Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 21 de xuño de 2000 Páx. 9.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (12/1999).

A Comisión de Goberno Municipal, en sesión do día 12 de maio de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente as bases e estatutos presentados pola Comisión Xestora do polígono Pol 4 do Plan Especial de Reforma Interior da cidade vella e pescadería do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente coas modificacións nos estatutos e bases que se sinalan a continuación:

Bases:

Base 1ª, suprímese o punto D).

Base 3ª, I) B): cando tales dereitos resultaren incompatibles coa execución do planeamento, a súa extinción producirase por virtude do acordo aprobatorio do proxecto de compensación.

Neste suposto a súa taxación efectuarase no propio proxecto de compensación, satisfacéndose o seu importe ós titulares interesados segundo proceda, con cargo ó proxecto, en concepto de gastos de urbanización nos casos de extinción de arrendamento e servidumes prediais, ou con cargo ó propietario a quen afecte, no caso de cargas imputables unicamente ó mesmo.

Base 3ª, II) H): suprimi-la letra H) da base 3ª, así como tódalas referencias que fagan as bases e estatutos ó dereito de tanteo e retracto.

Base 3ª, punto III: as indemnizacións a favor dos arrendatarios rústicos e urbanos fixaranse de acordo co previsto na Lei de expropiación forzosa, lexislación de arrendamentos, artigo 137 do Regulamento de xestión urbanística, criterios dos xurados provinciais de expropiación avalados pola xurisprudencia do Tribunal Supremo e mais concretamente en arrendamentos urbanos terase en conta: a) dificultade de substitución do arrendamento en condicións análogas e especialmente a derivada da diferencia de rendas, b) gastos de traslado, c) valor das melloras realizadas no inmoble cando a súa percepción corresponda ó arrendatario.

Base 5ª, E): suprímese.

Base 7ª, 2: modifícase o termo promotores da xunta polo de membros da xunta.

Base 8ª: expropiación ou ocupación de terreos. a) Sen prexuízo da expropiación ou ocupación directa (artigo 134.1º da Lei do solo de Galicia) dos predios pertencentes a propietarios non incorporados en tempo e forma hábiles á xunta de compensación, procederá tamén á expropiación dos membros da xunta nos supostos de incumprimento de obrigas que a continuación se indican:...

Base 11ª: a) Cando a contía dos dereitos dos propietarios non alcance a parcela mínima fixada no estudio de detalle, a adxudicación poderá substi

tuírse por unha indemnización en metálico que fixará o Consello Rector, en relación coa base 7ª, punto 5.

Base 14ª: suprímese.

Base 15ª: suprímese.

Estatutos:

Artigo 4.3º: solicitar do órgano actuante a expropiación forzosa ou ocupación directa, en beneficio da xunta de compensación respecto ós propietarios que non se incorporen a esta.

Artigo 14: parágrafo 13: suprímese.

Artigo 34, punto 9: a notificar á xunta as transmisións por calquera título dos seus terreos, con indicación do adquirente e dos terreos cedidos.

Artigo 37, parágrafo 2º: sen prexuízo da compensación ou pagamento de indemnizacións que poidan ser procedentes con carácter individual, o importe total da achega acordada distribuirase entre os membros con carácter proporcional en relación coa cota de participación de cada membro.

Artigo 40, 2º: suprímese.

Segundo.-Designar como representante municipal no órgano rector da xunta a Carlos Hernández López.

Terceiro.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, así como a publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se xunta, facultando a comisión xestora e no seu nome a Manuel Dopazo Carreira como presidente desta, para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

Cuarto.-Suspende-lo procedemento nesta fase ata que non se aprobe o planeamento en trámite, data na que se requirirán os propietarios do polígono para que se incorporen á xunta de compensación concedéndolles prazo para o efecto.

Quinto.-Requiri-la comisión xestora, e no seu nome a Manuel Dopazo Carreira para que ingrese na caixa municipal, en concepto de depósito previo correspondente á liquidación da taxa pola tramitación do expediente, a cantidade de cento trinta mil trescentas dezasete (130.317) pesetas, advertíndoa de que sen a xustificación de ingresa-la devandita cantidade non se poderá aproba-lo proxecto de compensación».

O que se publica para xeral coñecemento indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa publicación. Non obstante pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía-Presidencia no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e noutro caso no de seis meses contados da desestimación

presunta do recurso de reposición, isto é a partir do mes de interpoñelo.

A Coruña, 18 de maio de 2000.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda