Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada nos expedientes sancionadores de caza 99/0035 e 99/0041.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción administrativa da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, (DOG nº 133, do 11 de xullo), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial desta consellería na Coruña, para a resolución dos procedementos.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da postestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 24 de maio de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente caza: 99/0035.

Denunciado: García Montero, Miguel.

DNI: 32.612.638-H.

Último enderezo coñecido: vivendas Sta. Mariña-Sta. Cecilia, 5º B, Narón (A Coruña).

Infracción: transitar cun can sen a debida dilixencia para evitarlle molestias ás pezas de caza.

Tipificación: artigo 57.11º da Lei de caza de Galicia. Leve.

Sanción proposta: 25.000 pesetas.

Expediente caza: 99/0041.

Denunciado: López Vieites, Luciano.

DNI: 32.426.014.

Último enderezo coñecido: Urb. Ponte da Pedra, 4, A Coruña.

Infracción: incumpri-las normas que regulan o adestramento de cans.

Tipificación: artigo 57.13º da Lei de caza de Galicia. Leve.

Sanción proposta: 25.000 pesetas.