De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Organización de Autónomos e Profesionais da Provincia de Pontevedra, que abarcan os seguintes ámbitos:
Territorial: provincial.
Profesional: profesionais autónomos, empresas integradas en tódolos gremios, oficios, comerciais, profesións libres, actividades artísticas, agrícolas, gandeiras, pesqueiras e tódolos que realicen un traballo por conta propia e exerzan a súa actividade profesional na provincia de Pontevedra.
Asinan a acta de constitución: José Conde García e outros.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 18 de maio de 2000.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra