Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 11 de maio de 2000 pola que se aproba o cambio de dominio das bateas Arroás número 2, Moaña número 2 e Rouco Ríos número 4.

Vistos os expedientes instruídos para efectos de transmisión das bateas Arroás nº 2, Moaña nº 2 e Rouco Ríos nº 4, e das concesións administrativas que os amparan, resulta:

a) Antecendentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito de data 3-2-2000, Mariscos Antepazo, S.L. solicitou autorización para transmisión das concesións das bateas Arroás nº 2, Moaña nº 2 e Rouco Ríos nº 4.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo servicio de recursos mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte resolución:

Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Mª Jesús Miranda Álvarez (DNI 35.296.062-D), da concesión administrativa da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Arroás nº 2.

Localización:

Lugar: Cangas D, cuadrícula 38.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 2-4-1958 (BOE nº 96).

Remate da vixencia: 22-4-2003.

Actual titular: Mariscos Antepazo, S.L. (CIF B-36.033.074).

Novo titular: Mª Jesús Miranda Álvarez (DNI 35.296.062-D).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Moaña nº 2.

Localización:

Lugar: Cangas C, cuadrícula 13.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 29-9-1967 (BOE nº 244).

Remate da vixencia: 12-10-2007.

Actual titular: Mariscos Antepazo, S.L. (CIF B-36.033.074).

Novo titular: Mª Jesús Miranda Álvarez (DNI 35.296.062-D).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Rouco Ríos nº 4.

Localización:

Lugar: Cangas G, cuadrícula 16.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 23-4-1964 (BOE nº 244).

Remate da vixencia: 27-5-2004.

Actual titular: Mariscos Antepazo, S.L. (CIF B-36.033.074).

Novo titular: Mª Jesús Miranda Álvarez (DNI 35.296.062-D).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen achega-la documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13

de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 11 de maio de 2000.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo