Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.002

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2000 pola que se inscribe á asociación cultural Amigos da Vía da Plata de Ourense no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola asociación cultural Amigos da Vía da Plata de Ourense, con data do 10 de abril de 2000.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artígo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a asociación cultural Amigos da Vía da Plata de Ourense quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 117.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2000.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243

del 17 de diciembre)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo