Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación dos estatutos da Asociación de Empresarios de Redondela.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na sección de mediación, arbitraxe e conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta pola que se modifican os estatutos da Asociación de Empresarios de Redondela, e mailos novos estatutos, consistindo a dita modificación no cambio dos artigos 1, 3, 4, 5, 9, 13, 15, 21, 23, 26, 27, 29 ó 42, inclusive, así como as disposicións derradeiras no 1º e 3º punto, engadíndose os artigos 43 ó 47, e abranguendo os seguintes ámbitos.

Territorial: local.

Profesional: empresarios do comercio de Redondela.

Asinan a acta de constitución: Juan Rodríguez Rivas e outros.

Os estatutos depositados, poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 1 de xuño de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra