De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve
mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresarios de Hostelería de Cambados, que abarcan os seguintes ámbitos:
Territorial: local.
Profesional: tódalas empresas naturais ou xurídicas que situadas no municipio de Cambados, realicen actividades de hostalería e relacionadas co sector turístico.
Asinan a acta de constitución: Luz Laya Fernández e outros.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 15 de maio de 2000.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra