Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.795

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (124/1999).

Que, neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Noia (A Coruña) se seguen autos de menor contía nº 124/1999, por instancia da comunidade de montes en man común de Baroña contra a comunidade de montes en man común de

Noal e persoas descoñecidas e incertas que poidan ter interese no preito, cun encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Auto.

En Noia, vintedous de decembro de mil novecentos noventa e nove.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Nestes autos 124/1999, por instancia da comunidade de montes da parroquia de Baroña, deduciuse demanda de declarativo menor contía contra a comunidade de montes da parroquia de Noal e persoas descoñecidas e incertas e, realizada a comparecencia que preveñen os artigos 691 e seguintes da LAC na que, logo da notificación da demanda e contestación respectivas, a parte demandante presente escrito contestando as excepcións formuladas pola demandada comunidade de montes de Noal, e solicitando que se resolva sobre elas, acordándose trae-los autos á vista para resolver.

Parte dispositiva.

Dispoño: acórdase non estima-las excepcións alegadas pola demandada, e recibi-lo preito a proba, previndo as partes para que, no prazo de oito días, propoña cada unha todo o que lle interese.

Así o acorda, manda e asina María Elvira Gutiérrez Fernández, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia.

E para que conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e para que lles sirva de notificación ás persoas descoñecidas e incertas que teñan interese neste preito, expido e asino este edicto en Noia o vinteoito de abril de dous mil, dou fe.

A secretaria

Rubricado