Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 15 de xuño de 2000 Páx. 9.194

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 31 de maio de 2000 pola que se dispón o cesamento do vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da Mariña Mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado, situadas no seu territorio.

Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e do 26 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o exercicio das devanditas competencias.

Consonte o previsto no artigo 40, da Lei de portos do Estado e da Mariña Mercante, e segundo a súa redacción aprobada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, disponse que a sepración dos vocais do Consello de Administración será acordada polo órgano competente da Comunidade Autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades a que aqueles representen, polo que, conforme a proposta do presidente do ente público Portos do Estado,

DISPOÑO:

Artigo único.-Cesar a Antonio Vázquez-Guillén Fernández de la Riva como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa en representación da Administración xeral do Estado, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2000.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda