Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 01 de xuño de 2000 Páx. 8.511

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do ano 1999 e táboas salariais para o ano 2000 do convenio colectivo do sector de industrias vinícolas, licoreiras, sidreiras e o seu comercio da provincia da Coruña.

Visto o expediente de revisión salarial do ano 1999 e táboas salariais para o ano 2000 do convenio colectivo do sector de industrias vinícolas, licoreiras, sidreiras e o seu comercio da provincia da Coruña (código 1500835), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-4-2000, subscrito pola comisión paritaria do convenio colectivo, integrada pola Asociación Provincial de Mayoristas y Embotelladores de Vinos, e da parte social, por UGT e CC.OO. o día 3-4-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de abril de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta da reunión da comisión paritaria do convenio

provincial de industrias vinícolas, alcoholeiras,

licoreiras, sidreiras e o seu comercio, da Coruña

Asistentes:

Pola parte empresarial:

Asociación Provincial de Mayoristas y Embotelladores de Vinos.

Gabriel Egaña Dorronsoyo.

Víctor Robla.

Pola parte social:

Roberto Veira, UGT.

Alfonso Quintana, CC.OO.

Ámbalas partes recoñécense lexitimidade para integra-la comisión paritaria e asumi-las súas funcións. O obxecto da reunión é realiza-las modificacións salariais pertinentes para o ano 2000, de acordo co establecido no artigo 22 (contía das retribucións) do convenio colectivo vixente.

Acorda:

1. Efectua-la revisión salarial debida á diferencia entre o IPC real 1999, do 2,9%, fronte ó previsto do 1,8%. Procede aumenta-la táboa salarial nun 1,1%, o cal se fará efectivo con carácter retroactivo ó 1 de xaneiro de 1999 e se reflectirá na táboa anexa, a cal servirá de base para actualiza-las táboas do ano 2000.

2. Actualiza-las táboas salariais para o ano 2000, nun 2,50%, tal e como se di nese mesmo artigo, de acordo co IPC previsto, 2% máis 0,50%, e reflectirase na táboa anexa.

Así mesmo, autorízase a Roberto Veira López para que proceda ó seu rexistro e publicación.

Ás 13 horas levántase a sesión e asínase este escrito en sinal de conformidade.

A Coruña, 3 de abril de 2000.

ANEXO I

Táboas salariais convenio industrias vinícolas 1999 e outros conceptos retributivos. Modificadascon incremento do 1,1%.

CategoríasSalario mensualSalario anual

* Grupo A (técnicos)
Xefe superior213.2563.139.986
1º Técnico titulado
Titulado superior191.9302.841.322
Titulado medio170.6091.542.828
Titulado inferior136.4862.065.106
2º Técnico non titulado
Encargado xeral adega149.2832.244.264
Encargado laboratorio119.4231.826.224
Axudante laboratorio102.3661.587.426
Auxiliar laboratorio 93.8341.467.978

* Grupo B (administrativos)
Xefe superior213.2563.139.886
Xefe de primeira170.6092.542.828
Xefe de segunda149.2832.244.264
Oficial de primeira110.8951.706.832
Oficial de segunda102.3661.587.426
Auxiliar 93.8341.467.978
Aspirantes de 16 a 17 anos 72.5081.169.414

CategoríasSalario mensualSalario anual

*Grupo C (comerciais)
Xefe superior213.2563.139.886
Xefe de vendas127.9561.945.685
Inspector de vendas115.1611.766.556
Corredor en praza106.6281.647.094
Viaxante106.6281.647.094

*Grupo D (subalternos)
Conserxe 99.7751.551.152
Subalterno 1ª 95.0231.484.624
Subalterno 2ª 92.2561.445.886
Subalterno auxiliar 89.5691.408.268
Botóns e Recad. 16 a 17 anos 68.2401.109.662
Persoal limpeza 85.3021.348.530
Persoal limpeza355 ptas./hora

CategoríasSalario díaSalario anual

* Grupo E (obreiros)
1º profesional de oficio
Capataz de adega3.6531.714.133
Encargado de sección3.5131.654.353
Oficial 1ª3.3721.594.146
Oficial 2ª3.3311.533.939
Oficial 3ª2.9951.416.086
2º Oficios auxiliares
Oficial 1ª3.3721.594.146
Oficial 2ª3.2311.533.939
Peón especializado1.9551.416.086
Peón2.9091.396.445
Pinche de 16 a 17 anos2.4721.209.846

Antigüidade (valor bienio): 4.355 pesetas.

Gratificación patronal sector: 48.158 pesetas.

Complemento asistencia (valor diario): 428 pesetas.

ANEXO II

Táboas salariais convenio industrias vinícolas 2000 e outros conceptos retributivos.

CategoríasSalario mensualSalario anual

* Grupo A (técnicos)
Xefe superior218.583.218.013
1º Técnico titulado
Titulado superior196.7282.911.987
Titulado medio174.8742.606.031
Titulado inferior139.8982.116.367
2º Técnico non titulado
Encargado xeral adega153.0152.300.005
Encargado laboratorio122.4091.871.521
Axudante laboratorio104.9251.626.745
Auxiliar laboratorio 96.1801.504.315

* Grupo B (administrativos)
Xefe superior218.5873.218.013
Xefe de primeira174.8742.606.031
Xefe de segunda153.0152.300.005
Oficial de primeira113.6671.749.133
Oficial de segunda104.9251.626.745
Auxiliar 96.1801.504.315
Aspirantes de 16 a 17 anos 74.3211.198.289

*Grupo C (comerciais)
Xefe superior218.5873.218.013
Xefe de vendas131.1551.993.965
Inspector de vendas118.0401.810.355
Corredor en praza109.2941.687.911
Viaxante109.2941.687.911

*Grupo D (subalternos)
Conserxe102.2691.589.561
Subalterno 1ª 97.3991.521.381
Subalterno 2ª 94.5621.481.663
Subalterno auxiliar 91.8081.443.107
Botóns e Recad. 16 a 17 anos 69.9461.137.039
Persoal limpeza 87.4351.381.885
Persoal limpeza364 ptas./hora

CategoríasSalario díaSalario anual

* Grupo E (obreiros)
1º profesional de oficio
Capataz de adega3.7441.752.739
Encargado de sección3.6011.691.821
Oficial 1ª3.4561.630.051
Oficial 2ª3.3121.568.707
Oficial 3ª3.0291.448.149
2º Oficios auxiliares
Oficial 1ª3.4561.630.051
Oficial 2ª3.3121.568.707
Peón especializado3.0291.448.149
Peón2.9821.428.127
Pinche de 16 a 17 anos2.5341.237.279

Antigüidade (valor bienio): 4.443 pesetas.

Gratificación patronal sector: 49.362 pesetas.

Complemento asistencia (valor diario): 439 pesetas.