Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 15 de xuño de 2000 Páx. 9.195

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 31 de maio de 2000 pola que se dispón o nomeamento dun vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da Mariña Mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado, situadas no seu territorio.

Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e do 26 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Consonte o previsto no artigo 40, da Lei de portos do Estado e da Mariña Mercante, e segundo a súa redacción aprobada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, nos consellos de administración das autoridades portuarias, a Administración xeral do Estado estará representada, ademais de polo capitán marítimo, que é membro nato, por catro vocais, un deles será un avogado do Estado. A proposta será realizada polo presidente do ente público Portos do Estado, polo que, recibida a proposta do presidente do ente público Portos do Estado,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear a Juan José Vázquez Seijas como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, en representación da Administración xeral do Estado.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2000.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda