Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 21 de xuño de 2000 Páx. 9.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

BASES do XVI concurso internacional de piano Ciudad de Ferrol.

1. O Concello de Ferrol (Galicia-España), organiza o 16º Concurso Internacional de Piano, Ciudad de Ferrol os días 18, 19, 20, 21, 22 e 23 de xullo de 2000, incluído na programación do 9º Festival de Música de Ferrol.

2. Poderán participar neste concurso pianistas de calquera nacionalidade, agás os que teñan cumpri

dos os 30 anos o día 17 de xullo ou obtivesen o primeiro premio en anos anteriores.

3. O prazo de admisión de solicitudes finalizará o día 10 de xullo de 2000. As solicitudes enviaranse a:

Concello de Ferrol, Concurso Internacional de Piano-Ciudad de Ferrol (Concellería de Cultura). Praza de Armas, s/n, 15402 Ferrol (Galicia-España), teléfono 981 33 67 30; 981 33 67 25, fax 981 33 67 56.

Para máis información no correo electrónico: (E-Mail); culutra*ferrol-concello.es e a través de Internet: páxina web Concello. (www.ferrol-concello.es).

O concursante deberá aboar 5.000 pesetas por dereitos de inscrición á conta corrente do concello en Caixa Galicia número 2091-0200-07-311-0000297.

4. O boletín de inscrición pode ser substituído por carte asinada polo interesado, na que faga constar:

a) Nome, apelidos, idade, residencia e nacionalidade.

b) Centro ou centros nos que cursou os estudios, premios acadados nas súas actividades musicais e un breve currículo da súa vida musical.

c) Títulos e autores das obras elixidas.

d) Que coñece as bases deste concurso, está conforme con elas e acepta as decisións do xurado.

e) Acredita-lo pagamento dos dereitos de inscrición.

5. O concurso constará de tres probas: eliminatoria, semifinal e a final coa Orquesta Real Filharmonía de Galicia.

6. Tódalas probas se interpretarán de memoria.

7. Antes de tomar parte no concurso, os intérpretes presentarán un documento oficial (documento nacional de indentidade, pasaporte ou similar) que garanta a súa identidade.

8. As probas darán comezo o día 18 de xullo de 2000 e rematarán o 23, no que se fará pública a decisión do xurado, entregándose o importe dos premios e un diploma acreditativo dos premios obtidos.

9. A decisión do xurado será inapelable.

10. Os concursantes presentaranse ata as 21 horas do día 17 de xullo no Centro Cultural Torrente Ballester, r/ Concepción Arenal s/n (teléfono 981 35 90 00) para coñece-la orde de participación. A proba eliminatoria comezará ás 10 horas do día 18 de xullo.

11. A orde de actuación dos pianistas será establecida pola Comisión Organizadora mediante sorteo.

12. Os concursantes non poderán repetir ningunha obra ó longo das probas.

13. Os premios, suxeitos -se procedeás retencións legalmente establecidas, serán os seguintes:

1º premio Cidade de Ferrol.

-1.300.000 pesetas (impostos incluídos).

-Dous concertos coa Orquestra Real Filharmonía de Galicia.

-Un recital patrocinado pola Sociedad Filarmónica de Ferrol.

-Un recital patrocinado pola Sociedad Filarmónica de A Coruña.

-Unha bolsa de estudios para o Curso Música en Compostela.

2º premio J. Arriola.

-650.000 pesetas (impostos incluídos).

-Catro recitais na rede galega de teatros e auditorios patrocinados polo IGAEM.

-Unha bolsa de estudios para o curso Música en Compostela.

3º premio Xoán Viaño.

-300.000 pesetas (impostos incluídos).

-Dous recitais na rede galega de teatros e auditorios patrocinados polo IGAEM.

-Un bolsa de estudios para o curso Música en Compostela.

Premio Gregorio Baudot.

-300.000 pesetas (impostos incluídos) ó mellor intérprete español que participase na semifinal.

Premio Fundación Hazen.

-300.000 pesetas (impostos incluídos) ó mellor intérprete de música española.

Premio especial do público.

O Concello de Ferrol ofrécelle unha peza de ourivería ó gañador do premio designado polo público mediante votación.

14. O presidente do concurso queda facultado para a adaptación destas bases ás necesidades de organización, sen que en ningún caso, tales adaptacións poidan supoñer unha modificación substancial do seu contido.

Obras.

Eliminatoria.

1. Un preludio e fuga do «Clavecín ben temperado». J.S. Bach.

2. Un estudio: Chopin ou Liszt.

3. Un estudio: Scriabin.

4. Un estudio a elixir de: Debussy, Rachmmaninov ou Scriabin, Bartok, Stravinsky.

Semifinal.

Un recital dun máximo de 45 minutos que incluirá obrigatoriamente:

a) Unha obra clásica ou romántica de importancia musical e pianística.

b) Unha obra española.

c) Unha obra de libre elección do século XX (se é contemporánea o concursante deberá entrega-la partitura).

Final.

Un concerto para piano e orquestra a elixir entre os de:

Hayden.

Mozart.

Beethoven.

Schumann.

Chopin.

Brahms.

15. O comité organizador será presidido polo alcalde do Concello de Ferrol ou concelleiro en quen delegue e por personalidades de recoñecido prestixio no mundo das artes musicais escollidos pola Comisión de Cultura do Concello de Ferrol por proposta do seu presidente.

Pazo Municipal, 5 de xuño de 2000.

O alcalde

Rubricado