Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.028

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 22 de maio de 2000, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00179-O-2000 e cinco máis).

Por medio desta cédula, notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo, iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante o Servicio Provincial de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propondo as probas que coiden oportunas, dentro dos de quince días hábiles seguinte ó da publicación da presente cédula.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (BOE do 27), modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra o 22 de maio de 2000.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-00179-O-2000

C-5327-AL

G.C. Tráfico

Manipulación y Transporte de Vehículos, S.L.

Areal (estación Vigo-Guixar), s/n

36213 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando unha carga dun palé de paquetes de cafés carecendo da tarxeta de transportes. Carece de distintivos de radio de acción. Servicio privado complementario. Non presenta o conductor de vehículo a requerimento do axente da autoridade a razón laboral coa empresa titular do vehículo.

26-1-2000; 16.15; N-550; 130,500

Art. 102.3º da Lei 16/1987 e Art. 157 do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei da 16/1987, 201 R.D. 1211/1990250.000 ptas.
PO-00220-O-2000

PO-6517-AW

G.C. Tráfico

Armarios Percha, S.L.

Praza do Concello, 16 Meaño

Pontevedra

Circular transportando ferramentas da empresa, carecendo da correspondente tarxeta de transportes. Servicio privado.

1-2-2000; 19; N-525; 298

Art. 103 da Lei 16/1987 e Art. 158 do R.D. 1211/1990Art. 143 da Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199050.000 ptas.
PO-00257-O-2000

O-8571-AY

G.C. Tráfico

Correa Montajes y Suministros, S.L.

Vincios-Pasaxe, Nave 24

36380 Gondomar (Pontevedra)

Realiza servicio privado complementario transportando 427 tubos de medidas 30x1.15x925 m.m. carecendo de autorización administrativa de transportes. O conductor non acredita relación laboral co titular do vehículo. Non posúe ningún distintivo.

8-2-2000; 10.15; PO-331; 12

Art. 103 da Lei 16/1987 e Art. 158 do R.D. 1211/1990Art. 143 da Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199050.000 ptas.
PO-00380-O-2000

PO-5523-AY

G.C. Tráfico

Eurogal Aplicaciones, S.L.

Secundino Esperón, 5.2º

36002 Pontevedra

Circular transportando material de hipermeabilización, sen realiza-lo visado da autorización, no prazo fixado pola administración. Servicio privado.

21-2-2000; 19; N-640; 205,5

Art. 103 da Lei 16/1987 e Art. 158 do R.D. 1211/1990Art. 143 da Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199050.000 ptas.
PO-00474-O-2000

PO-7109-AP

G.C. Tráfico

Rótulos Rodisa, S.L.

O Alcouce-Figueirido, s/n

36140 Vilaboa (Pontevedra)

Circular transportando 3 estadas, carecendo de tarxeta de transportes. Carece tamén de distintivos. Servicio privado.

23-2-2000; 8.30; N-550; 126

Art. 103 da Lei 16/1987 e Art. 158 do R.D. 1211/1990Art. 143 da Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199050.000 ptas.
PO-00487-O-2000

G.C. Tráfico

Ritrasa Rivero Transportes, S.A.

Areal Est. FF.CC. Guixar, s/n

36201 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando paquetería, carecendo de tarxeta de transportes. É arrastrado por cabeza tractora matrículas SS-5341-T da titularidade de Adersa Vigo, S.L.

22-10-1999; 17; N-550; 124

Art. 90 da Lei 16/1987 e Art. 41 do R.D. 1211/1990Art. 143 da Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990250.000 ptas.