Antecedentes.
O Concello de Oleiros remitiulle, á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial,
Obras Públicas e Vivenda na Coruña, o expediente de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para o acondicionamento da urbanización Canide-Maianca, de conformidade co artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG).
Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta, de conformidade co disposto no artigo 145 da LSG.
Segundo.-O Concello Pleno acordou, o 20 de abril de 1999, aprobar inicialmente o proxecto de taxación conxunta e sometelo a información pública polo prazo dun mes anunciándose no xornal La Voz de Galicia do 14 de xuño e no DOG do 24 de maio de 1999.
Terceiro.-A taxación foilles notificada individualmente ós que aparecían como titulares de bens e dereitos no expediente, dándolles traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formulasen alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 145.4º da LSG.
Cuarto.-O Concello de Oleiros emitiu informe das alegacións presentadas polos interesados e acordou, de conformidade co artigo 145.6º da LSG, remiti-lo proxecto de expropiación forzosa á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda na Coruña por se-lo órgano competente para a súa aprobación definitiva (hoxe director xeral de Urbanismo da CPTOPV, en virtude da Orde do 30 de decembro de 1999, pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo).
Quinto.-No concello de Oleiros está vixente o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) aprobado o 29 de decembro de 1995, no que se clasifican como solo urbano os terreos obxecto de expropiación.
En desenvolvemento das determinacións do PXOU redactouse o Plan Especial de Reforma Interior (PERI) aprobado en sesión plenaria do 16 de xuño, cualificando os terreos por expropiar como sistema viario público.
De acordo co artigo 33 da LRSV e 54 da LSG en relación cos artigos 124.3º e 153.2º da LSG resulta lexitimada a expropiación proposta.
Sexto.-Os criterios de valoración fixados no proxecto de expropiación axústanse, segundo informe do arquitecto municipal, ó contido dos artigos 28.e), 30 e 31 da LRSV.
Sétimo.-A Orde do 30 de decembro de 1999 do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG do 10 de xaneiro de 2000), pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo, no seu artigo 1 delega no director xeral de Urbanismo a aprobación definitiva do expediente de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, previsto polo artigo 145 da LSG.
Á vista de canto antecede,
RESOLVO:
Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para o acondicionamento da urbanización Canide-Maianca no concello de Oleiros, facendo constar que a aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, de conformidade co establecido no artigo 146, punto 1º da LSG.
En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación de prezo xusto (artigo 146, punto 2º da LSG).
Segundo.-Notificárlle-la resolución aprobatoria do expediente a tódolos interesados titulares dos bens e dereitos que figuran nel, conferíndolles un termo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta dirección xeral a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145, punto 7º, da LSG, advertíndolles que, transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, se entenderá aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145, punto 8º da LSG).
Terceiro.-Publicar esta resolución, así como a relación dos seguintes bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello:
Nº predio Propietarios m ptas.
Superficie
Valoración
1B Herdeiros de Rafael Nieto Suárez 149,34 924.211
Nº predio Propietarios m ptas.
Superficie
Valoración
1A Alicia Carmen Rodríguez Ruíz 123,2 1.139.235
2B Cdade. propietarios urbanización Canide 271,25 778.962
2C Cdade. propietarios urbanización Canide 100,00 2.072.175
2A José Revuelto Dugo 76,35 985.653
3 Álvarez Gil Ramos 252,72 879.426
4 Pedro Martínez Santos 208,52 1.292.185
5 Tomás Rodríguez-Sabio Sánchez e outros 243 697.835
6 Tomás Rodríguez-Sabio Sánchez e outros 426,86 1.225.835
7 Tomás Rodríguez-Sabio Sánchez e outros 30x1 m 49.613
Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello serviralles de notificación ós propietarios descoñecidos, a aqueles dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación, segundo o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa (LXCA). Así mesmo, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigos 116, 117 e 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro); para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta, non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo
(artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).
No suposto de que o interesado sexa unha Administración pública, en lugar do recurso de reposición poderá dirixir ó órgano competente, no prazo de dous meses, o requirimento previo previsto no artigo 44 da LXCA.
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2000.
José Jesús Cudeiro Mazaira
Director xeral de Urbanismo