Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 15 de xuño de 2000 Páx. 9.195

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 14 de xuño de 2000 pola que se dictan normas para garanti-los servicios esenciais durante a folga xeral convocada para o día 15 de xuño de 2000, na provincia de Pontevedra.

O exercicio do dereito de folga queda condicionado ó mantemento dos servicio esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20).

O artigo 3 do devandito decreto faculta os conselleiros competentes por razón dos servicios esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, determinen o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, e o persoal preciso para prestalos.

O Sindicato de Administración Pública da Confederación Xeral do Traballo (CGT), de Pontevedra, en escrito de data 5 de xuño de 2000, comunica a convocatoria de folga xeral en tódolos centros de traballo dependentes da Administración xeral do Estado e da Administración da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra. A folga está convocada para o vindeiro día 15 de xuño do ano 2000, para tódolos traballadores que presten servicios no ámbito territorial da provincia de Pontevedra, dando comezo ás 12 horas, ata as 15 horas do mesmo día, con excepción da cidade de Vigo, onde a folga comezará ás 13 horas do día 15 e finalizará ás 15 horas do mesmo día 15 de xuño.

Ante o carácter de folga xeral, semella o máis axeitado regula-los servicios mínimos mediante unha única norma de aplicabilidade a tódolos centros, dependencias e servicios en xeral sobre os que pode ter incidencia esta convocatoria.

A necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servicios esenciais obriga a Administración autonómica, de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servicios mínimos indispensables para o funcionamento dos servicios esenciais que se concretan e xustifican na presente orde.

Así pois, establécense servicios mínimos respecto a sectores e actividades dos que a regulación é competencia dalgunha das consellerías da Xunta de Galicia e que poden afecta-lo desenvolvemento ordinario da actividade cidadá.

Polo que se refire á Consellería da Presidencia e Administración Pública, a Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia no Gabinete Xurídico Territorial de Pontevedra, no que prestan os seus servicios tres letrados e dous auxiliares administrativos, estima necesario que permanezan nos seus postos de traballo un letrado e un auxiliar. A presencia do letrado resulta imprescindible para atender calquera cuestión xurídica de carácter urxente que se poida suscitar e para garanti-la debida representación da Administración autonómica en calquier tipo de actuación xudicial que puidera sinalarse para aquela data. En relación co persoal auxiliar estima preciso que permaneza un deles no seu posto de traballo co fin de atende-las chamadas telefónicas urxentes, prestar atención tamén ó público que poida requirir algunha actuación puntual, como acreditación de suficiencia de documentos, e recibi-las notificacións que se realicen dende órganos xurisdiccionais, algunhas delas que requiren actuacións

sometidas a prazos moi curtos.

Na Asesoría Xurídica do Sergas, na que actualmente prestan os seus servicios dous letrados e un auxiliar administrativo, estima preciso que os servicios mínimos afecten a un dos letrados polas mesmas razóns expostas para o suposto anterior. Neste caso, para evitar que os servicios mínimos comprendan as dúas terceiras partes do persoal é posible que non afecten ó auxiliar administrativo, tendo en conta que as tarefas urxentes de atención ó público ou do rexistro poderían ser cubertas por persoal auxiliar que preste os seus servicios noutras unidades da Dirección Provincial do Sergas.

Da Secretaría Xeral para o Deporte dependen varios tipos de centros que prestan servicios especializados á comunidade. A variedade dos servicios vai desde establecementos de carácter docente-deportivo con internado para alumnos, ata instalacións administrativas e exclusivamente deportivas que teñen previstas na data da convocatoria actividades de tipo deportivo de imposible suspensión sen causar graves prexuízos.

Polo que respecta á Consellería de Economía e Facenda, considérase que os servicios mínimos deben restrinxirse a cubri-lo funcionamento imprescindible dos servicios administrativos e informáticos, garantíndolles ós cidadáns o exercicio, dentro de prazo, dos seus dereitos en relación coa presentación de autoliquidacións, recursos e ingresos, para efectua-los pagamentos correspondentes sen sufrir recargo, e para constituír ou liberar depósitos e fianzas; así como tamén para a comprobación e posterior ingreso das cantidades recadadas.

Na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o artigo 2 do Decreto 155/88, do 29 de xuño, polo que se dictan normas para garanti-la prestación dos servicios esenciais no ámbito da Comunidade Autónoma considera como tales os servicios de transportes e comunicacións e abastecementos de auga, entre outros.

O mantemento dos citados servicios esixe:

Na delegación, contar cun auxiliar administrativo no rexistro para garanti-la entrada e saída de documentos, un auxiliar administrativo e un subalterno en funcións de apoio e atención ó público e un conductor para os desprazamentos que sexa necesario realizar.

Prevese así mesmo a presencia dun técnico no Servicio Provincial de Estradas e outro no Servicio Provincial de Transportes que poidan cubri-las necesidades derivadas de calquera eventualidade que xurda, así como dun auxiliar administrativo e un subalterno en funcións de apoio e atención directa ó público, tanto persoal como telefónica.

Que se estableza unha brigada retén de conservación de estradas para os efectos de atender calquera alteración, accidente ou incidencia nas vías de comunicación.

Polo que se refire ó ente público Portos de Galicia, prevese a presencia dun técnico que poida cubri-la aparición de calquera eventualidade, así como dun auxiliar administrativo en funcións de rexistro que garanta o funcionamento do servicio no relativo á entrada e saída de documentos.

Así mesmo, prevese a presencia dun celador nos portos que figuran na relación debido a importancia e tráfico que existe neles e, en consecuencia, a magnitude dos servicios a prestar, o que esixe que non se poida prescindir das funcións despregadas polos ditos traballadores nos portos de referencia.

No relativo ó organismo autónomo Augas de Galicia prevese a presencia no Servicio Territorial de Vigo dun técnico para atende-las incidencias que se poidan producir con carácter urxente ou en situación de emerxencia así como dun auxiliar administrativo en funcións de rexistro

Polo que se refire á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, o dereito á educación é un dereito de carácter social, e por tanto reclama dos poderes públicos as accións positivas necesarias para que poida ser levado a cabo en igualdade de tódolos que se encontran en calquera dos niveis formativos en calquera tipo de centro.

Por outra parte, a especial problemática de Galicia, coa maior porcentaxe de alumnos transportados e facendo uso dos comedores escolares ou o bo número de internados da nosa Comunidade Autónoma, non poden quedar paralizados no seu funcionamento como consecuencia do dereito constitucional de folga.

Na área de competencias da Consellería de Industria e Comercio, o artigo 2 do Decreto 155/1998, do 9 de xuño, establece como servicios esenciais os rexistros públicos, a subministración de gas e electricidade, e os servicios de vixilancia. O rexistro xeral é un rexistro público, quedando debidamente atendido cun auxiliar administrativo. A inspección e control da seguridade nos servicios de gas e electricidade compete á Consellería de Industria e Comercio, polo que debe quedar un facultativo para incidencias. Para a vixilancia de edificios, enténdese que se debe contar cun subalterno.

Na área de competencias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes establécense servicios mínimos para garanti-los servicios esenciais definidos como tales no Decreto 155/1988, do 9 de xuño, o que significa, tal e como xa declarou o Tribunal Constitucional, que o dereito da comunidade ás prestacións vitais é prioritario respecto do dereito á folga, se ben a dita prioridade necesita ser contrastada en cada situación de folga, e sometida ó principio de proporcionalidade dos sacrificios impostos ós folguistas, e ós beneficiados polo servicio, no que atangue ós dereitos fundamentais, as liberdades públicas e os bens constitucionalmente protexidos.

O mencionado Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que se dictan normas para garanti-la prestación dos servicios esenciais no ámbito da Comunidade Autónoma, establece que terán a consideración de servicios esenciais, entre outros, e polo que respecta ós prestados pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, afectados pola presente convocatoria de folga, os dos rexistros públicos.

A motivación da concreta determinación do mínimo de actividade e a fixación do persoal preciso para asegura-lo mantemento dos servicios esenciais prestados pola Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria encóntrase no labor que na Axencia de Extensión Agraria se realizan en relación coas funcións de rexistro e recepción de documentos.

No referente á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e co fin de garanti-lo dereito constitucional de protección da saúde e dos intereses dos cidadáns que lle corresponde tutelar á consellería, fíxanse os servicios mínimos imprescindibles para mante-la adecuada cobertura dos servicios das institucións sanitarias e centros de servicios sociais, en evitación de que se lles produzan graves prexuízos ós usuarios.

Os mínimos que se establecen responden á necesidade de compatibiliza-lo respecto ó exercicio do dereito á folga coa atención ós usuarios que, baixo ningún concepto, poidan quedar desasistidos na prestación deste tipo de servicios.

A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura desenvolve actividades de moi variada índole, que van desde o puro labor administrativo e planificador ata traballos de investigación científica en acuicultura e formación e docencia de persoal que desenvolve as súas tarefas no sector pesqueiro. O establecemento de servicios mínimos, pois, realízase desde a necesidade de manter vivos estes aspectos complementando o labor da consellería coa ineludible obriga de mante-la vixilancia nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, procédese a fixa-los servicios esenciais establecidos no Real decreto 755/1987, do 19 de xuño.

Polo que se refire á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, búscase a necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servicios esenciais que obriga a esta consellería a fixa-los servicios mínimos necesarios para o adecuado desenvolvemento das actividades en prol do principio constitucional de protección social da familia e garanti-los dereitos constitucionais como dispón o artigo 35.1º e 40.2º da Constitución xa que de non realiza-lo servicio público encomendado a esta consellería, quedaría gravemente afectado un dereito institucionalmente protexido como é o de acceso ó traballo.

No que se refire á Consellería de Medio Ambiente, o exercicio do dereito de folga na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia está condicionado ó mantemento dos servicios esenciais, de acordo co Decreto 155/1988, do 9 de xuño, o que significa, tal como declarou o Tribunal Constitucional, que o dereito da comunidade a estas prestacións vitais é prioritario respecto do dereito á folga, se ben esta prioridade necesita ser contrastada en cada situación de folga e sometida ó principio de proporcionalidade dos sacrificios impostos ós folguistas e ós beneficiados polo servicio, no que atangue ós dereitos fundamentais, ás liberdades públicas e ós bens constitucionais protexidos.

O mencionado Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que se dictan normas para garanti-la prestación dos servicios esenciais no ámbito da Comunidade Autónoma, por unha parte establece que terán a consideración de servicios esenciais, entre outros, polo que respecta ós prestados por esta consellería en relación coa indicada convocatoria de folga, os rexistros públicos; os de vixilancia e extinción de incendios; mantemento de edificios, bens e instalacións públicas (artigo 2º).

A motivación da concreta determinación do mínimo de actividade e da fixación do persoal preciso para asegura-lo mantemento dos servicios esenciais prestados por esta consellería afectados pola convocatoria de folga, é, respecto a cada un de eles:

-No Servicio Provincial de Defensa contra Incendios Forestais e nos Distritos Forestais, nos que se reflicten, entre outras, as competencias encomendadas ós Servicios de Defensa contra Incendios Forestais, a imprevisibilidade do feito causante da prestación do servicio esencial de defensa contra incendios e a indeterminabilidade das súas consecuencias en canto a vidas e facendas, ante o que sería de aplicación plenamente e sin posibilidade de restricción ningunha o principio de que salus populi máxima lex esto se sucedera que fora mester, obviamente a xuízo dos responsables do servicio, a utilización do total dos efectivos de que se dispón.

Nos servicios de Montes e Industrias Forestais, a realización de funcións de vixilancia de bens e instalacións públicas dependentes dos ditos servicios.

-Nos servicios de Medio Ambiente Natural, a realización de funcións de vixilancia e mantemento de edificios, bens e instalacións públicas, entre os que deben considerarse incluídos aqueles bens de dominio público ós que a Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia, define como augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia.

No Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, o mantemento dos edificios, bens e instalacións públicas, así como o necesario seguimento de proxectos de investigación, cultivos e ensaios de laboratorios obrigan a establece-los servicios mínimos que se fixan nesta orde.

En consecuencia, e de acordo co establecido no parágrafo 5.2º do Regulamento de réxime interior da Xunta de Galicia, aprobado polo Decreto 111/1984, do 25 de maio, e por proposta das consellerías da Presidencia e Administración Pública, Economía e Facenda, Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Educación e Ordenación Universitaria, Industria e Comercio, Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, Cultura, Comunicación Social e Turismo, Sanidade e Servicios Sociais, Pesca, Marisqueo e Acuicultura, Xustiza, Interior e Relacións Laborais, Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, e Medio Ambiente, e oído o comité de folga,

DISPOÑO

Artigo 1º

Con carácter xeral, o mínimo de actividade e o persoal preciso para asegura-lo mantemento dos servicios esenciais durante a folga xeral convocada na provincia de Pontevedra, o vindeiro día 15 de xuño do ano 2000, dando comezo ás 12 horas, ata as 15 horas do mesmo día, con excepción da cidade de Vigo onde a folga comezará ás 13 horas, do día 15, e finalizará ás 15 horas do mesmo día 15 de xuño dos correntes, é o seguinte:

1.1. Consellería da Presidencia e Administración Pública:

-Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia:

-Gabinete Xurídico Territorial de Pontevedra.

-Un letrado.

-Un auxiliar.

-Asesoría Xurídica do Sergas:

-Un letrado.

-Secretaría Xeral para o Deporte:

1. Servicio Provincial de Deportes de Pontevedra:

-Un auxiliar administrativo.

2. Sección de Deportes de Vigo:

-Un auxiliar administrativo.

3. Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra:

-Un cociñeiro.

-Dous camareiros.

-Un ATS.

-Un porteiro de instalacións deportivas.

-Un porteiro de residencia.

1.2. Consellería de Economía e Facenda.

1. Delegación Territorial de Pontevedra e Delegación Territorial de Vigo.

-Unha persoa no rexistro.

-Un auxiliar administrativo.

-Un subalterno.

-Unha persoa na dependencia de informática.

-Unha persoa no Servicio de Xestión Tributaria.

-Unha persoa no Servicio de Recadación.

-Unha persoa na Sección de Tesourería (Caixa Xeral de Depósitos).

-Unha persoa na Intervención.

2. Igape.

-Unha persoa na oficina de Vigo.

1.3.1.1. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

-Un técnico por cada servicio provincial de:

Estradas.

Transportes.

-Un auxiliar administrativo no Rexistro.

-Un auxiliar administrativo.

-Un auxiliar administrativo máis por cada local alleo á sede da delegación provincial (Servicio de Estradas e Servicio de Transportes).

-Un subalterno.

-Un subalterno máis por cada local alleo á sede da delegación provincial (Servicio de Estradas e Servicio de Transportes).

-Un conductor.

-Un equipo de emerxencia composto por:

Un capataz.

Un conductor.

Un operador de maquinaria pesada.

Dous mecánicos.

Catro peóns.

Ente Público Portos de Galicia.

-Un técnico.

-Un auxiliar administrativo (en funcións de rexistro).

-Un celador nos portos de:

Portonovo.

Cambados.

Cangas.

Organismo autónomo Augas de Galicia.

-Un técnico no Servicio Territorial de Vigo.

-Un auxiliar administrativo (en funcións de rexistro).

1.4. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Na Delegación Provincial:

-Un auxiliar administrativo.

-Un subalterno.

-Unha persoa no rexistro.

-O xefe de persoal.

-O habilitado.

-Nos centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:

-O director ou un membro do equipo da dirección e un subalterno en cada centro escolar.

-O 30% do persoal de comedores e do persoal docente encargado destes, nos centros de educación primaria/centros públicos integrados con servicio de comedor.

-O 25% do persoal de comedores, limpeza e subalternos nas escolas-fogar.

-O 25% do persoal docente encargado de comedores das escolas fogar, garantindo un mínimo de dúas persoas.

-O 30% de persoal de comedores, limpeza e subalternos nos centros residenciais docentes.

-O 25% do persoal de limpeza, nos centros de ensino secundario.

A totalidade de persoal de comedores, ATS, limpeza, e persoal médico dos centros de educación especial.

1.5. Consellería de Industria e Comercio.

-Sede da delegación provincial:

-Un auxiliar administrativo no rexistro xeral.

-Un subalterno.

-Un facultativo.

-Oficina de Vigo:

-Un auxiliar administrativo no rexistro xeral.

1.6. Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

a) Delegación provincial:

-Secretaría: secretaria provincial.

-Funcionario do rexistro.

-Un telefonista ou subalterno.

-Resto dos servicios: un funcionario (ou persoal laboral por cada servicio).

b) Servicios de Sanidade Animal e Vexetal:

-Un xefe de servicio ou responsable.

-Un veterinario.

-Un subalterno/telefonista ou persoal administrativo.

c) Centro de Capacitación de Lourizán:

-O director ou xefe de estudios.

-Un telefonista/subalterno/ou administrativo.

-Un cociñeiro/ou axudante de cociña

-Un axudante de internado.

-Un peón ou capataz.

d) Centro de Experimentación Baixo Miño.

-O director ou responsable do centro.

-Un telefonista ou administrativo.

-Un peón agrario.

e) Axencias de extensión agraria.

-Un funcionario por cada axencia.

1.7. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

-Delegación Provincial:

-Rexistro: o xefe de negociado.

-Secretaría provincial: un xefe de sección.

-Serv. de Turismo: o xefe de servicio.

-Serv. de X. Admva.: un auxiliar administrativo.

-Biblioteca Pública Pontevedra:

-A directora.

-Un auxiliar administrativo.

-Un auxiliar administrativo.

-Dous subalternos.

-Biblioteca Central de Vigo:

-Un récnico superior de bibliotecas.

-Un administrativo.

-Un auxiliar de bibliotecas.

-Un ordenanza.

-Oficina local de Vigo:

-Un funcionario.

1.8. Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

-Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Pontevedra:

-Un funcionario encargado do rexistro.

-Catro auxiliares administrativos ( tres deles en locais alleos á dirección provincial).

-Tres ordenanzas (dous deles en locais alleos á dirección provincial).

-Delegación Provincial en Pontevedra:

-1 auxiliar en rexistro de entrada e saída.

-1 subalterno ou ordenanza.

-1 secretario delegado.

-Delegación Provincial en Vigo:

-1 auxiliar en Rexistro de Entrada e Saída.

-1 subalterno ou ordenanza.

-1 secretario delegado.

-En tódolos centros de servicios sociais:

-1 director.

-1 ordenanza ou peón, segundo os casos.

-Fogar da terceira idade de Vigo:

-1 ordenanza en quenda habitual.

-1 limpador en quenda de mañá.

-Fogar terceira idade Pontevedra:

-1 ordenanza en quenda habitual.

-1 limpador en quenda habitual.

-Centro Ocupacional O Saiar Caldas de Reis:

-1 cociñeiro.

-1 camareiro-limpador.

-2 monitores.

-1 mestre de taller.

-Hospedaxe Casa do Mar de Vigo:

-1 camareiro-limpador en quenda de mañá.

-Residencia da terceira idade O Meixoeiro-Vigo:

-1 auxiliar de clinica en quenda de mañá.

-4 camareiros limpadores en quenda de mañá.

-1 cociñeiro en quenda de mañá.

-1 axudante de cociña en quenda de mañá.

-1 ordenanza en quenda de mañá.

-1 gobernante ou subgobernante en quenda de mañá.

-Residencia-Fogar terceira idade de Marín:

-1 ATS-DUE en quenda de mañá.

-1 auxiliar de clínica en quenda de mañá.

-5 camareiros-limpadores en quenda de mañá.

-1 cociñeiro en quenda de mañá (1º ou 2º).

-1 axudante de cociña en quenda de mañá.

-1 ordenanza en quenda de mañá.

-Residencia terceira idade Campolongo:

-1 ATS-DUE en quenda de mañá.

-1 auxiliar de clínica en quenda de mañá.

-5 camareiros-limpadores en quenda de mañá.

-1 cociñeiro en quenda de mañá (oficial 1º ou 2º)

-1 axudante de cociña en quenda de mañá

-1 ordenanza en quenda de mañá.

-Residencia Fogar terceira idade A Estrada:

-1 auxiliar de clínica en quenda de mañá.

-1 oficial 1 cociña na súa quenda habitual.

-1 axudante de cociña na súa quenda habitual.

-2 camareiros-limpadores en quenda de mañá.

-Camp. de Redondela:

-3 ETAR en quenda de mañá.

-1 ATS-DUE en quenda de mañá.

-20 coidadores en quenda de mañá.

-9 camareiros-limpadores en quenda de mañá.

-1 cociñeiro en quenda de mañá.

-1 axudante de cociña en quenda de mañá.

-1 oficial de Ss.Tt. en quenda de mañá.

-2 ordenanzas en quenda que mañá.

-1 conductor.

-1 responsable persoal.

-1 responsable asistencial.

-Administrador.

-Directora.

-Gobernante.

-1 auxiliar administrativo.

-Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo:

-2 responsables de persoal.

-1 auxiliar administrativo.

-1 oficial 1 de cociña en quenda de mañá.

-1 axudante de cociña en quenda de mañá.

-1 oficial de Ss.Tt. en quenda de mañá.

-2 ordenanzas en quenda de mañá.

-17 camareiras-limpadoras en quenda de mañá.

-1 médico en quenda habitual.

-5 ATS-DUE en quenda de mañá.

-30 auxiliares de clinica en quenda de mañá.

-Sección de Cualificación e Valoración de Minusvalideces Vigo:

-1 titulado Sup. médicos en quenda de mañá.

-1 titulado Sup. psicólogo en quenda de mañá.

-2 traballadores sociais en quenda de mañá.

-1 auxiliar administrativa.

-1 xefa de sección.

-1 subalterno.

-Sección de Cualificación e Valoración ve Minusvalideces Vigo:

-2 titulados superiores médicos en quenda de mañá.

-2 titulares superiores psicólogos en quenda de mañá.

-2 asistentes sociais en quenda de mañá.

1.9. Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

-Na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Vigo:

-Unha persoa encargada do rexistro para atende-las tarefas de información e rexistro de correspondencia.

-Un posto base grupo E para pecha-lo centro.

-Un posto base grupo D como apoio administrativo para as cuestións urxentes que poidan darse.

-O habilitado para a xestión de calquera incidencia nas nóminas e Seguridade Social que xurdan no día.

-Nas delegacións comarcais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Pontevedra e Vilagarcía:

-Unha persoa encargada do rexistro para atende-las tarefas de información e rexistro de correspondencia.

-Un posto base grupo E para pecha-lo centro.

-Un posto base grupo D como apoio administrativo para as cuestións urxentes que poidan darse.

-No Instituto Oficial Marítimo Pesqueiro de Vigo:

-O director.

-Dous subalternos (un para o centro, un para a residencia).

-Un gobernante.

-Dous educadores.

-Un xefe de cociña.

-Un oficial 2º de cociña.

-Dous axudantes de cociña.

-Tres camareiros-limpadores.

-No Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa:

-O director.

-Un ordenanza.

-Nas bases de vixilancia de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía:

É necesario incluí-los servicios mínimos do persoal encargado da vixilancia nas augas da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, necesaria non só para mante-lo control do sector senón tamén como coadxuvante en tarefas e actuación de salvamento e rescate cando as necesidades así o esixan. Polo tanto, os servicios mínimos son:

-Un xefe de base.

-Un patrón.

-Un mecánico.

-Dous vixilantes mariñeiros.

-Confrarías:

Os servicios mínimos das distintas confrarías xustifícanse na necesidade de atende-las tarefas de información e rexistros de correspondencia.

Os servicios mínimos das confrarías serán cubertos por un posto base grupo D.

1.10. Consellería de Xustiza, Interior e Relación Laborais.

-Delegación provincial:

-Secretaría:

-Secretario provincial.

-Secretaria do delegado provincial.

-Xefe da Sección de Habilitación.

-Un ordenanza.

-Un auxiliar administrativo.

-Un posto base grupo B.

-Un posto base grupo C.

-Servicio de Relacións Laborais:

-Un xefe de sección.

-Un xefe de negociado.

-Tres auxiliares administrativos.

-Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliacións:

-Un letrado conciliador.

-Un auxiliar administrativo.

-Área de Seguridade e Hixiene:

-Un técnico de prevención de riscos laborais especialidade seguridade.

-Un técnico de prevención de riscos, especialidade de hixiene.

-Un auxiliar administrativo.

-Un ordenanza vixilante.

-Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación:

-Un letrado conciliador.

-Un auxiliar administrativo.

-Servicio de Interior:

-Un auxiliar administrativo.

-Un xefe de negociado.

-Servicio de Xustiza e Administración Local:

-Un auxiliar administrativo.

-Servicio de Protección Civil:

-Un auxiliar administrativo.

-Persoal da Administración de Xustiza:

-Un 30% do total de funcionarios dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de Xustiza que presten servicios no Tribunal Superior de Xustiza e audiencias provinciais.

-Un oficial, un auxiliar e un axente da Administración de xustiza para cada un dos xulgados de primeira instancia, de instrucción, de primeira instancia e instrucción, do social, de menores, do penal, con excepción daqueles xulgados de instrucción que actúen de garda, que deberán contar conn toda a súa dotación de persoal.

-Un axente xudicial por cada un dos xulgados de paz.

1.11. Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Servicios mínimos:

-Delegación provincial:

-1 auxiliar información ó cidadán.

-1 auxiliar rexistro.

-Garderías infantís (Cabral, Campolongo de Pontevedra, O Toxo de Pontevedra, Redondela, Relfas de Vigo, Rosalía de Castro de Coia-Vigo e Gardería infantil de Bouzas):

-Director.

-Oficial 1º cociña.

-1 camareiro-limpador.

-2 técnicos especialistas en xardín de infancia.

-Centro de menores Avelino Montero:

-Director.

-Oficial 1º cociña.

-2 educadores.

-1 camareiro-limpador.

-Centro de menores de San Paio:

-Oficial 1º cociña.

-2 camareiros-limpadores.

-Residencia Xuvenil Altamar:

-Director.

-Oficial 1º cociña.

-2 camareiros-limpadores.

-Oficinas de emprego de Vigo (Coia, López Mora, Sanjurjo Badía e O Calvario) e oficinas de emprego de Pontevedra:

-Director.

-2 auxiliares.

-Restantes oficinas de emprego (A Cañiza, A Estrada, Baiona, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Lalín, Ponteareas, O Porriño, Redondela, Tui e Vilagarcía de Arousa):

-Director.

-1 auxiliar.

1.12. Consellería de Medio Ambiente:

-Delegación provincial:

-Un funcionario encargado do rexistro.

-Servicio Provincial de defensa contra Incendios Forestais.

-Persoal funcionario:

-Un técnico con funcións no ámbito da defensa contra incendios forestais.

-Distritos forestais:

-Na cabeceira de cada un dos distritos:

-Un técnico de distrito con funcións no ámbito da defensa contra incendios forestais.

-Un axente forestal con funcións no ámbito da defensa contra incendios forestais.

-En cada unha das comarcas forestais:

-Un axente forestal con funcións no ámbito da defensa contra incendios forestais.

No caso de que durante os días de folga se producisen incendios que, a xuízo dos responsables do servicio, obrigasen a adoptar medidas complementarias ás adoptadas co persoal previsto como mínimo, este poderá elevarse ata o cen por cento.

Persoal laboral do Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais.

-No Servicio Provincial de Defensa Contra Incendios Forestais:

-Un emisorista.

-Nos distritos forestais:

-Un emisorista.

-Nas comarcas forestais:

-Unha brigada por comarca.

-Un vixilante fixo por comarca.

No caso de que durante os días de folga se producisen incendios que, a xuízo dos responsables do servicio, obrigasen a adoptar medidas complementarias ás adoptadas co persoal previsto como mínimo, este poderá elevarse ata o cen por cento.

-Servicios de Montes e Industrias Forestais:

-Viveiros forestais e instalacións afíns:

-Un axente forestal responsable de cada instalación de, se-lo caso.

-Distritos dos Servicios de medio Ambiente Natural:

-En cada unha das súas comarcas:

-Un axente forestal con funcións no ámbito da vixilancia das augas continentais da Comunidade Autónoma e do seu uso socio-recreativo, espacios naturais protexidos e instalacións.

-Centro de Investigacións Forestais de Lourizán.

-Un responsable de centros.

-Un técnico.

-Un auxiliar de laboratorio.

-Un oficial de 1ª ou 2ª.

-Un peón.

-Un auxiliar administrativo.

Artigo 2º

O persoal que debe presta-los servicios relacionados nos artigos anteriores será destinado, no suposto da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais- Servicio Galego de Saúde - polo director do centro respectivo, polos delegados provinciais das consellerías respectivas e polos directores de persoal, nos restantes supostos; os nomes dos designados publicaranse nos taboleiros de anuncios dos respectivos centros de traballo.

Artigo 3º

O incumprimento da obriga de atende-los servicios mínimos fixados nesta orde será sancionado de conformidade coa lexislación vixente aplicable ós diversos colectivos.

Artigo 4º

O disposto na presente orde non suporá ningunha limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ó persoal na dita situación.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública