Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2000 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación dun contrato de consultoría e asistencia. (Expediente 1/2000 DXPI).

Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas.

Número de expediente: 1/2000 DXPI.

Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: o desenvolvemento e seguimento do programa naval da Consellería de Industria e Comercio.

Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: 27 de marzo de 2000.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: dezaseis millóns de pesetas (16.000.000 de ptas.), IVE incluído.

Adxudicación.

Data: 11 de maio de 2000

Adxudicatario: Joaquín González-Llanos Galvache.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: dezaseis millóns de pesetas (16.000.000 de ptas.), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2000.

P.D. (Orde 13-10-1999, DOG nº 207)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio