Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 30 de maio de 2000 Páx. 8.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/240-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. A Cumieira de Arriba.

Situación: O Rosal.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 305 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde un apoio que se colocará na L.M.T. ó C.T. Galiflor ata o C.T. que se proxecta na Cumieira de Arriba, concello do Rosal. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 510 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos propietarios afectados, presenta alegacións o propietario do predio nº 6, manifestando que este predio unido a outro da súa propiedade ten unha superficie total de 3.540 m e que o dedica ó cultivo intensivo. Solicita que se modifique o trazado da liña levándoa por zonas circundantes onde o dano será menor.

Trasladado o escrito á empresa eléctrica, esta contesta que a servidume de paso da liña non lle impide ó dono cercalo, plantar ou edificar nel deixando a salvo a dita servidume, e que no predio poden seguir realizando actividades pecuarias ou de cultivo, coa única restricción de plantar árbores a menor distancia da regulamentaria. Trasladado o escrito da empresa eléctrica ó titular do predio nº 6, este non presenta novas alegacións no tempo establecido para iso.

Considerando que a alegación se basea na aplicación do artigo 25 do Decreto 2619/1966 pero que, ó non haber vivenda no interior da parcela, non se dan as condicións necesarias, e que, por outro lado, o uso do cultivo intensivo ó que dedica a súa parcela non se verá afectado, xa que non inclúe plantacións de altura.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de

outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 13 de abril de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra