Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.021

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fan públicas as emendas da lista provisional da categoría 017 (analista de laboratorio) do grupo III (lista B).

Finalizado o prazo fixado na Resolución do 19 de abril de 2000 (DOG nº 84, do 3 de maio), pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes á categoría 017 (analista de laboratorio) do grupo III (lista B), e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, na súa sesión do día 14 de xuño de 2000, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público como anexo I a esta resolución a relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais, que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma. De conformidade co disposto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e na base 2ª da Resolución do 30 de xuño de 1999, a Comisión Permanente de Selección de

Persoal Laboral establece o número máximo de aspirantes admitidos naqueles que teñan unha puntuación igual ou superior a 0,90 puntos.

Segundo.-Facer público como anexo II a esta resolución a relación de aspirantes que de acordo coa do 19 de abril de 2000 pola que se fai pública a lista provisional foron non-admitidos na lista provisional e unha vez vista a súa alegación superaron a dita puntuación.

Terceiro.-Os solicitantes relacionados nos anexos I e II que superaron a puntuación de 0,90 puntos estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa.

-Grupo III: 5.640 ptas.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999, e corrección de erros do 13 de outubro de 1999.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os que non o fixesen así no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda

de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO I

GRUPO III-CATEGORÍA 017.

DNIAPELIDOSNOMEB1B2B3B4B5B6B7B8TOTAL

76.996.789ABAL VIDALEVA0000000,7500,75

34.254.163BALBOA LOPEZCLARA00000,200,7500,95

35.290.208BELOSO SANMARTINMª DEL CARMEN00000,220,750,383,33

05.434.164CANAL BARRIOCLAUDINA000001,50,7502,25

33.327.406DIAZ LOPEZMARCO ANTONIO0000000,7500,75

76.413.229DIAZ RODRIGUEZESTHER0000000,750,040,79

32.673.148DOPICO GARCIAMARIA SONIA0000000,750,230,98

33.330.247QUINTAS BLANCOISABEL00000,200,7500,95

32.755.960SANJUAN PEDREIRAMARTA MARIA01,800000,7502,55

20.221.602SUAREZ PEREIRALUCIA BEGOÑA000001,50,7502,25

76.369.676SUEIRO POSEMARTA0000010,501,5

33.308.599TENREIRO RAMUDOMARIA00000000

32.832.274VARELA CANCELAEVA MARIA00000000

34.894.399VARELA CANOURAPATRICIA00000,20,50,7501,45

ANEXO II

GRUPO III-CATEGORÍA 017.

DNIAPELIDOSNOMEB1B2B3B4B5B6B7B8TOTAL

36.083.784ALFAYA ORGEBEATRIZ0000000,751,011,75

32.757.471ARROJO ALFREDOMAYRA00000,600,750,11,45

46.895.734BENITO DOMECJOSUNE0000000,750,371,12

33.320.890CANDAL DEL RIOMARIA00000,20,50,7501,45