Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 21 de xuño de 2000 Páx. 9.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRO DE REI

ANUNCIO de contratación.

Acordo da Comisión de Goberno do 1 de xuño de 2000 polo que se anuncia concurso en procedemento aberto e polo trámite de urxencia para a contratación das seguintes obras:

1. Pavimentación, beirarrúas e servicios en avenida Outeiro de Rei. Castro de Ribeiras de Lea.

2. Abastecemento de auga en Castro de Ribeiras de Lea. Rede de distribución e reforzamento da dotación ó parque empresarial.

Tipo de licitación IVE incluído:

a) Para a primeira obra: 4.000.000 de pesetas.

b) Para a segunda obra: 14.840.000 de pesetas.

Fianzas: definitiva, que terá que constituí-lo adxudicatario igual ó 4% do importe da adxudicación. Poderá constituírse en calquera das formas admitidas na actual normtiva de contratación.

Plicas: durante os 13 días naturais a partir do último anuncio no BOP de Lugo ou no DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado o prazo finalizará o primeiro hábil seguinte.

Apertura de plicas: terá lugar na casa do concello ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).

Información e obtención de documentación: o modelo de proposición e información sobre a documentación a presentar, así como copia do prego de cláusulas administrativas particulares, poderá obterse nas oficinas municipais do Concello de Castro de Rei, das 9 ás 14 horas. Teléfono: 982 31 40 34 e telefax: 982 31 40 61.

As características peculiares e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Castro de Rei, 2 de xuño de 2000.

Arturo Pereiro Vilariño

Alcalde