Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 8 de maio de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e executivo, por servicios sanitarios prestados neste centro.

Por esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que se insire a continuación non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou porque se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 0046/0095/60/0000035500 do Banco Galego, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real decreto 1685/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR).

Se se realiza o ingreso, unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixi

ranse os correspondentes xuros de demora (artigo 21 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia).

Transcorridos seis meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer, no prazo de quince días desde o seguinte ó desta notificación, recurso de reposición perante o órgano emisor ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Ferrol, 8 de maio de 2000.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol

Suxeito pasivoDNI/CIFConceptoPeríodoDébeda

Jorge L. Silva Sampedro35.458.722Asistencia sanitaria10-10-1995/10-10-199521.900

Mª José De Las Heras Porta32.378.285Asistencia sanitaria22-9-1996/22-9-199623.000