Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.002

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio de materiais de construcción e saneamento.

Visto o texto da revisión salarial do convenio colectivo para o sector do comercio de materiais de construcción e saneamento (código 2700175), da provincia de Lugo, asinado o día 11 de abril de 2000, pola representación da patronal (APEC) e das centrais sindicais MCA-UGT, FECOMA-CC.OO. e USO, e de conformidade co disposto no artigo 90 puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da citada revisión salarial no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da mencionada revisión salarial á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 11 de maio de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Asistentes:

Representación sindical:

Por MCA-UGT:

Adolfo Mosteirín Turia.

Plácido Regueiro Gorgoso.

Pedro González Sordo.

José Luis Docampo Fortes.

José Luis Combarro Infarte.

Carlos García Vázquez.

Por FECOMA-CC.OO.:

Ángel Barreiro Pérez.

Jesús Varela Lodeiro.

Ramiro López Peruga.

Manuel Valín Ceide.

Javier Enríquez Simón.

Por USO:

María del Carmen Arias Río.

Manuel Expósito López.

Representación patronal (APEC):

Hipólito Trinidad Losada.

Miguel Varela Varela.

Ricardo Castro López.

José Juan Meijide Calvo.

Silviano Pizarro Gómez.

Manuel Pereira López.

Asesora:

Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo, o 11 de abril de 2000, reúnense os representantes das centrais sindicais e de APEC que á marxe se relacionan, integrantes da comisión deliberadora do convenio colectivo provincial de comercio e materiais de construcción e saneamento, co obxecto da adaptación das táboas salariais do convenio con aplicación do 2,45% sobre as táboas salariais actualizadas o 31 de decembro de 1999 do anexo I do convenio, en cumprimento do disposto no artigo 8, parágrafo 1, do convenio vixente, acordan:

1. Aproba-las táboas que se xuntan como anexo I, co obxecto da súa aplicación no ano 2000 e publicación no BOP e Diario Oficial de Galicia.

2. Autorizar expresamente a asesora da comisión negociadora Pilar Díaz Rodríguez para que se dirixa

á delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para os efectos de proceder á tramitación, depósito e publicación.

E en proba de conformidade asinan esta acta os integrantes da comisión mixta deliberadora, no lugar e na data expresados no encabezamento.

ANEXO I

Convenio provincial do comercio de materiais de construcción e saneamento de Lugo

Táboa de retribucións

Vixencia do 1-1-2000 ó 31-12-2000

NiveisCategoríaMensualAnualTotal

anual

Valor

hora

Extraord.

Salario baseComplementos

Asit./Produc.

puntualidade

Complemento

extrasalarial

TotalVacaciónsGratificacións

XulloNadal

IITitulado superior95.44530.30312.730138.478125.588151.836151.8361.952.5121.271

IIITitulado medio. Xefe Admvo. 1ª, xefe Secc. Org. 1ª95.33930.30312.730138.372125.588151.807151.8071.951.2921.165

IVXefe de persoal, Axte. de obra, encargado Xral. de fábrica, encargado xeral95.13130.30312.730138.164125.588151.750151.7501.948.8891.070

VXefe administrativo de 2ª, delineante superior, encargado xeral de obra, xefes de sección de organización científica do traballo de 2ª, xefe de compras88.52629.00612.011129.543118.405142.750142.7501.828.8791.006

VIOfic. Admvo. de 1ª, delineante de 1ª, xefe ou encargado de taller, encargado de sección de laboratorio, escultor de pedra e mármore, práctico de topografía de 1ª, técnico de organización, encargado de obra82.07426.73810.760119.572116.311138.881138.8811.709.367996

VIIDelineante de 2ª, técnico de organización de 2ª, práctico de topografía de 2ª, analista de 1ª, viaxante, especialista de oficio, capataz82.07421.75910.146113.979112.127134.697134.6971.635.292954

VIIIOficial Admvo. 2ª, corredor de praza, inspector de control, sinalización e servicios, analista de 2ª, oficial 1ª de oficio82.07420.3919.929112.394111.592134.163134.1631.616.250943

IXAuxiliar Admvo., Axte. topográfico, Aux. Organiz., vendedor, conserxe, oficial 2ª de oficio82.07410.7958.776101.645107.851130.421130.4211.486.791879

XAuxiliar de laboratorio, vixilante, almaceneiro, enfermeiro, cobrador, garda xurado, especialista de 1ª, axudante de oficio82.07410.0608.630100.764107.275129.845129.8451.475.370874

XIEspecialista de 2ª, peón especial82.0749.8448.561100.478107.104129.675129.6751.471.714872

XIILimpadora, peón ordinario82.0163.3677.80293.185104.953127.507127.5071.385.003821