Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2000 pola que se anuncia concurso público e procedemento aberto para a adxudicación do servicio que se cita. (Expediente 308/2000).

1. Entidade adxudicadora:

a) Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº do expediente: 308/2000.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servicio de prevención alleo nas especialidades preventivas de hixiene industrial, ergonomía e psicosocioloxía aplicada e medicina do traballo.

b) Prazo de execución: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Concurso: público.

4. Orzamento base de licitación: o importe total é de: 13.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Enderezo: r/ Oporto, 1, anexo Rectorado - 3º.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Teléfono: 986 81 35 56.

e) Fax: 986 81 38 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares e no de prescricións técnicas.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

Enderezo: r/ Oporto, 1 - planta baixa.

Localidade e código postal: Vigo - 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado: a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: r/ Areal, 46 - 1ª planta.

c) Localidade: Vigo - 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 1 de xuño de 2000.

P.D. (Resolución do 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo