Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.023

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (182/1998-M).

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no recurso de apelación interposto contra sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo en xuízo de faltas nº 182/1998, seguido por falta de lesións en egresión, se dictou sentencia cun encabezamento e decisión que din:

Rolo 591/1999: Juan Ángel Rodríguez Cardama, como tribunal unipersoal da Sección Terceira da Audiencia Provincial da Coruña, pronunciou, en nome de El-Rei, a seguinte sentencia:

«Na Coruña, 29 de febreiro de 2000.

No recurso de apelación interposto contra sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo en xuízo de faltas nº 182/1998, seguido por falta de lesións en agresión, no que figura como apelante Marcelino Tasende Areosa e, como apelado, Francisco Sánchez Ferreiro (adherido ó recurso), Alfredo Martíns Gonçalves e o Ministerio Fiscal.

Decido que, desestimando. no substancial o recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada pola xuíza de primeira instancia e instrucción número dous de Carballo, no xuízo de faltas a que se refire este rolo, como tamén a adhesión ó recurso, se confirma a dita resolución, agás na contía das multas impostas ós acusados Marcelino Tasende Areosa e Alfredo Martíns Gonçalves, das que as cotas diarias se fixan, en ámbolos casos, en mil pesetas. Con custas de oficio este recurso.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso ordinario.

Devólvanse os autos orixinais ó xulgado do que proceden, con testemuño desta sentencia para o seu coñecemento e cumprimento.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ó rolo, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Rubricado