Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión extraordinaria do día 13 de outubro de 1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización promovido por Antonio Lista García, en representación de Listygar, S.L, para a apertura de pista á altura do nº 119 da avenida Manuel Platas Varela -Arteixo, según proxecto redactado polo arquitecto Daniel -Ángel Gómez Frutos e visado polo COAG con data do 11 de agosto de 1998, o cal queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na avenida do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que consideren convenientes (expediente 33/1998 PUR).

Arteixo, 4 de maio de 2000.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde