Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 01 de xuño de 2000 Páx. 8.510

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Bebidas Gaseosas del Noroeste, S.A. (Begano, S.A.), para o ano 2000.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo de traballo da empresa Bebidas Gaseosas del Noroeste, S.A. (Begano, S.A.), subscrito entre a Dirección de Recursos Humanos e o Comité Intercentros o 16 de marzo de 2000, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos tra

balladores, e o artigo 2 do Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da devandita revisión salarial no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais

Acta da reunión da Dirección de Recursos

Humanos co Comité Intercentros,

do 16 de marzo de 2000

Convocada en prazo e forma esta reunión para dar solución ás diferencias interpretativas xurdidas con motivo da aplicación da revisión salarial para o presente ano, acoden a ela:

Pola empresa:

José Picado, director de Recursos Humanos.

Comité Intercentros:

José Luis Fuentes.

Jorge Amoedo.

Teodoro Castro.

Rafael Campoy.

Manuel Añón.

José Manuel Souto.

Mª Carmen Barba.

José Rodríguez.

José Esmorís.

Ámbalas partes, despois de manter diferentes reunións e expo-los seus puntos de vista, acordan acepta-la proposta presentada polo director de Recursos Humanos, que ten como finalidade dar saída a unha situación na que tanto a parte social como a dirección consideran actuar de maneira correcta e interpretar adecuadamente o recollido no artigo 14 do convenio, recollendo o espírito da negociación colectiva e interpretando fielmente os acordos que levaron o seu asinamento.

A proposta presentada pola dirección consiste en:

-Revisa-la táboa salarial de 1999 nun 0,6%. O importe desta revisión farase efectivo na nómina do mes de abril, en concepto de incentivo.

-As cantidades resultantes de lle aplicar ese 0,6% á táboa salarial de 1999 incrementaranse á vixente para o ano 2000, que xa fora aumentada nun 4,1% (3+1,1), co que esta suba quedará consolidada.

-A nova táboa figurará anexa a esta acta, e será asinada nesta mesma reunión polo director de Recursos Humanos e os integrantes da comisión paritaria para a interpretación do convenio, que xa asinaran a acta de revisión do 18 de xaneiro e son membros deste Comité Intercentros.

Este acordo ten aplicación para o ano 2000 exclusivamente, manténdose vixente para tódolos efectos o actual convenio colectivo 1999, 2000 e 2001.

E ó non haber máis asuntos que tratar, levántase a sesión, asinando os asistentes en proba de conformidade.

Táboas de salarios e complementos ano 2000

CategoríaSalariosCompl. convenioCompl. transporte

Salario

diario

Salario

mes

C. Conv.

diario

C. Conv.

mensual

Penaliz.

diaria

C. Tran.

mensual

Peón (eventual)2.89186.73069820.94056514.125
Axudante (eventual)3.32199.63068920.67056514.125
Axudante e auxiliar Adm.3.32199.63079623.88056514.125
Oficial 2ª3.517105.51074922.47056514.125

CategoríaSalariosCompl. convenioCompl. transporte

Salario

diario

Salario

mes

C. Conv.

diario

C. Conv.

mensual

Penaliz.

diaria

C. Tran.

mensual

Oficial 1ª e monitor3.683110.49072921.87056514.125
Enc. grupo e prevendista4.062121.86065019.50056514.125
Encargado de sección4.813144.39057917.37056514.125
Encargado xeral5.644169.32046513.95056514.125

C.T.I. U.G.T. CC.OO. C.I.G.