Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a publicación do acordo de apertura e prego de cargos formulado no expediente sancionador C-26/2000, incoado ó abeiro da Lei 14/1985.

Nesta delegación provincial séguese expediente sancionador número C-26/2000 contra a empresa Jufer Pin's, S.L. CIF B-24.364.671 (Rpte. Juan Enrique Fernández Pedrera Correa, DNI: 46.124.159), por presunta infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, no que se resolveu, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publica-lo acordo de iniciación e o prego de cargos, por ser descoñecido o domicilio para practica-la notificación.

Acordo de apertura.

O director xeral de Interior, por delegación do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais adoptou o seguinte acordo de apertura:

1. Proceder ó arquivo do expediente sancionador C-33/1999.

2. Reabri-lo expediente, incoando o novo expediente sancionador, de acordo co establecido na Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar contra a empresa Jufer Pin's, S.L.

3. Nomear instructora e secretario dos procedementos respectivamente a María Silva Costoya e José María Díaz Barús.

4. Confirma-las medidas provisionais de precintamento e comiso das máquinas.

Pregos de cargos.

1. Te-la empresa Jufer Pin's, S.L. instalada unha máquina tipo «B» chamada Mini Tómbola de Reloxos sen placas nin autorizacións no establecemento que se relaciona:

Nº expediente: C-26/2000.

Establecementos: Bar Bellón.

Enderezo: r/ Avda. do Xeneralísimo nº 27, Cedeira.

2. Tales feitos poderían constituír unha infracción moi grave tipificada no artigo 28 e seguintes da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, modificada pola Lei 7/1991, do 19 de xuño, de tributación sobre o xogo.

3. De considerarse como moi grave corresponderíalle segundo o artigo 31 da Lei 14/1985, do 23

de outubro, unha multa de 1.000.001 ata 2.000.000 de pesetas que se poderá elevar ata 10.000.000 de ptas. no caso de reincidencia.

De conformidade co artigo 32.2º da Lei 14/1985, as sancións por infraccións moi graves serán impostas polo Consello da Xunta, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

O que se lle notifica de acordo co disposto no artigo 7 da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar, dispoñendo o interesado dun prazo de oito días hábiles a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que alegue e presente a documentación que coide pertinente na súa defensa, así como solicitar que se reciba a proba de que intente valerse. E de conformidade co artigo 13.1º c) do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, poderá recusa-la instructora e secretaria do procedemento, segundo o recollido no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Segundo sinala o artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, no suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

En cumprimento do disposto no artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o prazo para resolver e notifica-lo procedemento é de 6 meses, contado desde o acordo de apertura, de conformidade co artigo 20.6º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto; e no suposto do vencemento do prazo sen se ter dictado resolución producirase a caducidade do procedemento co arquivo das actuacións.

A Coruña, 8 de xuño de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña