Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.026

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 6 de xuño de 2000, da Subdirección Xeral do Tesouro, de extravío do xustificante de depósito provisional en metálico, 2100/1999 que garante a Antonio Gómez Álvarez, para os efectos da expedición dun duplicado.

Producido o extravío do xustificante de depósito provisional en metálico do 30 de novembro de 1999, co número de rexistro 2100/1999, polo importe de 209.000 pesetas, garantindo a Antonio Gómez Álvarez, formúlase requirimento oficial e público a aquela persoa ou entidade en poder da cal poida atorparse, para que o presente, sen máis demora nesta Subdirección Xeral do Tesouro, de tal xeito que, se transcorrido o prazo de dous meses contados a partir da data de publicación deste anunio non se presenta se procederá sen máis trámite á extensión dun duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante formal e suficientemente acreditado, declarándose, nese mesmo acto, a anulación do exemplar orixinal extraviado, o cal non terá valor ningún nin poderá producir efecto ningún diante da administración nin ante terceiros.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2000.

Carlos Barrada Rodríguez

Subdirector xeral do Tesouro