Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.796

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (207/1999).

Eu, Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño:

Que no xuízo verbal de faltas que baixo o número 207/1999 se seguen neste xulgado, por lesións, recaeu sentencia, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2000.

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os autos de xuízo verbal de faltas nº 207/1999, seguidos neste xulgado sobre lesións, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal en representación da acción pública, como denunciante, Mª Pousa Pose e, como denunciado, Samuel Iglesias Rubianes.

Decido que debo condenar e condeno a Samuel Iglesias Rubianes, como autor dunha falta de lesións, á pena de multa dun mes, fixando o importe da cota diaria da pena e multa na contía de duascentas pesetas, e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, así como ó pagamento das custas procesuais.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia á denunciante María Pousa Pose, actualmente en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino

este edicto en Santiago de Compostela, o vintecinco de maio de dous mil.

A secretaria xudicial

Rubricado