Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2000, do Servicio de Estructuras Rurais de Ourense, pola que se anuncia a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Lobás (O Carballiño-Ourense).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Lobás (O Carballiño-Ourense), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 142/1995, do 10 de maio (DOG nº 101, do 29 de maio), o seguinte:

Primeiro.-Con data do 4 de maio de 2000, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Lobás (O Carballiño-Ourense), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello do Carballiño e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o día seguinte a aquel en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, podendo os recorrentes presentalo na xefatura do Servicio de Estructuras Rurais (r/ Florentino L. Cuevillas, 4-6, baixo, Ourense), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985).

Ourense, 4 de maio de 2000.

Francisco Marín Muñoz

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais de Ourense

Visto e prace

José Manuel Baltar Blanco.

Delegado Provincial de Ourense