Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 29 de maio de 2000 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso, da contratación de dous servicios: catalogación e traslado a formato MARC de rexistros procedentes da biblioteca nodal de Lugo e con destino ó CSBG e reconversión, recatalogación e traslado a formato MARC de rexistros procedentes da biblioteca nodal de Ourense e con destino ó CSBG.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites adminis

trativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso, dos seguintes contratos de servicios:

1. Catalogación e traslado a formato MARC de rexistros procedentes da biblioteca nodal de Lugo e con destino ó CSBG.

-Orzamento de licitación: catro millóns de pesetas (4.000.000 de ptas.) IVE incluído.

-Prazo de execución: catro (4) meses.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

2. Reconversión, recatalogación e traslado a formato MARC de rexistros procedentes da biblioteca nodal de Ourense e con destino ó CSBG.

-Orzamento de licitación: catro millóns de pesetas (4.000.000 de ptas.) IVE incluído.

-Prazo de execución: catro (4) meses.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e os pregos de prescricións técnicas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. Os licitadores que se presenten a máis dunha contratación deberán presentar toda a documentación (sobres A, B e C) para cada unha delas.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio deste concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2000.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo