Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.078

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da edificación e das obras públicas.

Visto o texto da revisión salarial do convenio colectivo para o sector da edificación e das obras públicas (código 2700255), da provincia de Lugo, asinado o día 11 de abril de 2000, pola representación da patronal (APEC) e das centrais sindicais MCA-UGT,

FECOMA-CC.OO., e USO, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da citada revisión salarial no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da mentada revisión salarial á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 11 de maio de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Asistentes:

Representación sindical:

Por MCA-UGT:

Adolfo Mosteirín Turia.

Plácido Regueiro Gorgoso.

Pedro González Sordo.

José Luis Docampo Fortes.

José Luis Combarro Infarte.

Carlos García Vázquez.

Por FECOMA-CC.OO.:

Ángel Barreiro Pérez.

Jesús Varela Lodeiro.

Manuel Luis González Fernández.

Por USO:

María del Carmen Arias Río.

Manuel Expósito López.

Representación patronal (APEC):

Hipólito Trinidad Losada.

Miguel Varela Varela.

Ricardo Castro López.

José Juan Meijide Calvo.

Silviano Pizarro Gómez.

Manuel Pereira López.

Asesora: Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo o 11 de abril de 2000, reúnense os representantes das centrais sindicais e de APEC que á marxe se relacionan, integrantes da comisión deliberadora do convenio colectivo de edificación e obras públicas con obxecto da adaptación das táboas salariais do convenio con aplicación do 2,45% sobre as táboas salariais actualizadas o 31 de decembro de 1999 do anexo I do convenio, en cumprimento do disposto no artigo 7, parágrafo 1º, do convenio vixente, acordan:

1. Aproba-las táboas que se xuntan como anexo I, con obxecto da súa aplicación no ano 2000 e publicación no BOP e DOG.

2. Fixa-lo importe das axudas de custo establecidas no artigo 34 do convenio de edificación e obras públicas, que queda redactado como segue:

Artigo 34º.-Desprazamentos e axudas de custo.

Desprazamentos: no caso de desprazamentos dos traballadores, o empresario poderá optar entre o aboamento das axudas de custo, ou o pagamento dos gastos ocasionados, debidamente xustificados.

Axudas de custo: establécese unha axuda de custo igual para tódalas categorías, cos importes que se sinalan a continuación:

a) Axuda de custo completa: 2.600 ptas. diarias en desprazamentos do traballador en días illados ou consecutivos sen exceder de tres días; 2.200 ptas. diarias en desprazamentos do traballador para máis de tres días consecutivos.

b) Media axuda de custo: 1.200 ptas. diarias en desprazamentos do traballador en días illados ou consecutivos sen exceder de tres días; 1.050 ptas. diarias en desprazamentos do traballador con máis de tres días consecutivos.

3. Fixa-las porcentaxes establecidas no artigo 21.2º b, complemento extrasalarial, no 6% para o ano 2000.

4. Autorizar expresamente a asesora da comisión negociadora Pilar Díaz Rodríguez para que se dirixa á delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións laborais para os efectos de proceder á tramitación, depósito e publicación.

E, en proba de conformidade, asinan esta acta os integrantes da comisión mixta deliberadora, no lugar e na data expresados no encabezamento.

ANEXO I

Convenio provincial de edificación e obras públicas de Lugo

Táboa de retribucións

Vixencia do 1-1-2000 ó 31-12-2000

NiveisCategoríaMensualAnualTotal

anual

Valor

horas

Extras

Salario baseComplementos

Asit./Produc.

puntualidade

Complemento

extrasalarial

TotalVacaciónsGratificacións

XulloNadal

IITitulado superior.91.93624.6739.565126.174121.893121.893121.8931.753.5931.519

IIITitulado medio. Xefe Admvo. 1ª, xefe Secc. Org. 1ª.91.83624.6739.559126.068121.893121.893121.8931.752.4271.423

IVXefe de persoal, Axte. de obra, encargado Xral. de fábrica, encargado xeral.91.73724.6739.552125.962121.893121.893121.8931.751.2611.377

VXefe administrativo de 2ª, delineante superior, encargado xeral de obra, xefes de sección de organización científica do traballo de 2ª, xefe de compras.91.63724.6739.546125.856121.893121.893121.8931.750.0951.330

VIOfic. Admvo. de 1ª, delineante de 1ª, xefe ou encargado de taller, encargado de sección de laboratorio, escultor de pedra e mármore, práctico de topografía de 1ª, técnico de organización, encargado de obra.91.56924.6739.542125.784121.893121.893121.8931.749.3031.285

VIIDelineante de 2ª, técnico de organización de 2ª, práctico de topografía de 2ª, analista de 1ª, viaxante, especialista de oficio, capataz.90.80623.5509.401123.757120.730120.730120.7301.723.5171.251

VIIIOficial Admvo. 2ª, corredor de praza, inspector de control, sinalización e servicios, analista de 2ª, oficial 1ª de oficio.89.26921.8679.159120.295118.615118.615118.6151.679.0901.230

IXAuxiliar Admvo., Axte. topográfico, Aux. Organiz., vendedor, conserxe, oficial 2ª de oficio.88.48020.5479.002118.029117.368117.368117.3681.650.4231.094

XAuxiliar de laboratorio, vixilante, almaceneiro, enfermeiro, cobrador, garda xurado, especialista de 1ª, axudante de oficio.87.61218.5668.794114.972115.822115.822115.8221.612.1581.013

XIEspecialista de 2ª, peón especial.86.84817.4438.653112.944114.659114.659114.6591.586.361 978

XIILimpadora, peón ordinario.85.89816.3348.498110.730113.315113.315113.3151.557.975 968