Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 21 de xuño de 2000 Páx. 9.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión ordinaria celebrada o día 18 de abril de 2000, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle das NN.SS. de planeamento vixentes en Arteixo, contendo proposta para ordenar volumes e reaxustar aliñacións e rasantes da UA-7 das NN.SS. do planeamento no lugar das Viñas-Arteixo, promovido por Ana Pardo López e outros e redactado polo arquitecto José María Dopico Suárez, que queda sometido a información pública por prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da aparición do presente anuncio, durante ese prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na avenida do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que estimen convenientes. (Expediente 5/00 PED).

Do mesmo xeito, e en virtude do artigo 34 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, queda suspendido o outorgamento de licencias de edificación, parcela

ción e demolición no ámbito territorial comprendido no trazado de aliñacións a que afecta o estudio de detalle ata a aproción definitiva del.

Arteixo, 15 de maio de 2000.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde