Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.796

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (150/2000-3).

Eu, Ángel Javier Martín Sánchez, secretario xudicial do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, fai saber:

Que en virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de procedemento abreviado número 150/2000-3, notifícaselle a Juan Jesús Couselo Cortés, a providencia de emenda de omisión de comparecencia dictada neles, co teor literal seguinte:

«Providencia maxistrado xuíz Ramírez Sineiro.

A Coruña, 26 de maio de 2000.

Pola que S.Sª, tendo en conta do contido dos autos número 150/2000-3 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, e sen prexuízo da conservación, de se-lo caso, do correspondente prazo interpositorio desta vía xurisdiccional contencioso-administrativa, antes de admitir este recurso a trámite, acórdase requiri-la parte demandante mediante a notificación desta providencia, co fin de que no improrrogable prazo de dez días formalice aquela comparecencia desde logo omitida e ó respecto prescrita polo imperativo teor do artigo 45.3º ab initio da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, con expresa advertencia de arquivo das actuacións.

Notifíqueselle este proveído a aquela parte promovente comparecida para o efecto e signifíqueselle o dereito que o asiste de interpor eventual recurso de súplica no prazo de cinco días, contados a partir do día seguinte ó da súa correspondente notificación, ante este mesmo órgano xurisdiccional unipersoal a quo residenciado nesta capital.

Mándao e asínao S.Sª do que, como titular da súa secretaría, dou fe.

Dilixencia. A seguir dáse cumprimento do anteriormente acordado, do que, como titular da secretaría, dou fe. Lugar e data. ut supra».

E para que lle sirva de notificación ó demandado, Juan Jesús Couselo Cortés, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Na Coruña, 26 de maio de 2000.

Ángel Javier Martín Sánchez

Secretario