Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2000 pola que se anuncia a licitación do concurso para a concesión da instalación para subministración de carburantes no Centro de Transportes de Mercadorías de Lalín (Pontevedra), polo procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concesión da instalación para subministración de carburantes no Centro de Transportes de Mercadorías de Lalín (Pontevedra).

b) Indicar se a execución do contrato comprende a execución de obras: si.

3. Tramitación, procedemento, e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación. Importe total, o orzamento estimativo de execución das obras e instalacións é de 45.000.000 de ptas. (270.455,446 euros). O proxecto e execución das obras e instalacións realizarase conforme o prego de cláusulas administrativas particulares, o prego de cláusulas de explotación, e o prego de prescricións técnicas particulares.

Canon mínimo que hai que pagar á Administración: 500.000 pesetas/ano, (3.005,060 euros).

5. Garantías.

Provisional: 1.300.000 pesetas, (7.813,157 euros).

Definitiva: 2.600.000 pesetas, (15.626,314 euros).

6. Obtención de documentación e información.

O prego de prescricións técnicas particulares, o prego de cláusulas de explotación e os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen o concurso, poderán recollerse en:

a) Entidad: nas delegacións provinciais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

No Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra.

Na Dirección Xeral de Transportes.

b) Enderezo: praza de Europa, 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15707.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminarase ás catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que integrará as ofertas: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse polo correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Domicilio: c/ San Caetano, s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15071.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Transportes.

b) Domicilio: praza de Europa, 5-A (2º andar).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte á data de terminación do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes e o seguinte lema: «Proposición que presenta..........para optar ó concurso de concesión da instalación para a subministración de carburante no Centro de Transportes de Mercadorías de Lalín (Pontevedra)».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 25-10-1983, DOG do 14 de decembro)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes