Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.022

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 7 de xuño de 2000 pola que se outorgan nomeamentos a rexistradores da propiedade para os rexistros vacantes que se citan.

O nomeamento de rexistradores da propiedade que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta Comunidade Autónoma, segundo o disposto no

artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade vacantes, en virtude de concurso entre aspirantes aprobados nas últimas oposicións, convocado por resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado e, de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 513 do regulamento para a súa execución, os decretos da Xunta de Galicia 351/1997, do 9 de decembro, 227/1998,

do 10 de xullo e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomea-los rexistradores da propiedade que de seguido se relacionan para prove-los rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:

Ángel Ramón Serrat Zubillaga, nº de escalafón 931, para o Rexistro da Fonsagrada (Lugo).

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2000.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais