Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.003

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de materiais e prefabricados da construcción.

Visto o texto da revisión salarial do convenio colectivo para o sector de materiais e prefabricados da construcción (código 2700395), da provincia de Lugo, asinado o día 11 de abril de 2000, pola representación da patronal (APEC) e das centrais sindicais MCA-UGT, FECOMA-CC.OO. e USO, e de conformidade co disposto no artigo 90 puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, a delegacion provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da citada revisión salarial no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da mentada revisión salarial á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia

Lugo, 11 de maio de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Asistentes:

-Representación sindical:

Por MCA-UGT:

Adolfo Mosteirín Turia.

Plácido Regueiro Gorgoso.

Pedro González Sordo.

José Luis Docampo Fortes.

José Luis Combarro Infarte.

Carlos García Vázquez.

Por Fecoma-CC.OO.:

Ángel Barreiro Pérez.

Jesús Varela Lodeiro.

José Antonio Cabo Martínez.

Por USO:

María del Carmen Arias Río.

Manuel Expósito López.

-Representación patronal (APEC):

Hipólito Trinidad Losada.

Miguel Varela Varela.

Ricardo Castro López.

José Juan Meijide Calvo.

Silviano Pizarro Gómez.

Manuel Pereira López.-Asesora:

Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo, o 11 de abril de 2000, reúnense os representantes das centrais sindicais e de APEC que anteriormente se relacionan, integrantes da comisión deliberadora do convenio colectivo provincial de materiais e prefabricados da construcción, co obxecto da adaptación das táboas salariais do convenio con aplicación do 2,45% sobre as táboas salariais actualizadas o 31 de decembro de 1999 do anexo I do convenio, en cumprimento do disposto no artigo 7, parágrafo 1º do convenio vixente acordan:

1. Aproba-las táboas que se xuntan como anexo I, co obxecto da súa aplicación no ano 2000 e publicación no BOP e DOG.

2. Fixa-lo importe das axudas de custo establecidas no artigo 33 do convenio de materiais prefabricados da construcción, que queda redactado como segue:

Artigo 34º.-Desprazamentos e axudas de custo.

Desprazamentos: no caso de desprazamentos dos traballadores, o empresario poderá optar entre o aboamento das axudas de custo, ou o pagamento dos gastos ocasionados, debidamente xustificados.

Axudas de custo: establécese unha axuda de custo igual para tódalas categorías, cos importes que se sinalan a continuación:

a) Axuda de custo completa: 2.600 ptas. diarias en desprazamentos do traballador en días illados ou consecutivos.

b) Media axuda de custo: 1.300 ptas. diarias en desprazamentos do traballador en días illados ou consecutivos.

3. Fixa-las porcentaxes establecidas no artigo 19.2º b), complemento extrasalarial, no 6% para o ano 2000.

4. Autorizar expresamente a asesora da comisión negociadora Pilar Díaz Rodríguez para que se dirixa á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para os efectos de proceder á tramitación, depósito e publicación.

E en proba de conformidade asinan esta acta os integrantes da comisión mixta deliberadora, no lugar e na data expresados no encabezamento.

ANEXO I

Convenio provincial de materiais e prefabricados para a construcción de Lugo

Táboa de retribucións ano 2000

Vixencia do 1-1-2000 ó 31-12-2000

NiveisCategoríaMensualAnualTotal

anual

Valor

hora

Extraord.

Salario baseComplementos

Asit./Produc.

puntualidade

Complemento

extrasalarial

TotalVacaciónsGratificacións

XulloNadal

IITitulado superior143.6125.95312.403161.968164.058164.058164.0582.273.8221.356

IIITitulado medio, xefe Admvo. 1ª, xefe Secc. Org. 1ª121.27115.64611.266148.183145.157145.157145.1572.065.4841.054

IVXefe de persoal, Axte. de obra, encargado Xral. de fábrica, encargado xeral104.52521.56210.319136.406130.478130.478130.4781.891.9001.049

VXefe administrativo de 2ª, delineante superior, encargado xeral de obra, xefes de sección de organización científica do traballo de 2ª, xefe de compras94.17928.4549.960132.593122.497122.497122.4971.826.0141.043

VIOfic. Admvo. de 1ª, delineante de 1ª, xefe ou encargado de taller, encargado de sección de laboratorio, escultor de pedra e mármore, práctico de topografía de 1ª, técnico de organización, encargado de obra90.62928.2599.658128.546118.878118.878118.8781.770.6401.038

VIIDelineante de 2ª, técnico de organización de 2ª, práctico de topografía de 2ª, analista de 1ª, viaxante, especialista de oficio, capataz87.97628.3719.448125.795116.101116.101116.1011.732.0481.022

VIIIOficial Admvo. 2ª, corredor de praza, inspector de control, sinalización e servicios, analista de 2ª, oficial 1ª de oficio87.75326.0349.268123.055115.203115.203115.2031.699.214991

IXAuxiliar Admvo., Axte. topográfico, Aux. Organiz., vendedor, conserxe, oficial 2ª de oficio83.57824.3208.809116.707110.426110.426110.4261.615.055974

XAuxiliar de laboratorio, vixilante, almaceneiro, enfermeiro, cobrador, garda xurado, especialista de 1ª, axudante de oficio83.51022.8428.701115.053109.838109.838109.8381.595.097954

XIEspecialista de 2ª, peón especial83.47922.1638.651114.293109.584109.584109.5841.585.975937

XIILimpadora, peón ordinario83.26120.4988.518112.277108.882108.882108.8821.561.693895