Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.005

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Centro Especial de Empleo Garevol, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Centro Especial de Empleo Garevol, S.L., con nº de código 3603051, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-4-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data do 25-1-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995 do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediacción, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 16 de maio de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Texto de convenio colectivo do Centro Especial de Emprego Garevol, S.L.

Disposicións xerais

Sección primeira

Ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo terá a súa aplicación no centro de traballo de Garevol, S.L., sito en Tameiga-Mos.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afectará a totalidade do persoal existente no momento da súa sinatura, así como os traballadores ou traballadoras que se incorporen no futuro e baixo a súa vixencia.

Sección segunda

Vixencia e duración

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1999 e manterá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2001.

Artigo 4º.-Resolución ou revisión.

A denuncia propoñendo a resolución ou revisión do convenio será automática ó chegar ó termo da súa vixencia, ata a entrada en vigor dun convenio revisado, prorrogándose ata a sinatura do seguinte convenio.

Sección terceira

Compensación e absorción

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas forman un todo orgánico, indivisible e para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente.

Artigo 6º.-Garantías.

Respectaranse as situacións persoais que con carácter global e no cómputo anual excedan do pacto. Tal garantía será de carácter exclusivamente persoal.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 7º.-Cambios de quenda.

No caso que as ausencias ó traballo alcancen o 7 por 100 do cadro de persoal directo de producción do centro de traballo, a empresa poderá decidir con criterios obxectivos o cambio de quenda dos traballadores cando o precise, respectando, en todo caso, o descanso legalmente establecido (12 horas) e o salario, e polo tempo que subsista tal índice de ausencias, logo da comunicación ó interesado e ós representantes dos traballadores, na xornada anterior.

Mensualmente facilitarase ós representantes legais dos traballadores información sobre a evolución do absentismo.

Os ditos cambios de quenda non terán a consideración legal de modificacións substanciais das condicións de traballo.

Artigo 8º.-Definicións.

A organización do traballo terá en conta os seguintes principios e definicións:

1. Actividade normal no seu traballo: é aquela que desenvolve un operario consciente da súa responsabilidade, cun esforzo, rapidez, precisión e habilidade de movementos constantes para alcanza-la cantidade de traballo a actividade normal.

2. Cantidade de traballo actividade normal: é a que efectúa un operario desenvolvendo a actividade normal (7,5 unidades/día volante de referencia) incluído o tempo de recuperación.

3. Contrato a baixo rendemento: é aquel que se realizaría co traballador con minusvalidez, que aínda prestando os seus servicios durante unha xornada de traballo normal, faino cun rendemento inferior ó normal nun 25 por cento. En todo caso esta circunstancia deberá ser analizada pola comisión de productividade.

Artigo 9º.-Incentivos e procedemento para a implantación de tempos.

1. Tódolos operarios cualificados comprométense a acada-lo rendemento ou actividade normal.

Os traballadores comprométense a acada-las curvas de producción establecidas na fase de formación e cualificación.

O incentivo aboarase conforme o establecido na escala que se xunta como anexo I.

2. Acórdase establece-lo seguinte procedemento para a implantación de tempos de producción derivados, tanto da introducción de novas pezas, operacións ou productos, como da modificación do método operario, de instalacións ou de equipo industrial.

2.1. Unha vez realizados os estudios de tempo correspondentes, cronometrándose a máis dun operario, a dirección da empresa notificará ós representantes dos traballadores os novos métodos e os seus «tempos provisionais» correspondentes, debendo observarse:

a) Comunicación da data en que se contabilizarán para o cálculo dos incentivos.

b) Un período de 20 días laborables de adaptación ós novos métodos e tempos; sendo contabilizados a partir dese momento para efecto de cálculo de incentivos e introducíndose para tódolos efectos no sistema global de xestión da empresa. Durante eses 20 días aboaráselle ó traballador a media dos tres meses anteriores que tivera.

2.2. Dentro do dito período de adaptación de 20 días laborables o traballador poderá reclamar ante os representantes dos traballadores realizándose as seguintes accións:

a) De forma inmediata os representantes dos traballadores instarán unha reunión da comisión paritaria de productividade e competitividade que se creará para tales efectos, e que estará formada por tres representantes dos traballadores e tres representantes da dirección. Así mesmo, poderase insta-la reunión desta comisión para analiza-los problemas que se poidan presentar na producción habitual e que permitan dar unha solución adecuada a ela.

b) Unha vez reunida a comisión paritaria, de non acadar ningún acordo realizarase unha comprobación do tempo coa presencia dun representante dos traballadores.

c) No caso de continua-lo desacordo actuarase conforme o disposto no punto 2.3.

2.3. Nos casos de desacordo ou conflicto, as partes someteranse á decisión dun técnico na materia designado polas partes conxuntamente e que establecerán nese momento.

2.4. Efectuado o dictame do técnico o tempo establecido polo mesmo substituirá desde ese momento o tempo estimado existente.

3. Complemento de producción.

O complemento de producción aplicarase a aqueles traballadores/as que acaden a cantidade de 7,5 volantes/día do volante de referencia na sección de

forrado e a aqueles traballadores da sección de precosido que acaden un rendemento igual ou superior a un. Non obstante, se por causas alleas á vontade do traballador non fose posible acada-los 7,5 volantes/día de referencia na sección de forrado e un rendemento dun na sección de precosido, aboarase o complemento de producción.

4. Incentivos.

Cantidade que percibe o traballador (xa sexa operario ou operario cualificado) sempre e cando acade a producción obxectivo, aboándose segundo a escala establecida no anexo I, a partir de 7,5 volantes/día do modelo de referencia na sección de forrado e dun rendemento igual ou superior a un na sección de precosido. A unidade 7,6 na sección de forrado incentivarase así como o rendemento superior a un na sección de precosido, e para efectos do cálculo, os incentivos aboaranse de forma mensual en función da producción media obtida durante os días de traballo efectivo do mes correspondente. Así mesmo, aqueles traballadores que acaden unha producción de 10 ou máis volantes/día do modelo de referencia na sección de forrado e un rendemento igual ou superior a 1,33 na sección de precosido, percibirán a contía establecida no anexo I, nos termos e forma establecida anteriormente.

Capítulo III

Inicio e desenvolvemento da relación laboral

Sección primeira

Contratación

Artigo 10º.-Contratación.

Os contratos que concerte o Centro Especial de Emprego Garevol poderán axustarse a calquera das modalidades de contrato de traballo previstas no Estatuto dos traballadores e nas súas normas de desenvolvemento.

En materia de contratación laboral haberá que aterse, en todo caso, ás disposicións legais ou normas convencionais de maior rango sobre a materia tanto de carácter xeral como especial.

Fomentarase, en todo caso, o contrato estable e daráselle prioridade á contratación indefinida.

Artigo 11º.-Contrato de obra ou servicio determinado.

Co fin de potencia-la utilización das modalidades de contratación previstas pola lei, e non utilizar formas de contratación externas á empresa, acórdase crear un contrato de obra ou servicio determinado, segundo o previsto no artigo 15.1º do Estatuto dos traballadores.

Os ditos contratos poderán cubrir todas aquelas tarefas ou traballos suficientemente diferenciados polo volume adicional de traballo que representen, que, limitados no tempo e cunha duración que poida preverse, estean directa ou colateralmente relacionados co proceso productivo da empresa.

Previamente á utilización desta modalidade contractual, a empresa dará conta ós representantes dos traballadores da causa obxecto do contrato, así como das condicións de traballo, especificando o número de traballadores afectados, niveis profesionais a asignar e duración prevista. A presente inclusión neste convenio non poderá entenderse, en ningún caso, como limitación á modalidade contractual prevista no referido artigo 15.1º a) do Estatuto dos traballadores.

Artigo 12º.-Período de proba.

O ingreso entenderase provisional, ata tanto non se cumprira o período de proba, que será de tres meses a partir do 1 de xaneiro de 1999 para tódolos traballadores.

A empresa manifestarálle ó traballador de novo ingreso o alcance e contido do período de proba.

O período de proba é integramente esixible, salvo que a empresa decida renunciar a todo ou a parte del, a decisión comunicaraa por escrito ó interesado.

Durante o período de proba, tanto a empresa como o traballador poderán desistir unilateralmente do contrato de traballo, sen aviso previo nin indemnización.

O período de proba computarase para efectos de antigüidade e, durante este, o traballador terá idénticos dereitos e obrigas có resto do persoal.

Sección segunda

Tempo de traballo

Artigo 13º.-Xornada.

A xornada de traballo será de corenta horas semanais, que en ningún caso superarán as 1.800 horas de presencia, das cales 30 minutos diarios son de bocadillo.

Artigo 14º.-Horario e calendario laboral.

Anualmente a empresa e os representantes dos traballadores establecerán o calendario laboral.

Artigo 15º.-Vacacións.

O período anual de vacacións será de trinta días naturais para desfrutar entre os meses de xuño e setembro, dos cales quince naturais desfrutaranse ininterrompidamente. A fixación dos períodos de vacacións farase de común acordo entre a empresa e os representantes dos traballadores, dentro dos tres primeiros meses do ano, conxuntamente co calendario laboral. O período de quince días naturais continuados comezará en luns, salvo pacto en contrario.

Para o cómputo dos días de vacacións do persoal contratado durante o ano, tomarase como data inicial a do seu ingreso; se esta fose posterior, desfrutaraas proporcionalmente ó tempo traballado e tendo en conta as peticións dos traballadores dentro do ano natural.

Artigo 16º.-Permisos.

O traballador logo de aviso e xustificación poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración polos motivos que se detallan a continuación:

a) Quince días naturais no caso de matrimonio.

b) Dous días naturais no caso de morte de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade e tres días naturais no suposto de enfermidade grave destes e nacemento de fillo. Cando o traballador realice un desprazamento fóra da provincia será de catro días.

c) Un día por traslado de domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal comprendido no exercicio do sufraxio activo. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, haberá que aterse ó que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

f) Incluiranse ademais os de asistencia médica durante o tempo establecido para persoas con minusvalidez que será de dous días ó mes.

Capítulo IV

Condicións económicas

Artigo 17º.-Retribucións.

Establécense como conceptos retribuídos os fixados nas táboas anexas para os distintos anos de vixencia do convenio. Os atrasos derivados da posterior sinatura ou revisión do convenio seranlles aboados ós traballadores no mes seguinte da súa sinatura. Cando por circunstancias persoais do traballador con minusvalidez o requiran, poderanse celebrar contratos de baixo rendemento.

Artigo 18º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécese para tódolos traballadores o dereito a percibir dous pagas extraordinarias anuais, de devengo semestral. Unha no mes de xullo e outra no mes de decembro, consistente en trinta días de salario base máis o complemento de antigüidade ou a parte proporcional das pagas extraordinarias que corresponda, en función da data de ingreso. Así mesmo cando a empresa obteña beneficios, distribuirase entre os traballadores o 50% dos beneficios do exercicio, que serán repartidos entre os traballadores a partes iguais, dentro do mes seguinte á aprobación das contas anuais polo consello de administración. Para garantir ós traballadores a imaxe fiel do patrimonio da empresa procederase a efectuar unha auditoría económica.

Artigo 19º.-Complemento de asistencia.

O complemento de asistencia de aplicación para 1999 será de 3.210 pesetas mensuais para todos aqueles traballadores que ocupen o seu posto de

traballo tódolos días efectivos. Este complemento aboarase por día laborable e descontaráse da seguinte forma: por 1 día de ausencia 802 ptas., por dous días 1.605 ptas., por 3 días 2.407 ptas. e a partir de catro días desencontarase completo. Cando se trate de ausencias parciais, descontarase a parte proporcional de 802 ptas. do primeiro día, ata un total de 4 ausencias parciais, que se descontará completo.

Establécese para o ano 2000 un incremento do 7% das contías establecidas no parágrafo anterior. E para o 2001 outro incremento do 7%.

Artigo 20º.-Complemento de distancia.

Aqueles traballadores que por razón do seu domicilio habitual non poidan facer uso do medio de transporte posto pola empresa para o traslado do seu persoal ó centro de traballo, desfrutarán dun complemento salarial por día de asistencia de 150 pesetas/día, para o ano 1999, incrementándose a 160 ptas./día no ano 2000 e para o ano 2001 a 175 ptas./día.

Artigo 21º.-Premios de antigüidade.

Establécese un premio de antigüidade do 3 por 100 por cada quinquenio.

Artigo 22º.-Desprazamentos.

Cando un traballador se desprace transitoriamente da localidade por orde da empresa, esta resarcirao por tódolos gastos que tal desprazamento lle ocasione.

Artigo 23º.-Incapacidade temporal.

A empresa completará as prestacións que correspondan ó traballador en situación de incapacidade temporal nun 100% para caso de accidente de traballo e enfermidade profesional desde o primeiro día, 90% no caso de enfermidade con hospitalización mentres dure a situación e 90% desde o vinte día no caso de enfermidade común de longa duración, sempre e cando os índices de absentismo da empresa sexan iguais ou inferiores a un 10% e tomando como referencia para o cómputo os 6 meses anteriores ó pagamento.

É obriga do traballador a comunicación á dirección da empresa, por calquera medio, na mesma xornada de traballo e posterior xustificación dela, da ausencia imprevista total ou parcial da xornada. Nos casos de faltas de puntualidade haberá que aterse ó disposto no réxime disciplinario.

Fíxase en catro horas o tempo máximo de asistencia a consulta médica, con penalización do salario correspondente ó tempo que exceda as catro horas, no caso de non presentalo e acompañarase do xustificante médico.

Implántase un sistema de seguimento para o control do absentismo e analiza-las causas que o motivan.

Capítulo V

Prestacións non salariais

Artigo 24º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitará funda ou batas ó seu persoal a razón dunha peza cada ano. O persoal poderá uti

liza-las pezas de roupa de traballo que se lle facilitasen no ano en curso e no anterior.

Todo o persoal é obrigado a utiliza-la roupa de traballo nas instalacións da empresa.

Capítulo VI

Réxime disciplinario

Sección primeiro

Faltas

Artigo 25º.-Leves.

Son faltas leves:

1. Faltar un día ó traballo, sen xustificar.

2. As faltas de puntualidade, sen xustificar, ata tres días nun mes, na asistencia ó traballo, cun atraso superior a cinco minutos e inferior a trinta en horario de entrada.

3. Abandona-lo posto de traballo ou o servicio por breve tempo durante a xornada de traballo, sen autorización.

4. Os pequenos descoidos na realización do traballo e na conservación das máquinas, ferramentas e materiais.

5. A falta de respecto, en materia leve, ós subordinados, compañeiros, mandos e público, así como a discusión con eles.

6. A falta de limpeza e hixiene persoal, así como as dependencias, servicio e útiles da empresa.

7. Non comunicar á empresa os cambios de domicilio ou os datos necesarios para a Seguridade Social e medicina de empresa.

8. Non notificar nun prazo de vintecatro horas os motivos que xustifican a falta ó traballo, a non ser que se probe a imposibilidade de efectualo.

9. Discutir sobre asuntos estraños ó traballo dentro das dependencias da empresa. Se tales discusións producisen escándalo notorio, poderán considerarse como faltas graves ou moi graves.

10. A voluntaria diminución da actividade habitual en ratios de ata un 20% estes casos serán analizados pola comisión paritaria de productividade.

11. O incumprimento das medidas previstas no artigo 29 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, sempre que careza de transcendencia grave para a integridade física o a saúde dos traballadores.

Artigo 26º.-Graves.

Son faltas graves:

1. A dobre comisión de falta leve, dentro do período dun mes, excepto as de puntualidade.

2. A falta de dous días ó traballo inxustificadamente durante o período dun mes.

3. O entorpecemento, a omisión maliciosa e o falseamento dos datos, cuestións e feitos que poidan afectar á Seguridade Social e medicina de empresa.

4. O incumprimento das normas legais xerais, as deste convenio ou do regulamento da empresa en materia de seguridade no traballo. Será falta moi grave canto teña consecuencias nas persoas, máquinas, materiais, inspiracións ou edificios.

5. A inobservancia dos regulamentos e ordes de servicio, así como a desobediencia ós mandos.

6. A voluntaria diminución da actividade habitual en ratios de ata un 30% ou os defectos na calidade fixada polos nosos clientes por neglixencia do traballador, estes casos analizaranse pola comisión de productividade.

7. O emprego de tempo, materiais, máquinas e útiles de traballo en cuestións alleas a este.

8. As inxurias proferidas contra persoas ou institucións de toda índole.

9. A suplantación activa ou pasiva da personalidade.

10.A embriaguez non habitual durante o traballo.

11. O atraso inxustificado na entrega á empresa dos partes de baixa de enfermidade, accidente, conforme o disposto na lexislación aplicable.

12. Non presta-la debida atención ó traballo encomendado, sendo advertido polo seu xefe superior con anterioridade.

13. A reincidencia de faltas, aínda que sexan de distinta natureza, dentro dun trimestre.

14. A ocultación de feitos ou faltas que o traballador presenciara e que ocasionen prexuízo grave, así como non advertir inmediatamente ós seus xefes de calquera anomalía de importancia que observe nas instalacións.

15. O acoso sexual.

16. A voluntaria diminución da actividade habitual en ratios de ata un 30% e a non obtención dos índices de calidade esixidos polos nosos clientes en ratios de ata un 20%, estes casos serán analizados pola comisión paritaria de productividade.

17. O incumprimento das medidas previstas no artigo 29 da Lei 31/95, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, cando tal incumprimento orixine riscos graves para a integridade física ou a saúde dos traballadores.

Artigo 27º.-Moi graves.

Son faltas moi graves:

1. A reiteración de falta grave dentro do período dun mes, sempre que aquela fose sancionada.

2. A falta de seis días ó traballo, durante un período de catro meses sen xustificación.

3. Máis de doce faltas de puntualidade inxustificadas nun período de seis meses, ou de vintecinco nun período dun ano.

4. A falsidade, a deslealdade, a fraude, o abuso de confianza, a competencia ilícita para coa empresa e o furto ou roubo, tanto ós compañeiros de traballo como á empresa ou a terceiros dentro das súas dependencias ou durante o desempeño de traballos ou servicios por conta da empresa.

5. Facer desaparecer, inutilizar sen causar danos ou modificacións maliciosas en primeiras materias, productos, útiles, ferramentas, máquinas, aparellos, instalacións, edificios, aparellos e documentos da empresa.

6. A indisciplina ou desobediencia ó Regulamento de réxime interior da empresa ou ás ordes dos mandos, así como tamén a inducción a esta cando revista especial gravidade.

7. A participación directa ou indirecta na comisión de delicto cualificado como tal no Código Penal.

8. A falsidade nas circunstancias de accidentes de traballo, a simulación de enfermidade ou accidente e a prolongación maliciosa ou finxida na súa curación.

9. A embriaguez habitual durante o traballo.

10. O abandono do traballo en postos de responsabilidade.

11. O abuso de autoridade.

12. A comisión de actos inmorais nos locais e dependencias da empresa, dentro e fóra da xornada de traballo.

13. Tódalas consignadas no artigo 54.2º do Estatuto dos traballadores consideradas como causas xustas de despedimento.

14. Saír con paquetes ou envoltorios do traballo, negándose a dar conta do seu contido cando lle fose solicitado polo persoal encargado desta misión.

15. A voluntaria diminución da actividade habitual en ratios de ata un 40% e a non obtención dos índices de calidade esixidos por nosos clientes en ratios superiores ó 20%, estes casos serán analizados pola comisión paritaria da productividade.

16. O incumprimento das medidas previstas no artigo 29 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, sempre que orixine riscos graves e inminentes para a integridade física ou a saúde dos traballadores.

Sección segunda

Sancións

Artigo 28º

As sancións máximas que poden impoñerse son as seguintes:

Por falta leve: amoestación verbal, amoestación por escrito, suspensión de emprego e soldo ata dous días.

Por falta grave: suspensión de emprego e soldo de tres a quince días.

Por falta moi grave: suspensión de emprego e soldo de quince a sesenta días e despedimento.

Artigo 29º.-Prescrición.

As faltas prescribirán polo transcurso do prazo que, en cada momento, estableza a lexislación aplicable.

Artigo 30º.-Seguridade e hixiene no traballo.

As partes asinantes deste acordo comprométense a desenvolve-las accións e medidas en materia de saúde laboral que sexan necesarias para conseguir unhas condicións de traballo onde a saúde do traballador non se vexa afectada por elas.

Tódalas accións e medidas deberán estar encamiñadas a conseguir unha mellora da calidade de vida e medio ambiente do traballo, desenvolvendo obxectivos de promoción e defensa da saúde, mellorando as condicións de traballo e protección das técnicas preventivas como medio para a eliminación dos riscos na súa orixe.

Obterase da empresa a confección dun plan de prevención en materia de saúde e seguridade. O dito plan recollerá:

a) Mapa de riscos na empresa.

b) Programas de actuación.

c) Técnicas de prevención, vixilancia e control da saúde e especial atención ó tema da toxicidade que leva consigo a utilización de colas ou calquera outra substancia que se produza.

d) Normas de actuación preventiva para cada posto de traballo.

e) Estudio epidemiolóxico.

A todo isto a empresa prestará a colaboración necesaria, e estará obrigada a dar a coñecer ós traballadores ou ós seus representantes legais completa información sobre os riscos ós que o traballador está exposto e as características de seguridade de que está dotada a maquinaria, útiles e local onde traballan.

Artigo 31º.-Comisión paritaria.

Desde a entrada en vigor do presente convenio e durante o seu período de duración, constitúese a comisión paritaria de productividade e competitividade.

A dita comisión paritaria estará constituída por tres representantes dos traballadores e tres representantes da empresa.

Pola parte dos traballadores:

Consuelo Taibo Campo.

Carmen Portela Rodríguez.

Agustín González Fontán.

Pola parte da empresa:

Teodosio Oliveira Rodríguez.

José Antonio Dos Santos García.

Rafael Pérez Castuera.

A comisión paritaria de productividade e competencia entenderá de tódolos asuntos relacionados coa productividade dentro da empresa, da implantación de métodos e tempos e da análise da entrada de novos productos de fabricación.

Reuniranse por instancia de calquera das dúas partes e no caso de non chegar a un acordo sobre a materia obxecto da reunión, someterase á decisión dun técnico na materia designado polas partes conxuntamente.

Disposición derradeira

O no contemplado neste convenio, aplicarase o establecido no Estatuto dos traballadores, a L.O.L.S. e R.D. 1368/1985, do 17 de xullo.

ANEXO I

Categorías profesionais

Categoría 1.-Xerente.

É aquel traballador que desempeña as funcións propias da xestión, dirección e organización dos recursos, humanos e materiais. As súas funcións son as seguintes: supervisión e verificación da presencia dos traballadores, supervisión da producción e establecementos das medidas correctoras, establecementos e verificación dos plans diarios de traballo, control do traballo desenvolvido polos encargados de planta, seguimento e control do cumprimento das normas de funcionamento da planta, relacións externas co provedor e cliente e cos departamentos de producción, loxística, industrialización e calidade cliente, posta en marcha e comprobación da operatividade dos sistemas productivos, seguimento e control dos métodos de traballo establecidos polo provedor e xustificación na implantación dos novos métodos, etc.

Categoría 2.-Técnico de integración laboral.

Aquel traballador que desempeña tarefas relativas á xestión de persoal referentes ó seguimento dos traballadores en aspectos tales como: adecuación do traballador ó posto de traballo, evolución das persoas, seguimento do cumprimento das normas da empresa, xestión de baixas, relación coa mutua de accidentes laborais e cuestións relacionadas coa contratación de persoal, etc.

Categoría 3.-Xefe de quenda.

Aquel traballador que asume a dirección dunha quenda de traballo, motivando e estimulando ós traballadores para consegui-lo desempeño máis eficiente cun esforzo constante e razoable. As funcións que desempeñará son as seguintes: control de persoal no cumprimento de horario, control diario da producción do persoal, cumprimento diario de plans de traballo, supervisión do traballo realizado polos

controladores de calidade, control do almacén de materiais e consumibles, supervisión de entrada e saída de volantes sen forrar e volantes rematados; carga e descarga de mercancía, aprovisionamento de materiais para os postos de traballo, organización do almacén de recepción e expedición de mercancías.

Categoría 4.-Auxiliar administrativo.

No que cos coñecementos xerais de índole administrativa, auxilia nos traballos propios da súa categoría nas seguintes funcións: redacción de correspondencia de trámite, xestión de saídas de material, arquivo de albarás, etc.

Categoría 5.-Xefe de equipo.

Aquel traballador que asume a dirección dun equipo de traballo, motivando e estimulando os traballadores, para consegui-lo desempeño máis eficiente cun esforzo constante e razoable, baixo a supervisión de xefe de quenda.

Categoría 6.-Controlador de calidade.

As súas funcións son as seguintes: control de calidade total de volantes forrados rematados, enfundado e precintado de volantes O.K., embalaxe e asegurado con flexes dos volantes en caixas ou gaiolas paletizadas.

Categoría 7.-Operario cualificado.

Aquel traballador que obtén uns niveis de destreza e cualificación equivalentes ou superiores a 7,5 unidades diarias de forrado de referencia na sección de forrado (volvo coiro) e un rendemento igual ou superior a un na sección de precosido, de maneira continuada durante un período non inferior a 60 días.

Categoría 8.-Operario.

Aquel traballador, que despois de ter superado o período de formación e cunha antigüidade na empresa inferior a 6 meses (período de cualificación) non acada os niveis de destreza e cualificación correspondentes a un operario cualificado.

Sección de forrado

Período de formaciónPeríodo de cualificación operario

1º mes2º mes3º mes4º mes5º mes6º mes7º mes8º mes9º mes10º mes

1,22,83,54,255,76,47,07,57,5

Sección de precosido

Período de formaciónPeríodo de cualificación operario

1º mes2º mes3º mes4º mes5º mes6º mes7º mes8º mes9º mes10º mes

0,160,370,470,560,670,760,850,9311

Táboas salariais 1999

Salario base

Categorías profesionaisMensualAnual

Categoría 1Xerente1183.9282.575.000

Categoría 2Técnico Integr. laboral2183.9282.575.000

Categoría 3Xefe de quenda3133.9001.874.600

Categoría 4Aux. administrativo497.8501.369.900

Categoría 5Xefe de equipo592.7001.297.800

Categoría 6Controlador685.2421.193.400

Categoría 7Operario cualificado777.2501.081.500

Categoría 8Operario871.348998.873

Complementos salariais

Categorías profesionaisCompl.

Asisten.

(1)

Compl. Prod.

(2)

Compl.

Distan.

(3)

Incentivo

(4)

MensualMensualDiarioMensual

Categoría 1Xerente----

Categoría 2Técnico Integr. laboral----

Categoría 3Xefe de quenda--150Anexo II

Categoría 4Aux. administrativo3.210-150-

Categoría 5Xefe de equipo3.210-150Anexo II

Categoría 6Controlador3.2107.747150-

Categoría 7Operario cualificado3.2102.140150Anexo II

Categoría 8Operario3.2102.140150Anexo II

Táboas salariais 2000

Salario base

Categorías profesionaisMensualAnual

Categoría 1Xerente1188.9282.645.000

Categoría 2Técnico Integr. laboral2188.9282.645.000

Categoría 3Xefe de quenda3138.9001.944.600

Categoría 4Aux. administrativo4102.8501.439.900

Categoría 5Xefe de equipo597.7001.367.800

Categoría 6Controlador697.2421.263.400

Categoría 7Operario cualificado782.2501.151.500

Categoría 8Operario876.3481.068.873

Complementos salariais

Categorías profesionaisCompl.

Asisten.

(1)

Compl. Prod.

(2)

Compl.

Distan.

(3)

Incentivo

(4)

MensualMensualDiarioMensual

Categoría 1Xerente----

Categoría 2Técnico Integr. laboral----

Categoría 3Xefe de quenda--160Anexo II

Categoría 4Aux. administrativo3.435-160-

Categoría 5Xefe de equipo3.435-160Anexo II

Categoría 6Controlador3.435-160-

Categoría 7Operario cualificado3.4352.140160Anexo II

Categoría 8Operario3.4352.140160Anexo II

Táboas salariais 2001

Salario base

Categorías profesionaisMensualAnual

Categoría 1Xerente1188.9282.645.000

Categoría 2Técnico Integr. laboral2188.9282.645.000

Categoría 3Xefe de quenda3138.9001.944.600

Categoría 4Aux. administrativo4102.8501.439.900

Categoría 5Xefe de equipo597.7001.367.800

Categoría 6Controlador697.7001.263.400

Categoría 7Operario cualificado782.2501.151.500

Categoría 8Operario876.3481.068.873

Estas constías veranse incrementadas no IPC+1%

Complementos salariais

Categorías profesionaisCompl.

Asisten.

(1)

Compl. Prod.

(2)

Compl. Distan.

(3)

Incentivo

(4)

MensualMensualDiarioMensual

Categoría 1Xerente----

Categoría 2Técnico Integr. laboral----

Categoría 3Xefe de quenda--175Anexo II

Categoría 4Aux. administrativo3.675-175-

Categoría 5Xefe de equipo3.675-175Anexo II

Categoría 6Controlador3.675-175-

Categoría 7Operario cualificado3.6752.140 +

(IPC+1%)

175Anexo II

Categoría 8Operario3.6752.140 +

(IPC+1%)

175Anexo II

ANEXO II

IncentivosAno 1999Ano 2000Ano 2001

Por cada unidade de producción superior a 7.5 unidades/día do volante de referencia na sección de forrado e un rendemento superior a un na sección de precosido.315 ptas./hora325 ptas./hora340 ptas./hora

Cando a media mensual iguale ou supere as 10 unidades/día do volante de referencia na sección de forrado e un rendemento igual ou superior a 1,33 na sección de precosido.850 ptas./mes850 ptas./mes850 +

(IPC+1%)

ptas./mes

Os xefes de equipo e os xefes de quenda percibirán estes incentivos en función da media do equipo e da quenda, obtido durante o mes correspondente.