Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 21 de xuño de 2000 Páx. 9.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión do 9 de xuño de 2000, acordou a revogación do acto de aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal que tivera lugar en sesión plenaria do 27 de xaneiro de 2000.

O que se somete a xeral coñecemento para a súa executividade.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición perante o pleno municipal, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto. Contra resolución do recurso potestativo de reposición poderase interpoñer recurso contencioso-adminitrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, se é no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ó da notificación da resolución expresa do nomeado recurso. Se a resolución non fora expresa, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo será de seis meses contado a partir do día seguinte ó que se produza a desestimación por silencio administrativo.

Non obstante, poderase interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo citado ante o órgano competente da orde xurisdiccional contencioso-administrativa, sen necesidade de interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto. E, todo isto, sen prexuízo de que se poida exercitar calquera outro recurso que se estime procedente.

A Estrada, 12 de xuño de 2000.

O alcalde

Rubricado