Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2000 sobre concesión do título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista a Viaxata Tours, S.L., co número XG-186 e casa central na rúa Santiago de Chile, 30, de Santiago de Compostela.

Examinado o expediente instruído por instancia de Josefa E. Rivadulla Montaña, na súa calidade de representante legal da entidade mercantil Viaxata Tours, S.L., en solicitude de concesión do oportuno título-licencia da axencia de viaxes do grupo retallista,

Resultando que coa referida solicitude se achegou toda a documentación que se indica no artigo 4 e seguintes do Regulamento das axencias de viaxes aprobado polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño,

Considerando que na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño, para a obtención do título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista,

Considerando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente,

Vistos a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998 da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Conceder título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista, co nº XG-186, á Viaxata Tours, S.L., con casa central en Santiago de Compostela, na rúa Santiago de Chile, 30, da que é titular a entidade mercantil Viaxata Tours, S.L., que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta resolución no DOG, con suxeición ó

preceptuado no Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación de presente resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo