non se admitirán discriminacións por razóns de sexo, idade, ideoloxía, raza, minusvalidez, etc. Así mesmo, as empresas garantirán a percepción de igual salario en igual función, respectándose para todo o persoal con contrato de traballo ou sen el, unha vez feitos os 18 anos, as táboas vixentes neste convenio.

Artigo 22º.-Fomento á contratación.

De conformidade co establecido no artigo 15.1.b do Estatuto dos traballadores e a prol dunha menor precarización do emprego que se derivan do actual ciclo económico, o contrato por circunstancias de mercado, acumulación de tarefas e excesos de pedidos a que se refire o dito artigo, poderase subscribir cunha duración mínima de seis meses e un máximo de tres meses e medio nun período de dezaoito meses. O seu réxime xurídico será equivalente ó do contrato por tempo indefinido en canto a desfrute de beneficios salariais, complementos, etc.

Este contrato sométese a un réxime específico de extinción, con esixencia de previo aviso escrito con polo menos 15 días de antelación de 12 días por ano traballado, entendéndose que a dita indemnización corresponde por finalización das prórrogas xa que en caso de se produci-la extinción por causa non imputable ó traballador este terá dereito a percibi-la indemnización que legalmente corresponda por despedimento.

No suposto de non se produci-la extinción á terminación do tempo máximo de duración dos tres anos, se o traballador seguise prestando os seus servicios á empresa, o contrato transformarase en indefinido.

Durante a vixencia deste convenio, a conversión en indefinidos daqueles contratos que se concertaran con carácter temporal ou por duración determinada, acolleranse ó disposto no punto b) parágrafo 2º da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, de medidas urxentes para a mellora do mercado e fomento da contratación indefinida, en virtude da cal os ditos contratos quedarán incluídos no réxime previsto para os contratos de fomento da contratación indefinida.

Artigo 23º.-Contratos de formación.

De conformidade co artigo 11.2. c do E.T. (Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e o Real decreto 488/1998, poderanse efectuar contratos formativos cunha duración mínima de seis meses e unha máxima de tres anos. A retribución destes contratos será a seguinte:

Para o primeiro ano de contrato o traballador percibirá o 80% do salario correspondente á categoría para a que se forme. Para o segundo ano o 85%

e para o terceiro ano o 90% do salario da categoría para a que se forme. No non previsto neste convenio para estes contratos, haberá que se ater ó que dispón o mencionado Real decreto 488/1998. Os ditos contratos estenderanse ós traballadores de 16 a 21 anos.

Artigo 24º.-Contrato en prácticas.

A retribución destes contratos será do 65% e o 80% respectivamente, para o primeiro e o segundo ano do contrato, do salario de convenio fixado para a categoría profesional que corresponda.

Artigo 25º.-Fixos descontinuos.

Aqueles traballadores que presten os seus servicios laborais nunha mesma empresa en un mesmo período de forma eventual, ós tres anos como máximo pasarán a ser fixos descontinuos.

Artigo 26º.-Contrato por obra ou servicio determinado.

As partes asinantes deste convenio colectivo consideran que dada a peculiaridade do sector, este tipo de contratos non é o máis adecuado para o mesmo, polo que se recomenda a realización doutros tipos de contratación.

Artigo 27º.-Inasistencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá faltar ó traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e durante o tempo que a seguir se expón:

A) Quince días naturais en caso de matrimonio.

B) Dous días nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando por tal motivo o traballador necesite efectuar un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días. Igualmente o traballador terá dereito a dous días en caso de hospitalización de fillos e parentes de ata o segundo grao de consanguinidade e afinidade. Cando por tal motivo o traballador deba facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

No non previsto neste convenio rexerá o sinalado na Lei 39/1999, do 5 de novembro, de conciliación da vida familiar e laboral.

C) Un día por traslado de domicilio habitual.

D) Polo tempo inescusable, para o cumprimento dun deber público e persoal comprendido o exercicio inescusable do sufraxio activo. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado haberá que se ater ó que esta dispoña en canto a duración da ausencia e á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis dun vinte por cento das horas laborables nun período de tres meses, poderá a empresa pasa-lo traballador á situación de excedencia regulada no punto 1 do artigo 46 desta lei.

No suposto de que o traballador por cumprimento do deber ou desempeño do cargo perciba unha indemnización, descontarase o importe dela do salario a que tivese dereito na empresa.

E) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

F) Polo tempo indispensable para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto que se deban realizar dentro da xornada de traballo.

G) As traballadoras por lactación dun fillo menor de nove meses terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller pola súa vontade poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente polo pai en caso de que ambos traballen.

H) Quen por garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo coa diminución proporcional do salario entre, polo menos un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Disposicións derradeiras

Primeira.-O incremento salarial deste convenio é dun 3,5% durante a súa vixencia.

Segunda.-En todo caso, o que non se atope previsto expresamente neste convenio, rexerá o disposto na ordenanza laboral de traballo no comercio, en tanto en canto ámbalas partes non acorden substituíla por un convenio colectivo en caso de que fose derrogada. Lei do Estatuto dos traballadores, así como a Lei orgánica de liberdade sindical e todas aquelas disposicións legais de aplicación.

Terceira.-A comisión paritaria do convenio estará formada polas persoas asinantes deste convenio.

Cuarta.-As partes asinantes deste convenio recoñecen a importancia que para o comercio da pel tería o que o 19 de marzo, día de san Xosé, sexa festivo, para o que acordan efectua-la presente declaración de intencións co obxecto de que por quen corresponda sexa declarado festivo e non recuperable o dito día 19 de marzo.

Quinta.-Cláusula de submisión ó AGA.

Ante a importancia que poida supor para a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo AGA asinado pola CEG e as centrais sindicais UGT, CC.OO. e CIG, as partes asinantes deste convenio, durante a súa vixencia, acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que estean formulados.

Sexta.-As partes asinantes deste convenio son a Asociación Empresarial do Comercio da Pel de Ourense e as centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG.

Táboa salarial

Xefe de división112.208 ptas.

Encargado xeral e xefe de compras108.088 ptas.

Xefe de sucursal ou almacén108.122 ptas.

Xefe de sección mercantil104.032 ptas.

Encargado101.988 ptas.

Viaxante101.988 ptas.

Dependente maior97.902 ptas.

Dependente92.483 ptas.

Axudante91.268 ptas.

Mozo91.268 ptas.

Xefe administrativo108.122 ptas.

Contable102.094 ptas.

Oficial administrativo97.902 ptas.

Auxiliar administrativo91.268 ptas.

Auxiliar de caixa maior92.485 ptas.

Auxiliar de caixa70.680 ptas.

Escaparatista106.896 ptas.

Persoal de limpeza salario/hora641 ptas.