Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARRO

ANUNCIO da contratación de consultoría.

Contratación por concurso, con procedemento aberto, para a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia para a redacción modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Barro.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Barro.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Obxecto: redacción modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Barro.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 7.000.000 de ptas.

5. Garantías:

a) Provisional: 140.000 ptas.

b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Barro.

b) Domicilio: Santo Antoniño, 8, Perdecanai-Barro.

c) Localidade e código postal: Barro, 36194.

d) Teléfono: 986 71 01 02.

e) Telefax: 986 71 10 01.

f) Data límite de obtención de documentación: ata o día en que remate o prazo para a presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG (última publicación).

b) Lugar: no rexistro xeral do concello, de luns a vernes de 9 a 15 horas, sábados de 9 a 14 horas ou ben de calquera das maneiras previstas na Lei 30/1992.

c) Documentación que hai que presentar: a esixida no prego de condicións.

8. Modelo de proposición:

Axustarase ó que figura no prego de condicións.

9. Apertura de ofertas:

Entidade: Concello de Barro.

Secretaría xeral domicilio: Santo Antoniño, 8, Perdecanai.

Localidade: 36194, Barro.

Data: ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo para a presentación das ofertas (de coincidir en sábado ou festivo, aprazarase ó seguinte día hábil).

10. Gastos de anuncios:

Serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións:

Criterios de adxudicación do concurso: establecidos no prego.

12. Publicidade dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas:

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas sométese a información pública durante o prazo de oito días hábiles desde a publicación do presente anuncio no BOP, para que os interesados poidan examinalo e, de se-lo caso, presentar reclamacións contra el.

En ambos casos, de presentarse reclamacións, a licitación quedará suspendida ata que estas fosen resoltas.

Barro, 11 de maio de 2000.

O alcalde

Rubricado