Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 19 de maio de 2000 pola que se aproba o cambio de dominio das bateas Casal III, Paco I, Rías III e Sofi I.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión dos viveiros Casal III, Paco I, Rías III e Sofi I, e da concesión administrativa que os amparan, resulta:

a) Antecendentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito de data 15-02-2000, Jaime Rodríguez Muñiz no nome e representación de Jaime Rodríguez Muñiz solicitou autorización para a transmisión da concesión dos viveiros Casal III, Paco I, Rías III e Sofi I.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características do viveiro e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, por proposta de resolución elaborada polo servicio de recursos mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte resolución:

Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Mejilloneras Muñiz, S.L. (DNI/NIF B-36.351.138), da

concesión administrativa dos viveiros que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Casal III.

Localización:

Portonovo A 48.

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 23-4-1964 (BOE/DOG nº 120 do 23).

Remate vixencia: 19-5-2004.

Actual titular: Jaime Rodríguez Muñiz (DNI/NIF 35.250.229-S ) e Mª del Carmen Rodríguez Portela (DNI 35.282.290-Z).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Paco I.

Localización:

Portonovo B 32.

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 3-2-1955 (BOE/DOG nº 47 do 3).

Remate vixencia: 16-3-2005.

Actual titular: Jaime Rodríguez Muñiz (DNI/NIF 35.250.229-S) e Mª del Carmen Rodríguez Portela (DNI 35.282.290-Z).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Rías III.

Localización:

Portonovo A 17.

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 14-12-1956 (BOE/DOG nº 48 do 17-2-1957).

Remate vixencia: 17-2-2002.

Actual titular: Mª del Carmen Rodríguez Portela (DNI 35.282.290-Z).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Sofi I.

Localización:

Portonovo B 20.

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 19-6-1974 (BOE/DOG nº 194 do 19).

Remate vixencia: 14-8-2004.

Actual titular: Jaime Rodríguez Muñiz (DNI/NIF 35.250.229-S ) e Mª del Carmen Rodríguez Portela (DNI 35.282.290-Z).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial

de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen achega-la documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, previa comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 19 de maio de 2000.

(P.D. 14-6-1999, DOG nº 120 do 24)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo